Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 28 de xuño de 1999 Páx. 8.211

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 9 de xuño de 1999 pola que se dispón o nomeamento do vocal en representación da organización sindical máis representativa no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo.

A Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola

Lei 62/1997, do 26 de decembro, atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vocais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese xeral do Estado, sitas no seu territorio.

O acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 5 de marzo de 1999, faculta o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para o exercicio das devanditas competencias.

Consonte o previsto no artigo 40 da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, segundo a súa redacción trala modificación operada pola Lei 62/1997, do 26 de decembro; a designación dos vocais do Consello de Administración deberá facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e entidades e organismos representados no Consello de Administración, polo que, recibida a proposta da Federación de Comunicación e Transporte de CC.OO. de Galicia, como organización na que recaen as competencias nesta materia, como organización sindical máis representativa trala realización de eleccións sindicais na Autoridade Portuaria de Vigo o día 8 de abril de 1999,

DISPOÑO:

Nomear a Casimiro Rojo Fernández como vocal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo, en representación da organización sindical máis representativa (CC.OO.).

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 1999.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas

e Vivenda