Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Luns, 12 de xullo de 1999 Páx. 9.058

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 1999 pola que se anuncia concurso para a concesión da instalación de máquinas expendedoras de bebidas na Biblioteca Municipal de Monte Alto. (Referencia C99/5).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Contratación. b) Número de expediente: C99/5.

2. Obxecto do contrato: concesión da instalación de máquinas expendedoras de bebidas na Biblioteca Municipal de Monte Alto.

Prazo de duración: un ano prorrogable ata catro.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento: non se fixa.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de proposicións.

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, finalizando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica.

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: véxase prego de cláusulas administrativas pàrticulares. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido («Proposición económica», «Documentación administrativa» e «Documentación técnica») e o seguinte lema: « Proposición que presenta... (nome ou denominación social do licitador), para optar ó concurso para a concesión da instalación de máquinas expendedoras de bebidas na Biblioteca Municipal de Monte Alto. (Referencia C99/5)».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 24 de xuño de 1999.

O alcalde

P.D.

Rubricado