Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artigo 142 do Regulamento de VPO aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselles ós interesados, cos datos e últimos enderezos coñecidos sinalados no anexo, os acordos de incoación dos correspondentes expedientes administrativos de desafiuzamento que, cos números que se indican, se iniciaron neste organismo por ocupación sen título legal para iso, causa prevista no artigo 30.2º do R.D. 2960/1976, do 12 de novembro, e no artigo 138.2º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1998, do 24 de xullo, unha vez intentadas as notificacións nos seus domicilios os días que se sinalan no anexo.
Concédese o prazo de 15 días hábiles desde o seguinte ó da publicación desta cédula para a contestación ó prego perante este Servicio Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, alegando por escrito o que consideren conveniente e, se é o caso, achegando ou propoñendo as probas que crean oportunas para o seu descargo. Transcorrido o dito prazo darase por realizado o trámite seguindo o seu curso o expediente.
E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados en cumprimento do disposto no artigo 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 16 de xuño de 1999.
Mª Teresa Morán Calero
Xefa da Área Provincial da Coruña
ANEXO
-Nº de expediente de desafiuzamento ocupación sen título 30/1999.
Adxudicataria: Purificación Castro Rico e herdeiros.
Último domicilio coñecido: Avda. 19 de Febreiro, bloque 4, P-3, baixo Esq. (Ferrol). (Expediente C-79, conta 42).
Datas notificación: 26-5-1999 e 27-5-1999.
-Nº de expediente de desafiuzamento ocupación sen título 2/1999.
Adxudicatario: Jesús Vicente Teijeiro Pita e outros e herdeiros.
Último domicilio coñecido: Padre Feijoo, bloque 27, P-3, 4º Esq. (Ferrol). (Expediente C-2-CD/68, conta 1833).
Datas notificación: 26-5-1999 e 27-5-1999.

