Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo enconta que o interesado obtivo a autorización de acordo con artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e o artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas aguas de Galicia (DOG nº 228, do 21 de novembro) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.
Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamado a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:
Nome da batea: EFF número 1.
Cultivo: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Localización: Cangas G, cuadrícula número 10.
Data da concesión: 31-1-1968 (BOE nº 35).
Data na que remata a derradeira prórroga: 9-2-2008.
Anteriores concesionarios: Elena Fernández Fernández (35.149.622-X), José Piñeiro Fernández (35.149.622-X).
Novo titular da concesión: Elisa Piñeiro Fernández (35.253.869-K).
O novo concesionario queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas dos anteriores concesionarios, así como obrigado ó cumprimento das diposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.
Vigo, 16 de xuño de 1999.
P.D. (Orde 27-6-1990, DOG nº 134, do 10 de xullo)
Rosa Mª Quintana Carballo
Delegada territorial de Vigo

