Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Martes, 20 de xullo de 1999 Páx. 9.370

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector de limpeza de edificios e locais da provincia da Coruña.

Visto o expediente do convenio colectivo do sector de limpeza de edificios e locais da provincia da Coruña que tivo entrada nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 9-6-1999, suscrito en representación da parte económica pola Asociación de Empresarios de Limpeza de Edificios e Locais da Coruña, e da parte social por CIG, UGT e CC.OO o día 7-6-1999 de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 15 de xuño de 1999.

María Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo limpeza de edificios e locais da Coruña

Artigo 1º.-Ámbito funcional e territorial.

Este convenio regulará as relacións de traballo entre as empresas dedicadas á contratación da limpeza de edificios e locais da provincia da Coruña e os seus traballadores, dos que a relación laboral básica está establecida na ordenanza laboral de traballo.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Afecta a tódolos traballadores/as que presten os seus servicios nas empresas descritas no ámbito funcional, ou que sexan contratados durante a súa vixencia, tanto por empresas establecidas coma polas que se establezan no futuro.

Artigo 3º.-Vixencia e duración.

Con independencia da súa publicación no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, este convenio terá unha vixencia de catro anos desde o 1 de xaneiro de 1998 ó 31 de decembro do 2001.

Ámbalas partes someteranse á posible negociación do convenio galego do sector.

Artigo 4º.-Denuncia.

Este convenio deberá ser denunciado, por calquera das partes, antes dos tres meses últimos do 2001.

Artigo 5º.-Prórroga.

Este convenio prorrogarase tacitamente de ano en ano, se ningunha das partes o denunciase ó seu termo ou ó dalgunha das súas prórrogas.

No caso de prorrogarse por un ano, efectuarase un aumento salarial, equivalente ó incremento porcentual do IPC no seu conxunto estatal nos doce meses anteriores.

Artigo 6º.-Comisión paritaria.

A comisión paritaria constituirase no momento da sinatura deste convenio. Esta comisión paritaria, constituída por cinco represetantes da asociación de empresarios e cinco da parte social (2 de CIG, 2 de UGT e 1 de CC.OO.), será o organismo do que a función consistirá en vixiar e interpreta-lo cumprimento de cada un dos pactos que interveñen e constitúen a normativa do vixente pacto colectivo. Así mesmo, terá dentro das súas funcións todo o concernente á formación profesional.

Artigo 7º.-Condicións máis beneficiosas.

Os traballadores/as que con anterioridade á sinatura do convenio desfrutasen de mellores condicións, consideradas en conxunto e cómputo anual, que as aquí pactadas, conservarán estas coa excepción do disposto no artigo 18º.

Artigo 8º.-Xornada laboral.

A xornada máxima será de 39 horas semanais de traballo efectivo, distribuídas a elección da cada empresa, e da súa distribución terá coñecemento o persoal. Esta distribución faraa o traballador/a e a xeito de calendario, o cal deberá ser asinado polo traballador/a afectado e o seu representatne. A xornada estará dividida en quendas de mañá, tarde e noite, sen que ingún traballador/a poida realizar máis de dúas quendas.

Establécese o día de Sábado Santo como día festivo e non recuperable. A aqueles traballadores/as, que por necesidades do servicio non puidesen desfrutar este día, daráselles outro día de descanso en compensación. Este día será sinalado pola empresa dependendo das necesidades do servicio.

Considérase como un mesmo centro de trabalo as rutas e os coprendidos dentro dunha mesma zona comercial.

Cando se amplíe a xornada nun centro de traballo terán preferencia para o incremento da xornada laboral, antes de novas contratacións, os traballadores/as que presten servicios no dito centro e non teñan a xornada completa. Caberán excepcións cando existan razóns organizativas ou productivas xustificadas.

O complemento de antigüidade correspondente á xornada de aumento comezará a computarse a partir da data na que se fixo efectivo o aumento de xornada, tendo en conta o establecido no artigo 18º.

Artigo 9º.-Descansos.

Todo traballador/a de xornada continuada terá dereito a un descanso de quince minutos obrigatorios, computable para tódolos efectos como tempo de traballo efectivo.

Artigo 10º.-Período de proba.

O período de proba quedará establecido nas seguintes formas:

a) Persoal obreiro ou subalterno: 15 días.

b) Persoal técnico e administrativo: 2 meses.

c) Persoal titulado: 2 meses.

Artigo 11º.-Traballos de categoría superior.

No caso de que por necesidade da empresa se fixesen traballos de categoría superior, percibiríanse os salarios correspondentes a esta categoría.

Artigo 12º.-Vacacións.

