O Decreto 117/1999, do 23 de abril (DOG nº 86, do 6 de maio de 1999), modificou a estructura orgánica da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, no referente ás direccións xerais de Familia e de Formación e Colocación dado o incremento de volume de traballo nas áreas de familia e emprego.
Todo isto, así como a necesidade de adecua-lo cadro de persoal dos centros dependentes da consellería ás necesidades reais deles, fai necesario modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.
Por todo isto, por proposta da devandita consellería, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día quince de xullo de mil novecentos noventa e nove, adoptou o seguinte
ACORDO:
Primeiro.-Modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.
Segundo.-Ordena-la publicación da dita modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.
Terceiro.-Clasificar como posto de libre designación de acordo coa motivación que se especifica o seguinte:
Código Denominación Motivación
Posto de confianza
FA.C03.00.000.15770.001 Secretario/a (Director xeral de Familia) Artigo 6 da orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 21 de novembro de 1989 (DOG nº 232, do 4 de decembro)
Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do quince de xullo de mil novecentos noventa e nove, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se
publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 16 de xullo de 1999.
Jaime Pita Varela
Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

