Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Mércores, 21 de xullo de 1999 Páx. 9.462

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso, con procedemento aberto, de asistencia á deputación para a contratación do control e vixilancia da seguridade e saúde das obras incluídas na 2ª fase da primeira programación plurianual das obras incluídas no convenio Xunta-Deputación para a reforma e construcción de instalacións deportivas 1997-2001.

1. Obxecto: o concurso ten por obxecto a contratación da asistencia á Deputación para o control e vixilancia da seguridade e saúde das obras incluídas na 2ª fase da primeira programación plurianual das obras incluídas no convenio Xunta-Deputación para a reforma e construcción de instalacións deportivas 1997-2001, que figuran no anexo, cos orzamentos, garantías e clasificación que se relacionan.

2. Información: Sección de Patrimonio e Contratación.

3. Proposicións: poderán presentarse na Sección de Patrimonio e Contratación en horas de 9 a 13 dentro do prazo dos trece días naturais, que comezará a contar desde o seguinte ó da publicación do presente anuncio.

4. O texto íntegro do presente anuncio figura no BOP.

5. Gastos de anuncios: os gastos do presente anuncio serán por conta do adxudicatario.

A Coruña, 13 de xullo de 1999.

Augusto César Lendoiro

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña

ANEXO

Asistencia á Deputación para o control e vixilancia da seguridade e saúde das obras incluídas na 2ª fase da primeira programación plurianual das obras incluídas no convenio Xunta-Deputación para a reforma e construcción de instalacións deportivas 1997-2001.

Denominación da obra

Lugar de execución

OrzamentoAnualidades da obra que se

vai dirixir

Prazo de

execución da

obra que se vai

dirixir

ClasificaciónGarantía

provisional

Garantía

definitiva

Lote 1

Reforma pavillón polideportivo. Concello de Dodro.83.785 ptas.

503,56 euros

Ano 1999: 83.785 ptas.

503,56 euros

Comprenderá o prazo de execución da obras desde a acta de comprobación do replanteo das obras ata a de recepción destas.Non se esixeNon se esixeNon se esixe

Reforma pavillón polideportivo. Concello de Trazo.205.356 ptas.

1.234,21 euros

Ano 1999: 205.356 ptas.

1.234,21 euros

Comprenderá o prazo de execución da obra desde a acta de comprobación do replanteo das obras ata a de recepción destas.Non se esixeNon se esixeNon se esixe