Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 29 de xuño de 1999 Páx. 8.299

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Cycsa-Eyssa UTE Vigo.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Cycsa-Eyssa Ute Vigo, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 11-5-1999, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social polos delegados de persoal, con data do 26-4-1999. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 14 de maio de 1999.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo da empresa Construcciones y Contratas, S.A. e Estacionamientos y Servicios, S.A. (UTE Vigo) para o seu persoal adscrito ós servicios da ordenanza e regulación de aparcamentos (ORA) da cidade de Vigo

Capítulo I

Diposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación: persoal funcional e territorial.

Este convenio colectivo será de aplicación a todo o persoal adscrito ós servicios de ordenanza e regulación de aparcamento (ORA) que a empresa Construcciones y Contratas, S.A. e Estacionamientos y Servicios, S.A. (UTE Vigo) ten contratados co Concello de Vigo.

Artigo 2º.-Duración e vixencia.

Este convenio colectivo terá unha duración dun ano e estenderase desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 1999.

O convenio colectivo entrará en vigor o día do seu asinamento, 8 de marzo de 1999, excepto os aspectos económicos, que terán efecto desde o día 1 de xaneiro de 1999.

Se non mediase denuncia anticipada do convenio, este quedará prorrogado automaticamente por períodos anuais en tódolos seus termos, agás no salarial, que sufrirá un aumento equivalente, en tódolos conceptos pactados, ó IPC real do ano anterior máis un punto.

Artigo 3º.-Vinculación á totalidade.

As condicións pactadas forman un todo orgánico e indivisible e, para efectos da súa aplicación práctica, serán consideradas globalmente en cómputo anual.

Artigo 4º.-Absorción e compensación.

As retribucións establecidas neste convenio compensarán e absorberán tódalas existentes no momento da súa entrada en vigor, calquera que sexa a natureza ou a orixe delas.

Os aumentos de retribucións que poidan producirse no futuro, por disposicións legais de xeral aplicación, só poderán afectar ás condicións pactadas neste convenio cando, consideradas as novas retribucións en cómputo anual, sexan superiores ás aquí pactadas. En caso contrario, serán absorbidas ou compensadas por estas últimas, subsistindo este convenio nos seus propios termos e sen ningunha modificación nos seus conceptos, módulos e retribucións.

Artigo 5º.-Garantías ad personam e dereitos adquiridos.

Respectaranse as condicións superiores pactadas a título persoal que estean establecidas ó entrar en vigor este convenio e que, con carácter global, excedan del en cómputo anual.

Artigo 6º.-Comisión paritaria.

Co obxecto de resolver aquelas cuestións que puidesen referirse á interpretación ou aplicación deste convenio, queda constituída unha comisión paritaria composta por tres representantes da parte empresarial e tres representantes pola parte social, que deberán reunirse nas 48 horas seguintes á convocatoria de calquera das partes.

As súas funcións serán as seguintes:

a) Interpretación da totalidade das cláusulas do convenio.

b) Vixilancia e cumprimento do pactado.

c) Estudio, valoración e aplicación das novas disposicións legais de promulgación posterior á entrada en vigor deste convenio e que poidan afecta-lo seu contido.

As partes conveñen en lle dar coñecemento á comisión paritaria de cantas dúbidas, discrepancias e conflictos puidesen orixinarse como consecuencia da interpretación deste convenio, co obxecto de que esta emita informe no prazo máximo de 48 horas

contadas a partir do seguinte a aquel en que se lle solicitase antes de presentar reclamación ante os organismos competentes.

As reunións da comisión paritaria non descontarán do crédito de horas sindicais cando fosen convocadas pola empresa, nin nas dúas primeiras reunións convocadas pola parte social.

Artigo 7º.-Resolución extraxudicial de conflictos de traballo.

As partes asinantes deste convenio colectivo acordan acollerse, no referente ós conflictos colectivos, ós procedementos de conciliación, mediación e arbitraxe recollidos no AGA.

Artigo 8º.-Cambio de titularidade da empresa e subrogación dos servicios.

Co fin de regula-la estabilidade do emprego dos traballadores desta actividade cando a actual empresa perda a adxudicación dos servicios contratados, a nova sociedade adxudicataria ou entidade que se faga cargo estará obrigada a subrogarse nos contratos dos traballadores adscritos a estes servicios, calquera que sexa a modalidade de contratación deles.

A nova sociedade adxudicataria ou a entidade que se faga cargo estará obrigada a cumpri-lo convenio colectivo en vigor e expresamente a respectar tódolos dereitos económicos e laborais dos traballadores, recoñecendo expresamente os representantes legais deles.

Artigo 9º.-Lexislación supletoria.

Para todo o non previsto neste convenio seralle de aplicación a lexislación laboral vixente, e en especial o Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, texto refundido do Estatuto dos traballadores.

Capítulo II

Condicións de traballo

Artigo 10º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo efectivo será de 40 horas semanais, que en cómputo anual serán de 1.792 horas.

A distribución da xornada estará supeditada en cada momento ás necesidades do servicio e ós cambios que nel poidan producirse en función do contrato entre a empresa e o Concello de Vigo.

Os excesos de horas semanais que se produzan como consecuencia do expresado no parágrafo anterior compensaranse cos días de descanso entre semana. Cando o día de descanso coincida con festivo correrá a quenda sen que o persoal afectado efectúe este, esta situación regularase nos quince días seguintes. Durante o período vacacional supéndense os descansos por exceso de xornada de libre elección.

A xornada enténdese de traballo efectivo e comezará e rematará na zona asignada en cada momento ó vixilante precisándose, así mesmo, que á hora de comezo e remate da xornada o traballador se atopase no seu posto de traballo.

Artigo 11º.-Noiteboa e Noitevella.

Dado o carácter de servicio público ORA, os días 24 e 31 de decembro poderán te-la consideración de inhábiles se así o decidise o Concello de Vigo, absorbendo neste caso as posibles reduccións de xornada que estivesen pendentes.

Artigo 12º.-Vacacións.

Todo o persoal afecto a este convenio desfrutará de 30 días naturais de vacacións retribuídas ou a parte proporcional que lle corresponda en función do tempo de permanencia na empresa.

As vacacións retribuiranse considerando a cantidade que lle correspondería percibir ó traballador como se de traballo efectivo se tratase.

As vacacións desfrutaranse en dúas quendas repartidas nos meses de xullo e agosto, garantíndose a rotatividade no seu desfrute. Para tal fin confeccionarase un calendario de vacacións, logo da negociación entre as empresa e os representantes dos traballadores, e publicarase con polo menos dous meses de antelación á data prevista do seu inicio. Unha vez publicada a lista, esta non se poderá modificar por ningunha das partes.

No suposto de que o traballador se atope en situación de incapacidade temporal ó comezo das súas vacacións, non perde o seu dereito a elas pero estas reiniciaranse unha vez rematadas as correspondentes quendas vacacionais e sempre dentro do ano natural.

Artigo 13º.-Licencias e permisos.

O traballador, logo do aviso de 48 horas nos casos a), d) e e) seguintes e posterior xustificación, poderá ausentarse do traballo con dereito a remuneración do salario base, antigüidade e complemento de asistencia por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

a) 16 días naturais en caso de matrimonio.

b) 4 días laborables en caso de falecemento ou enfermidade grave do cónxuxe ou fillos ou nacemento dun fillo e dous días máis se estes feitos se producen fóra da provincia.

c) 3 días naturais en caso de falecemento ou enfermidade grave de familiares ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade.

d) 2 días naturais por traslado de domicilio habitual.

e) 1 día natural en caso de matrimonio de familiares ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade.

f) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal.

g) Polo tempo necesario, no suposto de citacións xudiciais como consecuencia de incidencias producidas durante o servicio e que non sexan imputables ó traballador.

h) 15 días ó ano de permiso sen soldo sempre que non entorpezan o normal desenvolvemento do

servicio e comunicación previa á empresa con 15 días de antelación.

Artigo 14º.-Excedencias.

O traballador cunha antigüidade mínima dun ano na empresa terá dereito a que se lle recoñeza unha excedencia voluntaria por un prazo de 1 ano a 5 anos. Este dereito só poderá ser exercitado outra vez polo mesmo traballador se transcorreron catro anos desde a finalización da enterior excedencia.

Así mesmo, a empresa reservará o posto de traballo ó traballador en excedencia, por un tempo máximo de 5 anos, tendo este último que avisar á empresa con dous meses de antelación a reincorporación a el, xa que no caso de non facelo perderá o derito ó seu psoto de traballo dentro da empresa ou, no seu defecto, da concesionaria do servicio nese momento.

En todo o non previsto neste artigo haberá que aterse ó establecido con carácter xeral no artigo 46 do Estatuto dos traballadores e demais normas vixentes sobre a materia.

Artigo 15º.-Vacantes e promoción.

Cando na empresa se produzan vacantes, se creen ou aumenten certos postos de traballo, antes de contratar a persoas alleas a esta, tratarase de cubri-las ditas prazas con traballadores do cadro de persoal.

-Traballos de superior categoría.

Por necesidades organizativas, de producción en contratación, o traballador poderá ser destinado a ocupar un posto de superior categoría á que tivese recoñecida por un prazo que non exceda de seis meses durante un ano en oito meses durante dous anos, tendo dereito a percibir, mentres se atope en tal situación, a remuneración correspondente á función que desenvolve.

Transcorridos seis meses ininterrompidos ou oito alternos entenderase creada unha vacante e convocarase concurso.

Artigo 16º.-Seguridade e saúde laboral.

Haberá que aterse ó disposto na lexislación laboral vixente, e en especial á Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

Artigo 17º.-Recoñecemento médico.

A empresa concertará obrigatoriamente coa entidade aseguradora de accidentes de traballo unha revisión médica anual para tódolos traballadores, de carácter voluntario para estes, que se realizará fóra da xornada normal de traballo.

Artigo 18º.-Pagamento do salario.

O pagamento da nómina mensual efectuarase o último día hábil de cada mes. Cando coincida en festivo ou sábado efectuarase o día anterior. A entrega da nómina será o día anterior ó pagamento.

O comité de empresa proporá o pagamento por transferencia a través de 4 entidades bancarias.

O traballador, logo da notificación á empresa dun mes, poderá elixir calquera das catro entidades para que se lle ingrese a nómina, achegando xunto coa solicitude os datos relativos á súa conta bancaria.

Acórdase concederlles ós traballadores anticipos quincenais cun importe que non supere o 50% do seu salario mensual, nos días que pola súa vez se poñerán no taboleiro de anuncios o día 11 de cada mes.

Capítulo III

Condicións económicas

Artigo 19º.-Salario base.

O salario base do persoal afecto por este convenio será o que para cada categoría se establece na táboa salarial anexa.

O salario base devengarase por día natural.

Artigo 20º.-Antigüidade.

Os traballadores comprendidos no ámbito deste convenio percibirán, como complemento persoal de antigüidade no servicio á empresa, un aumento periódico segundo a seguinte escala:

-Ós 2 anos cumpridos: 5%.

-Ós 4 anos cumpridos: 10%.

-Ós 6 anos cumpridos: 15%.

-Ós 8 anos cumpridos: 20%.

-Ós 13 anos cumpridos: 27%.

-Ós 18 anos cumpridos: 34%.

-Ós 23 anos cumpridos: 41%.

-Ós 28 anos cumpridos: 48%.

-Ós 33 anos cumpridos: 55%.

A porcentaxe fixada como complemento persoal de antigüidade calcularase sobre o salario base do convenio.

Artigo 21º.-Complemento de asistencia.

Establécese un complemento de asistencia para o persoal afecto por este convenio, na contía sinalada na táboa salarial anexa, que se devengará por día efectivamente traballado cun rendemento normal e correcto.

Artigo 22º.-Complemento de calidade.

Establécese un complemento de calidade para o persoal afecto por este convenio, na contía sinalada na táboa salarial anexa, que se devengará por día efectivamente traballado cun rendemento normal e correcto.

Artigo 23º.-Complemento extrasalarial.

Para supli-los gastos ocasionados polo transporte e a distancia, establécese un complemento extrasalarial pola contía establecida na táboa salarial anexa, aboándose por día efectivamente traballado.

Artigo 24º.-Pagas extraordinarias.

Establécense tres pagas extraordinarias denominadas verán, Nadal e marzo que se aboarán a razón

de 30 días cada unha de salario base máis antigüidade.

O período de devengo das pagas será o seguinte:

-Paga de verán: do 1 de xaneiro ó 30 de xuño.

-Paga de Nadal: do 1 de xullo ó 31 de decembro.

-Paga de marzo: do 1 de xaneiro ó 31 de decembro.

