Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Xoves, 15 de xullo de 1999 Páx. 9.243

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso, con procedemento aberto, para a contratación da 2ª fase da 1ª programación plurianual das obras incluídas no Convenio Xunta-Deputación para a reforma e construcción de instalacións deportivas 1997-2001 (obras anuais).

1. Obxecto: o concurso ten por obxecto a contratación da 2ª fase da 1ª programación plurianual das obras incluídas no Convenio Xunta-Deputación para a reforma e construcción de instalacións deportivas 1997-2001 (obras anuais) que figuran no anexo, cos orzamentos, garantías e clasificacións que se relacionan.

2. Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

3. Proposicións: poderán presentarse no Servicio de Patrimonio e Contratación, en horas de 9 a 13, dentro do prazo dos trece días naturais que comezará a contar desde o seguinte ó da publicación do presente anuncio no BOP ou DOG.

4. O texto íntegro do presente anuncio figura no BOP.

5. Gastos de anuncios: os gastos do presente anuncio serán por conta do adxudicatario.

A Coruña, 7 de xullo de 1999.

Augusto César Lendoiro

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña

ANEXO

2ª fase da 1ª programación plurianual das obras incluídas no Convenio Xunta-Deputación para a reforma

e construcción de instalacións deportivas 1997

Denominación obra

Lugar de execución

OrzamentoAnualidadesPrazo de

execución

ClasificaciónGarantía

provisional

Garantía

definitiva

Mazaricos

Reforma polideportivo A Picota19.715.000 ptas.

118.489,54 euros

Ano 1999: 19.715.000 ptas.

118.489,54 euros

Ano 2000:

Ano 2001:

Ano 2002:

Ano 2003:

3 mesesNon se esixe394.300 ptas.

2.369,79 euros

788.600 ptas.

4.739,58 euros