O Concello de Oleiros en encomenda de xestión da Mancomunidade de Municipios da Coruña contrata, por medio de concurso con procedemento aberto, a seguinte adxudicación:
Obxecto: adquisición de 25 embelecedores-enmascaradores de contedores para a recollida selectiva de residuos sólidos urbanos fracción orgánica-inerte, incluído o propio contedor.
Número de unidades que hai que entregar: 25 embelecedores-enmascaradores.
Todos eles das características que se recollen no prego de prescricións técnicas.
Lugar de entrega: no Concello de Betanzos, situándoos nos lugares que previamente se indicarán.
Orzamento: 3.750.000 ptas. (IVE incluído).
Fianzas: provisional: 75.000 ptas. Definitiva: 4% do importe de adxudicación.
Prazo de entrega: máximo seis (6) meses.
Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral do Concello de Oleiros no prazo de 26 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación do anuncio no BOP.
Prego de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas: poderán recollerse na Secretaría Xeral do Concello de Oleiros, de 9 a 13 horas.
Oleiros, 11 de xuño de 1999.
Esther Pita Pita
Alcaldesa