Serán de trinta días naturais para tódolos traballadores e traballadoras afectados por este convenio, retribuídas de acordo co salario base, antigüidade, complemento de asistnecia e complemento de transporte, así como o 50% do complemento de nocturnidade que se viñera percibindo.

As vacacións non poderán ser compensadas en metálico, agás no caso de liquidación de contrato ou despedimento. As vacacións desfrutaranse por cada ano natural de servicio. No caso de que un traballador ou traballadora se empregue no transcurso do ano ou deixe a empresa no transcurso deste desfrutará do tempo de vacacións, segundo vínculo coa empresa.

O desfrute das vacacións anuais será rotatorio e ningún traballador estará obrigado a desfrutar-las vacacións no inverno durante dous anos consecutivos, entendendo como meses de inverno tódolos do ano agás os de xuño a setembro, ambos inclusive.

Aqueles traballadores/as que presten servicios para máis dunha empresa, estas deberán poñerse de acordo á hora de sinala-lo período de vacacións destes traballadores/as. No caso de falta de acordo establecerase como período vacacional aquel que se sinale na empresa para a que preste servicios con maior xornada.

Artigo 13º.-Licencias retribuídas.

As empresas daranlles obrigatoriamente licencias retribuídas, como se de traballo efectivo se tratase, a tódolos traballadores que o soliciten, polos seguintes motivos:

-Por matrimonio: vinte días.

-Por matrimonio de fillos ou irmáns: un día.

-Por enfermidade grave do cónxuxe, pais, fillos, parto do cónxuxe, morte do cónxuxe, pais, irmáns, irmáns políticos, sogros, avós, fillos e xenros/noras: tres días naturais.

Se fose fóra da localidade: catro días.

-Cumprimento dun deber público ou para asistir ó médico: o tempo necesario.

-Cambio de enderezo: 1 día natural.Se fose fóra da localidade: 2 días naturais.

-Por exames: o tempo necesario.

-Asistencia a xuízos: o tempo necesario.

-A muller traballadora ten dereito a dezaseis semanas ininterrompidas ampliables por parto múltiple ata dezaoito semanas. O período de suspensión distribuirase a opción da interesada sempre que alomenos seis semanas sexan inmediatamente posteriores ó parto, podendo facer uso destas o pai ó coidado do fillo/a.

Artigo 14º.-Licencias non retribuídas.

Durante o ano concederanse sete días de licencias non retribuídas, segundo as necesidades dos traballadores/as. Estas licencias non se poderán fraccionar en máis de dous períodos.

Artigo 15º.-Roupas de traballo.

As empresas darán desde o primeiro día de traballo as roupas de protección, hixiene e traballo que fosen necesarias segundo o que prescribe a actual normativa de prevención de riscos laborais, ademais e obrigatoriamente entregaranse, como mínimo, dúas fundas ou roupas de traballo por ano de servicio. No momento da entrega das roupas de traballo, o ó remate do contrato de traballo, o traballador/a deberá devolve-las prendas usadas, se así é requirido pola empresa.

Artigo 16º.-Vestiarios.

A empresa virá obrigada a solicitar de cada un dos seus clientes que se facilite un cuarto apropiado ás necesidades de persoal.

Artigo 17º.-Salarios.

Durante os anos 1998 e 1999 os traballadores e traballadoras afectados por este convenio percibirán os salarios estipulados no anexo II.

Para os anos 2000 e 2001 aplicarase unha subida sobre tódolos conceptos económicos do convenio do IPC previsto máis o 0,5% para cada un dos anos.

Artigo 18º.-Antigüidade.

Aboarase un complemento persoal de antigüidade fixado en trienios, segundo, contías fixadas no anexo III. A partir do 31-12-1998 non se devengarán novos trienios. A todos aqules traballadores/as que tivesen pendente de cumprir un novo trienio, coa excepción daqueles que conten cunha antigüidade posterior á 1-1-1998, aboaráselle-la parte correspondente ó tempo transcorrido desde a data do último trienio cumprido e o 31-12-1998, rateado por meses, e nas contías que se establecen no anexo III. A suma destas cantidades pasará a denominarse complemento de antigüidade consolidada.

Pola desaparición do complemento de antigüidade, a partir do 1-1-1999, tódolos traballadores e traballadoras percibirán unha compensación económica, segundo as cantidades, e polos conceptos, establecidos no anexo IV, para aboar nun período de seis anos, 1999 ó 2004, a razón de 1/6 anual.

Artigo 19º.-Complemento de asistencia.

Establécese, para 1998, un complemento de asistencia na contía de 7.233 pesetas mensuaias, para tódolos traballadores e traballadoras, calquera que sexa a súa idade ou categoría. Para 1999, este complemento será de 7.399 pesetas mensuais.

No caso de faltar ó traballo 1 día ou 2 medios, sen xustificar, descontarase a totalidade do complemento. No caso de enfermidade descontarase a parte proporcional ós días faltados, coas excepcións que quedan recollidas no artigo 37º do convenio.

Artigo 20º.-Complemento de transporte.

Establécese, para 1993, un complemento de transporte de 3.455 ptas. mensuais, para tódolos traballadores e traballadoras, calquera que sexa a súa idade ou categoría. Para 1999, a contía deste complemento será de 4.055 ptas mensuais.

No ano 2000, despois de realiza-la revisión salarial correspondente, trasladarase ó salario base a cantidade de 287 ptas. mensuais.

Este complemento percibirase nas doce mensualidades, e a rateo da xornada realizada.

Artigo 21º.-Anticipos.

Os traballadores terán dereito a percibir, sen que chegue o día sinalado para o cobramento dos salarios, anticipos a conta do traballo xa realizado, non podendo ser superior ó 90 por 100 do realmente traballado. Entenderase como salario o correspodente a unha mensualidade, máis a parte proporcional das pagas extraordinarias.

Artigo 22º.-Horas extraordinarias.

As partes asinantes deste convenio acordan a conveniencia de redicir ó mínimo indispensable a realización de horas extraordinarias, axustándose ós seguintes criterios:

a) Horas extraordinarias que veñan esixidas pola necesidade de reparar sinistros ou outros danos extraordinarios e urxentes, así como no caso de risco de perda de materias primas: si á súa realización.

b) Horas extraordinarias habituais: supresión.

c) Horas extraordinarias estructurais, que serán as necesarias por contratos ou períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quendas e outras circunstancias de carácter estructural ou técnico da propia natureza da actividade: mantemento, sempre que non quede a utilización das distintas modalidades de contratación temporal ou parcial previstas na lei.

d) En relación co obxectivo de estimula-la creación de emprego a través da reducción de horas extraordinarias, as partes coincidiron na importancia do estricto cumprimento do artigo 35 do ET. O incumprimento deste artigo será considerado falta grave.

As horas extraordinarias serán aboadas cun 25% de recarga por riba do valor da hora ordinaria. Ó persoal que viñese cobrando as horas extras nunha contía superior á aquí establecida, respectaráselle esa contía a nivel individual.

Artigo 23º.-Pagamento de salarios.

As retribucións mensuais serán aboadas polas empresas dentro dos catro primeiros días de cada mes. A empresa concederá unha hora para o cobramento cando se faga por talón ou transferencia bancaria.

Artigo 24º.-Pagas extraordinarias.

Todo o persoal percibirá dúas pagas extraordinarias: paga extra de xullo e paga extra de Nadal. As citadas pagas aboaranse non máis tarde do 15 de xullo, a de xullo, e non máis tarde do 20 de decembro, a de Nadal.

O devengo das citadas pagas extraordinarias serán do 1 de xullo ó 30 de xuño, a de xullo, e do 1 de xaneiro ó 31 de decembro, a de Nadal.

O importe destas pagas será unha mensualidade de salario base máis o complemento de antigüidade consolidada.

As pagas extras percibiranse na súa integridade, independentemente de que o traballador, ou traballadora estivese en situación de IT por calquera causa.

Artigo 25º.-Gratificación en concepto de beneficios.

Consideraranse como tales e na contía dunha mensualidade de salario base máis o complemento de antigüidade consolidada. Esta paga deberá referirse ó ano natural anterior, aboándose o rateo do tempo de servicio. A dita paga aboarase entre os días 10 e 20 do mes de marzo.

Ó igual que nas recollidas no artigo anterior, a paga de beneficios percibirase na súa integridade independentemente de que o traballador ou traballadora estivese en situación de IT por calquera causa.

Artigo 26º.-Axudas de custo.

Establéces para 1998 un importe mínimo para as axudas de custo establecidas no artigo 24 da ordenanza laboral de 5.383, pesetas cando se teña que comer e pernoitar fóra da casa, de 3.229 pesetas cando se realicen as dúas comidas principais fóra do domicilio, e de 1.817 pesetas cando se realice unha soa comida. Para 1999 os importes serán de 5.506 ptas., 3.303 ptas. e 1.850 ptas. respectivamente.

Artigo 27º.-Nocturnidade.

Fíxase un complemento de traballo nocturno dun 30 por 100 do salario base da táboa anexa para tódolos traballadores que presten os seus servicios entre as 22 e as 6 horas.

Todo o persoal que traballe máis do 80 por 100 da súa xornada en horas nocturnas cobrará o complemento de nocturnidade sobre o 100 por 100 do salario base mensual.

Artigo 28º.-Revisión salarial.

Sempre que o IPC correspondente ó ano 1999 supere o inicialmente previsto na Lei de orzamentos do Estado, realizarase unha actualización de táboas salariais con vixencia desde o 1-1-2000. Estas táboas actualizadas servirán de base para a confección das táboas salariais para o ano 2000.

Sempre que o IPC correspodente ó ano 2000 supere o IPC inicialmente previsto, utilizado para a confección das táboas salariais a principios de ano, realizarase unha actualización de táboas salariais con vixencia desde o 1-1-2001. Estas táboas actualizadas servirán de base para a confección das táboas salariais para o ano 2001.

Sempre que o IPC correspondente ó ano 2001 supere o IPC incialmente previsto, utilizado para a confección das táboas salariais a principios de ano, realizarase unha actualización de táboas salariais con vixencia desde o 1-1-2002. Estas táboas actualizadas servirán de base para a confección das táboas salariais para o ano 2002.

Artigo 29º.-Cláusula de desenganche salarial.

Os compromisos en materia salarial contidos neste convenio serán de aplicación para tódalas empresas afectadas polo ámbito funcional.

Para as empresas que pretendan acollerse á cláusula regulada neste artigo establécense os seguintes mecanismos:

1. Comisión paritaria.

2. Representación dos traballadores.

3. AGA.

A tódolos mecanismos citados anteriormente achegaráselle-la seguinte documentación:

-Acreditación por medio da contabilidade oficial dos resultados dos dous últimos exercicios nos que se demostre que durante estes se repoduciron perdas reais.

-Plan de viabilidade para o período que se pretende a aplicación da dita cláusula de exención e a xustificación económica e a súa repercusión real no melloramento global dos resultados da empresa.

Na súa aplicación poderán pactarse reduccións sobre as porcentaxes de incrementos negociados ou a súa total inaplicación polo período que se determine;neste último caso aplicaranse os aspectos económicos nos termos que figuran no convenio anteriormente vixente.

Os representates legais dos traballadores, membros da comisión paritaria, así como os asesores, están obrigados a tratar e manter na maior reserva a información recibida e os datos a que tiveran acceso como consecuencia do establecido nos parágrafos anteriores, observando, por conseguinte, sixilo profesional.

Artigo 30º.-Seguro de vida.

As empresas afectadas por este convenio colectivo subscribirán pólizas de seguro colectivo a favor de todo o persoal por un capital de 2.000.000 de pesetas para as continxencias de morte, incapacidade permanente total, absoluta ou grade invalidez derivadas calquera delas de accidente laboral, incluído o accidente in itinere. No ano 2000 o capital será de 2.250.000 ptas., e no ano 2001 será de 2.5000.000 ptas.

Artigo 31º.-Embarazos.

Durante a época de embarazo, por prescrición médica ou indicación do facultativo, a traballadora ocupará un posto de menos esforzo.

Artigo 32º.-Servicio militar.

Durante o tempo que o traballador preste o servicio militar voluntario ou obrigatorio ou a prestación civil substitutoria terá os seguintes dereitos:

a) Reserva do posto de traballo, que se estenderá a dous meses posteriores á licencia.

b) Cómputo deste tempo para a antigüidade.

Artigo 33º.-Xustificantes médicos.

Será obriga da empresa proporcionar a cada centro de traballo os volantes de asistencia para uso dos traballadores no caso de enfermidade. O dito volante, selado e asinado polo médico e cuberto por este, deberá ser suficiente como xustificante do tempo de ausencia do traballador.

Artigo 34º.-Revisión médica.

A revisión médica anual e obrigatoria será por conta da empresa.

Artigo 35º.-Seguridade e hixiene.

Será de aplicación a vixente Lei de prevención de riscos laborais.

As empresas recoñecen o dereito dos empregados/as a traballar nun medio exento de riscos de acoso sexual e comprométense a non permitir nin tolerar ningún comportamento desa natureza.

Acoso sexual: denomínase acoso sexual aquelas conductas verbais ou físicas de natureza sexual que son consideradas ofensivas e non desexables pola persoa que as sofre.

As persoas comprométense a tratar con discreción e prontitude as reclamación que se presenten por este motivo tanto de xeito persoal ou a través dos comités de empresa ou delegados de persoal.

Tamén se comprometen a non exercer ningún tipo de represalias sobre as persoas que sufran ou denuncien actuacións deste tipo.

Artigo 36º.-Adscrición do persoal.

