Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 05 de xullo de 1999 Páx. 8.580

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ORDE do 28 de xuño de 1999 pola que se modifica a composición do consello regulador provisional da denominación de orixe Arzúa-Ulloa.

Por Orde do 20 de outubro de 1995 da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, recoñeceuse con carácter provisional a denominación de orixe Queixo Arzúa-Ulloa para os queixos producidos dentro do ámbito xeográfico destas dúas comarcas de gran tradición queixeira en Galicia, no xeito e condicións que determine o seu regulamento particular, e nomeouse así mesmo o seu consello regulador provisional.

A competencia para efectuar nomeamentos e cesamentos dos presidentes dos consellos reguladores das denominacións de orixe e específicas corres

póndelle, de conformidade co artigo 89 e concordantes da Lei 25/1970, do 2 de decembro, ó conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, unha vez asumidas as funcións na materia, conforme a competencia recollida no artigo 30.I.3º e 4º do Estatuto de autonomía de Galicia.

Por todo iso, de conformidade co previsto, e no uso das atribucións que me confire a Lei 1/1993, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente

DISPOÑO:

Artigo 1º

O cesamento nas súas funcións, agradecéndolle-los servicios prestados, dos membros saíntes do Consello Regulador da Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa nomeados pola orde desta consellería citada anteriormente.

Artigo 2º

O nomeamento e constitución dun novo consello regulador provisional formado, por proposta dos sectores interesados, polos seguintes membros:

Presidente: José Luis Carrera Valín.

Vicepresidente: Antonio Ferreiro Ferreiro.

Vocais:

-Sector productor:

Titulares:

Juan Carlos Barral Camba.

José Varela Segade.

Carlos Cid González.

Francisco Gay Blanco.

Suplentes:

José Castro Tejo.

José Luis Vázquez García.

Eugenio Montero Valiño.

Ángel Rivas Lema.

-Sector elaborador:

Titulares:

Benigno Pereira Ramos.

Salvador Carreira Gómez.

Jaqueline Burnod Bermúdez.

Hilda Gómez González.

Suplentes:

Luís García Martínez.

Jesús Sánchez Millares.

Luís Lamas Costa.

Jacobo Sánchez Ares.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 1999.

Cástor Gago Álvarez

Conselleiro de Agricultura, Gandería

e Política Agroalimentaria