Contrato de consultoría e asistencia para a realización dun estudio para a valoración de riscos en balsas e entulleiras da Comunidade Autónoma de Galicia.
Entidade adxucadora.
Organismo: Consellería de Industria e Comercio.
Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Industria.
Número de expediente: 8/99.
Obxecto do contrato.
Tipo de contrato: consultoría e asistencia.
Descrición do obxecto: realización dun estudio da situación na que se atopan as balsas e entulleiras mineiras da Comunidade Autónoma de Galicia.
Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
Tramitación: imperiosa urxencia.
Procedemento: negociado sen publicidade.
Orzamento base de licitación: seis millóns catrocentas mil pesetas (6.400.000 ptas).
Adxudicación.
Data: 24 de maio de 1999.
Adxudicatario: Norcontrol, S.A.
Nacionalidade: española.
Importe de adxudicación: seis millóns catrocentas mil pesetas (6.400.000 ptas).
Contrato de conslutoría e asistencia consistente na análise, mantemento e programación dos sistemas informáticos da Consellería de Industria e Comercio.
Entidade adxudicadora.
Organismo: Consellería de Industria e Comercio.
Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.
Número de expediente: 1/99.
Obxecto do contrato.
Tipo de contrato: consultoría e asistencia.
Descrición do obxecto: seguimento do desenvolvemento e o mantemento das aplicacións informáticas que dan soporte á xestión administrativa na Consellería de Industria e Comercio.
Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: negociado sen publicidade.
Orzamento base de licitación: cinco millóns de pesetas (5.000.000 de ptas.).
Adxudicación.
Data: 30 de marzo de 1999.
Adxudicatario: Alberto Blanco Ruiz.
Nacionalidade: española.
Importe de adxudicación: cinco millóns de pesetas (5.000.000 de ptas.).
Contrato de subministración de fotocopiadoras para a Consellería de Industria e Comercio.
Entidade adxudicadora.
Organismo: Consellería de Industria e Comercio.
Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.
Número de expediente: 2/99.
Obxecto do contrato.
Tipo de contrato: subministración.
Descrición do obxecto: subministración, instalación e mantemento de cinco fotocopiadoras novas para a Consellería de Industria e Comercio.
Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto mediante concurso.
Orzamento base de licitación: sete millóns de pesetas (7.000.000 de ptas.).
Adxudicación.
Data: 27 de maio de 1999.
Adxudicatario: NRG Comunicaciones.
Nacionalidade: española.
Importe de adxudicación: cinco millóns novecentas corenta e nove mil novecentas oitenta e oito pesetas (5.949.988 ptas.).
Santiago de Compostela, 21 de xuño de 1999.
Antonio Couceiro Méndez
Conselleiro de Industria e Comercio