As datas de aboamento das pagas serán as seguintes:

-Paga de verán: antes do día 20 de xullo.

-Paga de Nadal: antes do día 21 de decembro.

-Paga de marzo: dentro do primeiro trimestre do seguinte ano.

Non se descontará das pagas extraordinarias o tempo de baixa por incapacidade temporal.

Capítulo IV

Melloras sociais

Artigo 25º.-Protección da maternidade.

Cando as condicións dun posto de traballo puidesen influír negativamente na saúde da traballadora embarazada ou no feto, circunstancia esta que deberá ser certificada polo médico da Seguridade Social que asista á traballadora, a empresa modificará as condicións e/ou funcións de traballo da traballadora, de forma que as condicións laborais resulten compatibles co seu estado.

Esta situación manterase ata que o estado de saúde da traballadora permita a súa reincorporación ás condicións anteriores do posto de traballo ou ás funcións que desempeñaba anteriormente. Esta cambio virá igualmente certificado polo médico da Seguridade Social e poderá adiarse ata despois do período de lactación se así o considerase o mesmo médico que asista á traballadora e que certificou o risco inicial das condicións do posto de traballo.

As traballadoras embarazadas terán dereito a ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, para a realización de exames prenatais e técnicas de preparación ó parto, logo do aviso ó empresario e xustificación da necesidade da súa realización dentro da xornada de traballo.

Artigo 26º.-Complementos por incapacidade temporal.

En caso de enfermidade común ou accidente non laboral, a empresa aboaralle ó traballador para a primeira baixa do ano e desde o primeiro día desta a diferencia entre a prestación económica da Seguriade Social e o salario bruto mensual que lle correspondese percibir no período de baixa, con exclusión da horas extraordinarias.

Para a segunda baixa e sucesivas, a empresa aboaralle ó traballador a partir do día 13 da data da baixa, a diferencia entre a prestación económica da Seguridade Social e o salario bruto mensual, que lle correspondese percibir no período de baixa, con exclusión das horas extraordinarias.

En caso de accidente de traballo, a empresa aboaralle ó traballador a partir do primeiro día da baixa, a diferencia entre a prestación económica da Seguridade Social e o salario bruto mensual que lle correspondera percibir no período de baixa, con exclusión das horas extraordinarias.

En caso de IT con hospitalización aboarase desde o primeiro día da hospitalización e mentres dure esta o 100% do seu salario mensual, con exclusión das horas extraordinarias.

Artigo 27º.-Póliza de accidente.

A empresa comprométese a subscribir unha póliza de seguro de accidente de traballo que lles garanta ó traballador ou ós seus habentes causa as seguintes indemnizacións:

-Falecemento por accidente laboral ou enfermidade profesional: 3.500.000 ptas.

-Incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez derivada de accidente laboral ou enfermidade profesional: 3.500.000 ptas.

Artigo 28º.-Axuda familiar.

Os traballadores afectados por este convenio, que teñan ó seu cargo unha persoa diminuída príquica ou física, de acordo coas estipulacións requiridas pola Seguridade Social, e logo da xustificación percibirán un complemento extrasalarial de 11.000 ptas./mensuais.

Artigo 29º.-Préstamos.

A empresa creará un fondo de 1.000.000 de ptas. Deste fondo iranse concedendo, logo de solicitude por escrito que visarán empresa e comité de empresa, e que se realizará no modelo que se estableza para o efecto, préstamos dunha cantidade fixa, do que o importe máximo por operario será de 100.000 ptas. A devolución detraerase das nóminas das doce mensulidades seguintes e deberá pasar un mínimo de seis meses entre a finalización do aboamento do préstamo e a solicitude doutro novo polo mesmo traballador.

Cando se esgote a cantidade fixada non se darán máis préstamos ata que non se vaian reintegrando as cantidades xa entregadas.

Artigo 30º.-Xubilación anticipada.

Establécese un sistema de xubilación anticipada, voluntaria e de mutuo acordo entre a empresa e traballador de acordo coa seguinte escala:

-Xubilación ós 60 anos: 5 mensualiades.

-Xubilación ós 61 anos: 4 mensualiades.

-Xubilación ós 62 anos: 3 mensualiades.

-Xubilación ós 63 anos: 2 mensualiades.

-Xubilación ós 64 anos: 1 mensualiades.

