A Dirección Provincial do Servicio Galego de Saúde de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 i) da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, de 4 de maio) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e da autorización do director xeral da División de Recursos Económicos de data 25 de xuño de 1998, resolve o concurso público 1 DP/1998, convocado o 23 de novembro de 1998, para a subministración de material de incontinencia urinaria.
1. Nome e enderezo do órgano de contratación: Dirección Provincial do Servicio Galego de Saúde de Ourense. Rúa Xoan XXIII, 27-1º. Ourense.
2. Modalidade de adxudicación escollida: concurso aberto.
3. Data de adxudicación do contrato: 9 de marzo de 1999.
4. Criterios de adxudicación do contrato: os indicados no prego de cláusulas administrativas que rexeu no concurso.
5. Número de ofertas recibidas: oito.
6. Nome e enderezo dos provedores:
Lote nº 1: Laboratorios Unitex Hartmann, S.A. Polígono industrial Pla D'en Boet II-08302 Mataró-Barcelona.
Lotes nº 2, 3, 4 e 6: SCA Hygiene Products, S.A. Avda. de Europa, 22-28108 Alcobendas-Madrid, C.P. 28108.
Lotes nº 5 e 7: I.D. Médica España S.A. r/ Praza Tirant lo Blanc, 36-1º-08005 Barcelona.
7. Natureza e cantidade dos productos subministrados:
Lote nº 1: empapador ou traveseiro absorbente de cama 60x60, 80.000 unidades máximo.
Lote nº 2: empapador ou traveseiro absorbente de cama 60x90, 275.000 unidades máximo.
Lote nº 3: absorbente incontinencia día anatómico, 240.000 unidades máximo.
Lote nº 4: absorbente incontinencia noite anatómico, 110.000 unidades máximo.
Lote nº 5: absorbente incontinencia noite anatómico con elástico, 240.000 unidades máximo.
Lote nº 6: absorbente incontinencia super noite anatómico, 350.000 unidades máximo.
Lote nº 7: absorbente incontinencia super noite anatómico con elástico, 400.000 unidades máximo.
8. Prezo:
Lote nº 1: 18,67 ptas. unidade.
Lote nº 2: 31,57 ptas. unidade.
Lote nº 3: 27,82 ptas. unidade.
Lote nº 4: 33,17 ptas. unidade.
Lote nº 5: 48 ptas. unidade.
Lote nº 6: 42,80 ptas. unidade.
Lote nº 7: 54 ptas. unidade.
9. Doce: descoñécese.
BOE nº 302, do 18-12-1998.
DOG nº 245, do 21-12-1998.
Ourense, 9 de marzo de 1999.
Rosendo L. Fernández Fernández
Director provincial do Servicio Galego de Saúde

