Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Mércores, 21 de xullo de 1999 Páx. 9.445

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/126-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. rúa Pino.

Situación: Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 90 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T. TRO 7.10 á altura do cruzamento das rúas Párroco J. Otero e Pino, alimentando en bucle o C.T. que se proxecta na Rúa Pino, concello de Vigo, remantando na mesma liña. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V. R.B.T., aéreo-subterránea, de 70 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., no tramo aéreo, e 120 m de lonxitude e conductor tipo R.V., no tramo subterráneo.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.

Pontevedra, 2 de xuño de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

6493