Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Xoves, 15 de xullo de 1999 Páx. 9.237

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 1999, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de procedemento aberto, mediante concurso público e trámite de urxencia, para a realización de obras de rehabilitación do complexo de Castrosenín.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.

c) Número de expediente: 99/13/186.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: obras de rehabilitación do complexo de Castrosenín.

b) Lugar de execución: complexo de Castrosenín (Mourente).

c) Prazo de execución: 5 meses contados a partir da data da sinatura da acta de comprobación do replanteo.

3. Procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base da licitación.

Importe total: 99.900.281 ptas., IVE incluído.

5. Garantías.

a) Provisional: dispensada.

b) Definitiva: 3.996.011 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) O prego de cláusulas administrativas e o proxecto estarán á disposición dos interesados para o seu exame na Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais (Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa e Control Presupostario), sita no complexo administrativo de San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta, Santiago de Compostela, 15771.

As copias da documentación e o proxecto poderán solicitarse en Tórculo Artes Gráficas, S.L, r/ Rosalía de Castro, 51-baixo, Santiago de Compostela (15703), teléfono 981 59 78 55, mediante o aboamento do seu importe.

b) Data límite para obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación das ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo: C, categoría: e, subgrupo: todos.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite da presentación: o prazo comezará o día seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG e rematará o décimo terceiro día natural, ás 14 horas, agás que o último día fose sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

2ª Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses contados a partir da data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, sala de xuntas.

b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da consellería, o quinto día hábil seguinte ó da data de remate do prazo de presentación das proposicións; de coincidir en sábado, trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 11 horas.

10. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 1999.

María José Cimadevila Cea

Secretaria xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais