1. Entidade adxudicadora: Deputación Provincial de Lugo.
2. Obxecto: seguros de vehículos e maquinaria do Parque Móbil Provincial.
3. Orzamento: 6.000.000 de pesetas.
4. Duración contrato: 1 ano.
5. Garantía provisional: dous por cento do orzamento de licitación, depositada na Tesourería da Deputación Provincial.
6. Información: Servicio de Plans Provinciais e Contratación (Negociado de Plans Especiais).
7. Presentación das ofertas.
a) Data límite de presentación: vinteseis días naturais a partir do seguinte á publicación do presente extracto de anuncio no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que se debe presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares e técnicas.
c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Deputación Provincial de Lugo, de 10 a 14 horas.
8. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
9. O texto íntegro do presente anuncio figura publicado no BOP número 152, do 6 de xullo de 1999.
Lugo, 6 de xullo de 1999.
Francisco Cacharro Pardo
Presidente da Deputación Provincial de Lugo
Faustino Martínez Fernández
Secretario da Deputación Provincial de Lugo