1. Ó termo da concesión dunha contrata de limpeza os traballadores da empresa contratista saínte pasarán a ser adscritos á nova titular da contrata quen se subrogarán en tódolos dereitos e obrigas, sempre que se dea algún dos seguintes supostos:

a) Traballadores en activo que presten servicios no dito centro cunha antigüidade mínima de seis meses, sexa cal fose a modalidade do seu contrato.

b) Traballadores que no momento do cambio de titularidade da contrata se atopen enfermos, accidentados, en excedencia, no servicio militar ou en situación análoga, sempre e cando prestasen os seus servicios no centro de traballo de subrogación con anterioridade á suspensión do contrato de traballo, e que reúnan a antigüidade mínima establecida na alínea a).

c) Traballadores que con contrato de interinidade substitúan a algúns dos traballadores citados na alínea anterior.

d) Traballadores de novo ingreso que por esixencias do cliente se incorporarán ó centro de traballo como consecuencia da ampliación da contrata, dentro dos últimos seis meses.

e) O persoal incorporado polo anterior titular a este centro de traballo dentro dos seis meses seguirá pertencendo á dita empresa e non se producirá a subrogación citada agás que se acredite a súa nova incorporación ó centro e a empresa.

2. Tódolos supostos anteriormente recollidos deberán ser acreditados fidedignamente e documentalmente pola empresa saínte no prazo de cinco días hábiles, mediante os documentos qu se detallan ó final deste artigo.

O indicado prazo contará desde o momento no que a empresa entrante lles comunique fidedignamente á saínte e á Asociación Provincial de Empresarios de Limpez da Coruña, se-la nova adxudicataria do servicio. De non cumprir este requisito a empresa entrante, automaticamente, e sen máis formalidades, subrogarase en todo o persoal que preste os seus servicios no centro de traballo.

En calquera caso, o contrato de traballo entre a empresa saínte e os traballadores só se extingue no momento que se produza a subrogación deste á nova adxudicataria.

3. Non operará a subrogación no caso dun contratista que realice a primeira limpeza e non subscribise contrato de mantemento.

4. Se a subrogación dunha nova titular da contrata implicase que un traballador realizase a súa xornada en dous centros distintos afectando a un só deles o cambio de titularidade da contrata, os titulares das mesmas xestións o pluriemprego legal do traballador, así como o desfrute conxunto de período vacacional, aboando a empresa saínte a liquidación por partes proporcionais das pagas correspondentes. Esta liquidación non implicará a liquidación, se se segue traballando para a empresa.

5. A aplicación deste artigo será de obrigado cumprimento polas partes que vincula, empresa cesante, nova adxudicataria e traballador.

Non desaparecerá o carácter vinculante deste artigo no caso de que a empresa adxudicataria do servicio suspendese este por un período inferior a dous meses; o dito persoal con tódolos seus dereitos adscribirase á nova empresa.

Documentos para facilitar pola empresa saínte á entrante:

-Documento de adscrición (anexo I).

-Certificado do organismo competente de estar ó día do pagamento da Seguridade Social.

-Fotocopias das 4 últimas nóminas do persoal afectado.

-Fotocopia dos TC1 e TC2 de cotización á Seguridade Social dos 4 últimos meses.

-Copia do último contrato de traballo e as súas prórrogas, no caso de existiren.

-Relación do persoal na que se especifique nome e apelidos, enderezo, nº de afiliación á Seguridade

Social, antigüidade, xornada, horario, modalidade da súa contratación e data de desfrute das súas vacacións.

-Igualmente, e dentro dos 16 días seguintes á subrogación, a empresa saínte estará obrigada a enviarlle á empresa entrante copia dos documentos, debidamente dilixenciados por cada traballador/a, no que se faga constar que este recibiu da empresa saínte a súa liquidación de partes proporcionais dos seus haberes ata o momento da subrogación, non quedando pendente ningunha cantidade. O incumprimento da entrega deste documento en nada afectará á subrogación dos traballadores/as.

Artigo 37º.-Contratos de aprendizaxe.

Os contratos de aprendizaxe en vigor terán a retribución correspondente para aplica-lo tanto por cento que establece a súa lei reguladora, sobre o salario establecido para cada categoría neste convenio.

Artigo 38º.-Contratos eventuais por circunstancias do mercado.

De conformidade co establecido no artigo 15.1º.b) do estatuto dos traballadores, o contrato por circunstancias do mercado a que se refire o dito artigo, poderá celebrarse por períodos que, individualmente ou en conxunto, non superen os doce meses dentro dun período de 16 meses.

No suposto de non producirse a extinción á terminación da vixencia máxima deste, se o traballador/a segue prestando servicios á empresa, o contrato transformarase en indefinido.

Este contrato só será de aplicación para o persoal que preste servicios directamente para as empresas do sector, nunca ós de empresas de traballo temporal.

Artigo 39º.-Incapacidade temporal.

Os traballadores afectados por este convenio que causen baixa por accidente laboral percibirán o 100 por 100 do salario convenio desde o primerio día de baixa.

