Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 16 de xullo de 1999 Páx. 9.286

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOIMORTO

ANUNCIO de licitación.

O Concello de Boimorto anuncia a contratación, por procedemento aberto e mediante poxa, das obras de afirmado e reparación de camiños, parroquias de Andabao, Boimorto, Brates-Mercurín e Sendelle, incluída no Plan aforro licitacións anualidade 1999.

1. Tipo de licitación: 6.000.000 de ptas.

2. Presentación de proposicións: no rexistro xeral do concello, de 9 a 13 horas, durante o prazo de 26 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP.

3. Fianzas: provisional: 120.000 ptas. Definitiva: 240.000 ptas.

4. Apertura de proposicións: terá lugar ás 13 horas do sexto día natural seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións; se cadrase sábado, domingo ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

5. Pregos de cláusulas administrativas: as aprobadas pola Deputación da Coruña, publicadas no BOP con data do 9 de decembro de 1996.

6. Modelo de proposición e documentación: a que consta nos pregos (BOP do 9 de decembro de 1996).

Boimorto, 17 de xuño de 1999.

Luis Verea Taboada

Alcalde