A Delegación Provincial de Ourense dá a coñecer que foi admitida definitivamente a solicitude do permiso de investigación Arteisiña nº 4863, de 8 cuadrículas mineiras para recursos de sección C, no concello da Rúa (Ourense) e Quiroga (Lugo).
A designación do terreo é a seguinte:
LonxitudeLatitude
Vértice 17º 09' 00''42º 26' 20''
Vértice 27º 08' 20''42º 26' 20''
Vértice 37º 08' 20''42º 25' 00''
Vértice 47º 09' 00''42º 25' 00''
O que se fai público para que calquera que se considere afectado interpoña reclamación no prazo de 15 días hábiles nesta delegación provincial; pasado o prazo non se admitirá ningunha oposición.
Ourense, 18 de maio de 1999.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense

