Aprobado polo alcalde deste concello, o 29-6-1999, o proxecto técnico e o prego de condicións económico-administrativas que rexerá no concurso por procedemento aberto (tramitación urxente) das obras que no punto 2 se indica expóñense ó público polo prazo dos oito primeiros días naturais seguintesó da derradeira publicación deste anuncio no DOG e no BOP. Simultaneamente anúnciase o concurso para a presentación de propostas, podendo aprazarse a licitación no caso de que se formulen reclamacións contra o proxecto ou o prego.
1. Entidade adxudicadora. Organismo: Alcaldía. Dependencia: Secretaría.
2. Obxecto do contrato. Pavimentación e accesos: Barrantes, Pedra Negra, rúa A Guarda e outros, cun orzamento de execución de 14.273.816 ptas. e un prazo de execución de 4 meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma: concurso.
4. Orzamento da licitación e criterios de selección: os indicados no punto dous (non se admiten baixas) e os criterios sinalados no prego.
5. Garantías. Provisional: 285.476 ptas. Definitiva: 570.952 ptas.
6. Obtención da documentación e información: : secretaría do concello, praza de Calvo Sotelo. 36740 Tomiño; teléfono: 986 62 20 01/fax: 986 62 25 30, ata o día anterior ó do remate de presentación de proposicións.
7. Requisitos especificos do contratista: os especificados no prego.
8. Presentación das ofertas. Prazo: 13 días naturais seguintes ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia (DOG). Documentación: a esixida no prego. Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Tomiño, das nove ás catorce horas.
9. Prazo de vixencia das ofertas: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.
10. Apertura de ofertas: nun prazo máximo de 7 días naturais seguintes á data da apertura da documentación xeral dos sobres B e, anunciarase, polo menos 48 horas antes da súa realización, cun edicto no taboleiro de anuncios do concello.
11. Gastos dos anuncios: por conta dos adxudicatarios.
Tomiño, 30 de xuño de 1999.
José Luis Fernández Lorenzo
Alcalde en funcións

