Aprobado inicialmente por resolución da Alcaldía, con data do 26 de maio de 1999 o proxecto de urbanización redactado para a parcela sita en Fonte da Cruz polo enxeñeiro de camiños Vicente Berrocal Bertol e promovido por Dutisa Construcciones, S.L.
Exponse ó público polo prazo dun mes contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
O expediente estará á disposición de calquera que desexe examinalo na Unidade de Obras, Urbanismo e Servicios, para formula-las alegacións que considere pertinentes.
Narón, 26 de maio de 1999.
Xoán Gato Díaz
Alcalde