Así mesmo, percibirán o 100 por 100 do salario convenio desde o primeiro día de baixa ata un máximo de catro meses, os traballadores que causen baixa de IT con hospitalización ou por intervención cirúrxica, independentemente de que parte do dito período estivese hospitalizado e parte de convalecencia domiciliaria.

O complemento de asistencia, as pagas extras e a paga de beneficios non se verán afectadas no seu importe habitual polas situacións de IT derivadas de accidente de traballo. Tampouco se verán afectados no seu importe polas baixas de IT recollidas no parágrafo anterior durante o período e nas condicións sinaladas nel. Con respecto á IT derivada de enfermidade común ou accidente non laboral terase en conta o disposto nos artigos 24º e 25º deste convenio, en relación co aboamento das pagas extraordinarias e gratificación de beneficios.

Artigo 40º.-Xubilación especial ós 64 anos.

No caso de que os traballadores, acolléndose ó Real decreto lei 14/1981, do 4 de agosto, opten á modalidade especial de pensión por xubilaciónós 64 anos de idade, as empresas afectadas por este

convenio obríganse a substituír simultaneamente ó traballador xubilado por outro que sexa titular do dereito a calquera das prestacións por desemprego ou xove demandante do primeiro emprego.

Artigo 41º.-Dereitos sindicais.

As empresas incluídas no ámbito funcional deste convenio descontarán na nómina mensual dos traballadores, por petición destes, o importe da cota sindical correspondente. Para o cal, os traballadores interesados remitirán á dirección da empresa un escrito no que expresarán con claridade a orde de desconto, a central ou sindicato á que pertencen, a contía da cota, así como o número da conta corrente ou libreta de aforros do banco ou caixa de aforros para poder ser transferida a citada cantidade.

Os traballadores que tendo a condición de represenantes sindicais realicen a súa xornada laboral en horas nocturnas poderán desfrutar-las horas sindicais que puideran corresponderlles na xornada laboral anterior ou posterior, de común acordo coa dirección da empresa e seguindo en todo caso criterios organizativos.

Seccións sindicais: amplíanse ás empresas de 50 ou máis traballadores tódolos dereitos sobre seccións sindicais de empresa, os estipulados na Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical.

Os que obteñan cargos a nivel provincial, autonómico ou estatal nas organizacións sindicais terán dereito á excedencia forzosa, con reserva do posto de traballo e reingreso automático. Así mesmo, terán dereito á asistencia e ó acceso ós centros de traballo para participaren en actividades propias do seu sindicato ou do conxunto dos traballadores, logo de comunicación ó empresario e sen que o exercicio deste dereito poida interrompe-lo desenvolvemento normal do proceso productivo.

As empresas facilitarán na medida das súas posibilidades a realización de asembleas cando fose necesario naqueles centros que reúnan condicións para iso e nos demais centros facilitarán ós traballadores a asistencia ás ditas asembleas cando se realicen noutro lugar. O exercicio deste dereito non afectará a xornada laboral polo que será recuperable o tempo de traballo que se vexa afectado pola realización das citadas asembleas.

Polo demais, as competencias e garantías da representación dos traballadores será a establecida nos artigos 64 e 68 do ET e na Lei orgánica de liberdade sindical.

Artigo 42º.-Normas supletorias.

Mentres non sexa subscrito un convenio marco ou norma equivalente, as partes comprométense a manter vixentes os textos da ordenanza laboral.

Artigo 43º.-Salario mínimo de convenio.

Para 1998, as partes asinantes deste convenio colectivo consideran como salario mínimo de convenio para os traballadores e traballadoras de xornada completa, maiores de 18 anos e en activo, o correspondente á categoría laboral de peón, que queda establecido en 1.447.701 pesetas brutas anuais distribuídas en soldo base, complemento de asistencia, complemento de transporte e pagas extras.

Para 1999, o salario mínimo de convenio será de 1.513.323 pesetas.

Artigo 44º.-Solución de conflictos.

As partes asinantes deste convenio, durante a súa vixencia, acordan someterse ás disposicións contidas no Acordo Interprofesional Galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflictos colectivos de traballo (AGA), nos propios termos en que están formuladas.

Disposicións adicionais

Primeira.-Todo o establecido neste convenio estará vixente e de plena aplicación ata que sexa substituído por outro convenio negociado polas partes. Non obstante, para favorece-lo interese negociador das partes, esta ultravixencia unicamente se producirá durante a anualidade completa seguinte á de vixencia normal do convenio.

Segunda.-As partes negociadoras deste convenio comprométense, ó remate desta negociación, a establece-los mecanismos necesarios para negociar un convenio do sector de ámbito galego.

Disposición transitoria

Os atrasos orixinados pola entrada en vigor deste convenio serán aboados polas empresas en dous prazos. O primeiro dentro do mes seguinte ó da data da súa publicación no diario oficial correspondente, e o segundo dentro dos dous meses seguintes ó anterior.

ANEXO I

DOCUMENTO DE ADSCRICIÓN

EmpresaNº Seg. Soc. .../

EnderezoCIF

Centro de traballo:

Traballador/aNº Seg. Soc. .../

EnderezoDNI

Data de antigüidadeCategoría laboral

Xornada diaria... horas... minutos. Xornada semanal... horas... minutos.

Horario de traballo: de a

de a

Observacións:

Pola empresaO traballador/a traballadora

Rubricado Rubricado

ANEXO II

Pesetas.

Salario base 1998Salario base 1999

MensualAnualMensualAnual

Administrativos

Xefe/a de primeira130.8411.962.615136.6402.049.600

Xefe/a de segunda125.9521.889.280131.5191.972.785

Caixeiro123.0011.845.015128.4281.926.420

Oficial de primeira118.5721.778.580123.7881.856.820

Oficial de segunda105.9051.588.575110.5201.657.800

Auxiliar97.0481.455.720101.2421.518.630

Telefonista94.3301.414.95098.3951.475.925

Cobrador/a94.3301.414.95098.3951.475.925

Mandos intermedios

Encargado/a xeral121.7811.826.715127.1501.907.250

Encargado/a de zona113.2531.698.795118.2171.773.255

Encargado/a de sector108.6701.630.050113.4161.701.240

Subalternos/as

Ordenanza88.1971.322.95591.9701.379.550

Almaceneiro/a86.5851.298.77590.2821.354.230

Mozo/a de recados70.0561.050.84072.9671.094.505

Persoal de limpeza

Encargado/a93.7791.406.68597.8171.467.255

Responsable de equipo89.3231.339.84593.1501.397.250

Especialista101.2671.519.005105.6611.584.915

Conductor/a-limpador/a106.0001.590.000110.6191.659.285

Peón especialista90.1591.352.38594.0251.410.375

Peón87.9631.319.44591.7251.375.875

Limpador/a87.9631.319.44591.7251.375.875

Plus de asistencia7.23386.7967.39988.788

Plus de transporte3.45541.4604.05548.660

ANEXO II

Euros.

Salario base 1998Salario base 1999

MensualAnualMensualAnual

Administrativos

Xefe/a de primeira786,3711.795,55821,2212.318,34

Xefe/a de segunda756,9911.354,80790,4511.856,68

Caixeiro/a739,2511.088,76771,8711.578,02

Oficial de primeira712,6310.689,48743,9811.159,71

Oficial de segunda636,509.547,53664,249.963,58

Auxiliar583,278.749,05608,489.127,15

Telefonista566,938.504,02591,378.870,49

Cobrador566,938.504,02591,378.870,49

Mandos intermedios

Encargado/a xeral731,9210.978,78764,1911.462,80

Encargado/a de zona680,6610.209,96710,5010.657,48

Encargado/a de sector653,129.796,80681,6410.224,66

Subalternos/as

Ordenanza530,077.951,12552,758.291,26

Almaceneiro/a520,397.805,79542,618.139,09

Mozo/a de recados421,056.315,68438,546.578,11

Persoal de limpeza

Encargado/a563,628.454,35587,898.818,38

Responsable de equipo536,848.052,63559,848.397,64

Especialista608,639.129,40635,049.525,53

Conductor/a-limpador/a637,079.556,09664,839.972,50

Peón especialista541,878.128,00565,108.476,52

Peón528,677.930,02551,288.269,18

Salario base 1998Salario base 1999

MensualAnualMensualAnual

Limpador/a528,677.930,02551,288.269,18

Plus de asistencia43,47521,6544,47533,63

Plus de transporte20,76249,1824,37292,45

ANEXO III

Pesetas.

Antigüidade

TrienioValor mes

Administrativos

Xefe/a de primeira5.234145

Xefe/a de segunda5.038140

Caixeiro/a4.920137

Oficial de primeira4.743132

Oficial de segunda4.236118

Auxiliar3.882108

Telefonista3.773105

Cobrador3.773105

Mandos intermedios

Encargado/a xeral4.871135

Encargado/a de zona4.530126

Encargado/a de sector4.347121

Subalternos/as

Ordenanza3.52898

Almaceneiro/a3.46396

Mozo/a de recados2.80278

Persoal de limpeza

Encargado/a3.751104

Responsable de equipo3.57399

Especialista4.051113

Conductor/a-limpador/a4.240118

Peón especialista3.606100

Peón3.51998

Limpador/a3.51998

ANEXO III

Euros.

Antigüidade

TrienioValor mes

Administrativos

Xefe/a de primeira31,450,87

Xefe/a de segunda30,280,84

Caixeiro/a29,570,82

Oficial de primeira28,510,79

Oficial de segunda25,460,71

Auxiliar23,330,65

Telefonista22,680,63

Cobrador22,680,63

Mandos intermedios

Encargado/a xeral29,280,81

Encargado/a de zona27,230,76

Antigüidade

TrienioValor mes

Encargado/a de sector26,120,73

Subalternos/as

Ordenanza21,200,59

Almaceneiro/a20,820,58

Mozo/a de recados16,840,47

Persoal de limpeza

Encargado/a22,540,63

Antigüidade

TrienioValor mes

Responsable de equipo21,470,60

Especialista24,350,68

Conductor/a-limpador/a25,480,71

Peón especialista21,670,60

Peón21,150,59

Limpador/a21,150,59

ANEXO IV

Pesetas.

TotalAnualMensual

15 por centoTransporteSalario baseTotalTransporteSalario baseTransporteS. base

Administrativos

Xefe/a de primeira288.61958.211230.40848.1039.07238.4018082.560

Xefe de segunda277.83558.211219.62446.3069.07236.6048082.440

Caixeiro271.32558.211213.11545.2219.07235.5198082.368

Oficial de primeira261.55658.211203.34543.5939.07233.8918082.259

Oficial de segunda233.61358.211175.40238.9369.07229.2348081.949

Auxiliar214.07658.211155.86635.6799.07225.9788081.732

Telefonista208.08058.211149.86934.6809.07224.9788081.665

Cobrador208.08058.211149.86934.6809.07224.9788081.665

Mandos intermedios

Encargado xeral268.63458.211210.42444.7729.07235.0718082.338

Encargado de zona249.82258.211191.61141.6379.07231.9358082.129

Encargado de sector239.71358.211181.50239.9529.07230.2508082.017

Subalternos/as

Ordenanza194.55358.211136.34232.4269.07222.7248081.515

Almaceneiro/a190.99658.211132.78531.8339.07222.1318081.475

Mozo/a de recados154.53558.211 96.32425.7569.07216.0548081.070

Persoal de limpeza

Encargado/a206.86558.211148.65434.4789.07224.7768081.652

Responsable de equipo197.03758.211138.82632.8409.07223.1388081.543

Especialista223.38258.211165.17237.2309.07227.5298081.835

Conductor/a-limpador/a233.82558.211175.61438.9719.07229.2698081.951

Peón especialista198.88058.211140.66933.1479.07223.4458081.563

Peón194.03658.211135.82532.3399.07222.6378081.509

Limpador/a194.03658.211135.82532.3399.07222.6378081.509

ANEXO IV

Euros.

TotalAnualMensual

15 por centoTransporteSalario baseTotalTransporteSalario baseTransporteS. base

Administrativos

Xefe/a de primeira1.734,63349,851.384,78289,1158,31230,804,8615,39

Xefe/a de segunda1.669,82349,851.319,97278,3058,31219,994,8614,67

Caixeiro1.630,70349,851.280,84271,7858,31213,474,8614,23

Oficial de primeira1.571,98349,851.222,13262,0058,31203,694,8613,58

Oficial de segunda1.404,04349,851.054,19234,0158,31175,704,8611,71

Auxiliar1.286,62349,85936,77214,4458,31156,134,8610,41

TotalAnualMensual

15 por centoTransporteSalario baseTotalTransporteSalario baseTransporteS. base

Telefonista1.250,59349,85900,73208,4358,31150,124,8610,01

Cobrador/a1.250,59349,85900,73208,4358,31150,124,8610,01

Mandos intermedios

Encargado/a xeral1.614,52349,851.264,67269,0958,31210,784,8614,05

Encargado de zona1.501,46349,851.151,61250,2458,31191,934,8612,80

Encargado de sector1.440,70349,851.090,85240,1258,31181,814,8612,12

Subalternos/as

Ordenanza1.169,29349,85819,43194,8858,31136,574,869,10

Almaceneiro/a1.147,91349,85798,05191,3258,31133,014,868,87

Mozo de recados928,77349,85578,92154,8058,3196,494,866,43

Persoal de limpeza

Encargado/a1.243,28349,85893,43207,2158,31148,914,869,93

Responsable de equipo1.184,22349,85834,36197,3758,31139,064,869,27

Especialista1.342,55349,85992,70223,7658,31165,454,8611,03

Conductor/a-limpador/a1.405,31349,851.055,46234,2258,31175,914,8611,73

Peón especialista1.195,29349,85845,44199,2258,31140,914,869,39

Peón1.166,18349,85816,32194,3658,31136,054,869,07

Limpador/a1.166,18349,85816,32194,3658,31136,054,869,07