As mensualidades aboaranse con independencia dos anos de servicio na empresa.

Artigo 31º.-Falecemento do traballador.

No caso de falecemento por causas naturais de calquera traballador en activo, a empresa aboaralles tres mensualidades completas (salario base, antigüidade e complemento de asistencia), ós habentes causa ou persoas que convivan con el, logo de xustificación documental.

Artigo 32º.-Asistencia letrada.

No suposto de citacións xudiciais do persoal como consecuencia de incidencias producidas no normal desenvolvemento do servicio, a empresa proporcionará a asistencia letrada necesaria.

Entregarase copia das denuncias ó comité de empresa, sempre que sexa co consentimento do traballador.

Artigo 33º.-Roupa de traballo.

Os traballadores recibiraán como dotación do vestiario e uniformes para o traballo as seguintes pezas de roupa, coa periodicidade que se detalla:

a) No momento da incorporación:

Un equipo completo segundo a temporada, composto por:

* Equipo de inverno.

-Dous pantalóns ou saias.

-Un xersei.

-Dúas camisas de manga longa.

-Un anorak.

-Un par de botas.

-Un xogo de anagramas adhesivos.

-Un par de luvas sen reposición en caso de deterioración.

-Un viseira ou gorra.

-Pano para o colo.

* Equipo de verán.

-Dous pantalóns ou saias.

-Dúas camisas de manga curta.

-Un par de zapatos.

-Un xersei.

-Un chuvasqueiro.

b) Anualmente.

-Un pantalón ou saia de inverno.

-Un pantalón ou saia de verán.

-Unha camisa de inverno.

-Unha camisa de verán.

-Un para de botas ou zapatos.

-Un xersei de verán.

-Un xersei de inverno.

c) Bianualmente:

-Un anoral.

-Un par de luvas.

-Un chuvasqueiro.

-Un cinto.

Incorpórase como dotación unha faldriqueira que se entregará á totalidade do cadro de persoal por unha soa vez e para as novas contratacións ó ingresaren na empresa.

Cando se presente unha peza de roupa deteriorada procederase á entrega da correspondente nova.

No caso de producirse a baixa do traballador por calquera motivo, estará obrigado a entrega-la roupa que teña en existencia. Igualmente en cada entrega de peza de roupa, agás a inicial, recollerase a peza de roupa usada correspondente.

Datas de entrega:

-Roupa de verán: 30 de abril.

-Roupa de inverno: 30 de setembro.

Capítulo V

Acción sindical

Artigo 34º.-Dereito de información.

A empresa facilitaralles ós representantes dos traballadores a información establecida con carácter

xeral no artigo 64.1º do Estatuto dos traballadores referida á cidade de Vigo.

Artigo 35º.-Información do absentismo.

A empresa facilitará ós representantes dos traballadores unha información trimestral coincidindo coa división natural do ano en trimestres.

A información estará referida ó número de días de absentismo polos motivos de enfermidade, accidente e faltas inxustificadas.

Artigo 36º.-Horas sindicais.

As horas investidas nas reunións dos representantes dos traballadores coa empresa serán por conta de que convoque a reunión.

Acéptase a acumulación cuadrimestral de horas sindicais, con comunicación previa á empresa, incrementándose 5 horas cuatrimestrais para repartir entre a totalidade do comité.

Cláusula adicional

O incremento salarial pactado para o ano 1999 será do 5% sobre o bruto anual das táboas salarias vixentes do ano 1998, aplicado do seguinte xeito: 2,5% a complementos e o festo a salario base e pagas extras.

ANEXO I

Táboa salarial do persoal adscrito ó servicio de ordenanza e regulación de aparcamentos (ORA)

da cidade de Vigo

Vixencia desde o 1 de xaneiro de 1999 ó 31 de decembro de 1999.

Categoría

Salario base

Plus asistencia

Plus calidade

Plus extrasalarial

Pagas extras

Ver./Nad./Mar.

Total anual

Encargado 3.243697 2.677 65897.2902.471.469

Ofic. Mantº. 2.927629 1.426 65887.8102.001.896

Vixilante 2.635531- 65879.0501.492.608

Op. emisora 2.635- 765 65879.0501.550.406

Ofc. 2ª Admtvº.80.268-22.65013.54480.2681.638.348

Aux. Admtvº.80.268-15.58013.54480.2681.553.508