Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 09 de xullo de 1999 Páx. 8.936

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 1999 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 17 de xuño de 1999, polo que se declaran festas de Galicia de interese turístico a Festa da Troita da Pontenova e a Feira do Bonito de Burela.

O Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día 17 de xuño de 1999, adoptou por proposta

do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, o seguinte acordo:

Declarar festas de Galicia de interese turístico da provincia de Lugo, segundo o Decreto 203/1998, do 25 de xuño, polo que se regulan as declaracións de festas de Galicia de interese turístico, as seguintes:

-Festa da Troita da Pontenova.

-Feira do Bonito de Burela.

En cumprimento do disposto no artigo 7.1º do citado decreto ordénase a publicación do acordo no Diario Oficial de Galicia e a notificación ás persoas ou entidades organizadoras das festas e ós concellos correspondentes.

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 1999.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo