Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Xoves, 22 de xullo de 1999 Páx. 9.474

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector do comercio de maioristas de froitas, hortalizas e bananas da provincia da Coruña.

Visto o expediente do convenio colectivo do sector do comercio de maioristas de froitas, hortalizas e bananas da provincia da Coruña que tivo entrada nesta delegación provincial o día 17-6-1999, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Asentadores y Mayoristas de Frutas, e da parte social por CC.OO. o día 12-5-1999, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio,

sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 11 de xuño de 1999.

María Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo 1999 do sector maiorista de froitas varias, hortalizas e bananas.

Artigo 1º.-Ámbito.

O presente convenio é de aplicación para tódalas empresas dedicadas ó comercio por xunto de froitas varias, hortalizas e bananas, radicados na provincia da Coruña e os seus traballadores.

Artigo 2º.-Vixencia.

Este convenio entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 1999 e estará vixente para tódolos efectos, ata o 31 de decembro de 1999.

Artigo 3º.-Denuncia.

Prorrogarase de ano en ano se ningunha das dúas partes o denuncia cunha antelación dun mes á data do termo da súa vixencia. A denuncia deberá comunicarse ó organismo competente da Administración e á outra parte interesada.

Artigo 4º.-Normas supletorias.

Considéranse normas supletorias deste convenio as de carácter xeral, texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, así como os regulamentos de réxime interior daquelas empresas que o teñan en vigor, máis todo o que en materia laboral teña plena vixencia e non vaia contra o pactado neste convenio colectivo.

Artigo 5º.-Comisión paritaria.

Cantas dúbidas e diverxencias poidan xurdir na interpretación deste convenio someterase obrigatoriamente á comisión paritaria, que estará integrada por dous membros da parte social e outros dous da parte económica.

Artigo 6º.-Enfermidade, accidente e maternidade.

As empresas aboaranlle ó traballador en situación de baixa por IT, accidente laboral ou maternidade, e por un período máximo de doce meses, un complemento que, sumado á prestación da Seguridade Social, alcance o cento por cento do importe íntegro do seu salario. O importe non poderá ser nunca superior ó que perciba en situación de alta no traballo.

Artigo 7º.-Xornada de traballo.

As empresas e traballadores manterán durante a vixencia do presente convenio e con carácter xeral, unha xornada semanal de 40 horas, de luns a venres. Esta xornada adecuarase no caso da Coruña, á apertura do mercado central de froitas da Coruña, que quedará establecida da seguinte maneira:

O horario de mañá será de 6.30 a 12 e o de tarde de 16.30 a 19.00 horas.

Se por necesidades do mercado houbese que abri-los domingos, a xornada sería só de mañá.

Estas aperturas, polo seu carácter excepcional, compensaranse en tempo libre, equivalente a un día completo por cada mañá traballada ou a súa equivalencia económica.

As empresas acollidas a este convenio e non situadas no mercado central de froitas da Coruña, poderán establecer sobre este horario modificacións permitidas pola lei.

Excluídos destes horarios quedan os vixilantes e serenos pola especificidade do seu traballo a quendas.

Artigo 8.-Vacacións.

Os traballadores afectados por este convenio desfrutarán de trinta días naturais de vacacións anuais retribuídas. Os traballadores coñecerán as datas que lles correspondan dous meses antes, alomenos, do comezo do desfrute das súas vacacións.

Artigo 9º.-Salario hora profesional.

Para a súa determinación teranse en conta os conceptos seguintes:

a) Salario base.

b) Pagas extraordinarias de beneficios, xullo e Nadal.

c) Complemento antigüidade. Os conceptos anteriores refírense a unha xornada de 1.826 horas de cómputo anual.

Artigo 10.-Estructura salarial.

A estructura salarial de retribucións deste convenio preséntase e defínese de acordo co seguinte:

Salario base: retribución establecida para cada categoría profesional, por unidade de tempo.

Complementos de salario: cantidades que, se é o caso, deben adicionarse ó salario por algún dos seguintes conceptos:

-Persoais: antigüidade.

-Por calidade ou cantidade de traballo: horas extras.

-Por vencemento periódico superior ó mes: paga de xullo, paga de Nadal e paga de beneficios.

-Devengos non salariais: complemento de transporte.

Artigo 11º.-Horas extraordianarias.

Aboaranse con recarga do 75% sobre o valor da hora ordinaria.

A teor do exposto neste sector as horas extraordinarias realizadas en domingos e festivos aboaranse cunha recarga do 100% do seu valor.

Ambas partes acordan a conveniencia de reducir ó mínimo indispensable as horas extraordinarias de acordo cos seguintes criterios:

1. Horas extraordinarias habituais: supresión.

2. Horas extraordinarias que veñan esixidas pola necesidade de reparar sinistros e outros danos extraordinarios urxentes, así como o caso de risco de perda de materias primas; realización e sen ningunha recarga sobre o valor da hora ordinaria.

3. Horas extraordinarias estructurais, que son as necesarias para pedidos ou períodos punta de producción, ausencias imprevisas, cambios de quenda e outras circunstancias de carácter estructural, derivadas da natureza da actividade de que se trate: mantemento, sempre que non caiba a utilización das modalidades de contratación temporal ou parcial previstas na lei.

Será obrigatorio facer constar na nómina oficial de salario o número ou importe das horas extraordinarias realizadas.

Artigo 12º.-Gratificacións extraordinarias.

Aboaranse en tres pagas extras, que se farán efectivas nos días laborables inmediatamente anteriores ó 22 de xullo, 22 de decembro e ó 22 de marzo. A contía das tres pagas será de 30 días de salario real, máis antigüidade.

Artigo 13º.-Licencias retribuídas.

O traballador, logo de aviso xustificado, poderá ausentarse do traballo con dereito a remuneración, por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

a) 15 días naturais en caso de matrimonio.

b) 3 días nos casos de nacemento de fillo ou enfermidade grave ou falecemento de parentes ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade; cando con tal motivo o traballador necesite facer un desprazamento para o efecto o prazo será de dous días máis.

c) 2 días por traslado de domicilio habitual.

d) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal.

Cando conste unha norma legal ou convencional e un período determinado, haberá que aterse ó que figura nesta disposición, en canto á duración da ausencia e á súa compensación económica.

Cando o cumprimento do deber antes referido supoña a imposibilidade da prestación do traballo debido en máis do vinte por cento das horas laborables, nun período de tres meses, poderá a empresa pasar ó traballador afectado á situación de excedencia regulada no punto 1º do artigo 46 do Estatuto dos traballadores.

No suposto de que o traballador, por cumprimento do deber ou desempeño do cargo perciba unha indemnización, descontarase o importe dela do salario a que tivera dereito na empresa.

e) Para realizar funcións sindicais ou de representación do persoal nos termos establecidos legal ou convencionalmente.

f) Las trabajadoras por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo que poderán dividir en dúas fraccións. A muller, pola súa vontade, poderá substituír este dereito pola reducción da xornada laboral en media hora coa mesma finalidade.

g) Quen por razóns de garda legal teña ó seu coidado algún menor de seis anos ou a un diminuído físico ou psíquico que non desempeñe outra actividade retribuída, terá dereito a unha reducción da xornada de traballo coa diminución proporcional do salario entre, alomenos, un tercio e un máximo da metade da duración daquela.

Artigo 14º.-Roupas de traballo.

Haberá que aterse ó disposto na lexislación vixente na materia, se ben se entregará a tódolos traballadores dúas pezas ó ano, como mínimo, sempre e cando o necesiten en función da actividade que se vai desenvolver e de acordo coas normas de seguridade e hixiene no traballo.

Artigo 15º.-Complemento de transporte.

Establécese un complemento de transporte cunha cantidade de 6.335 pesetas mensuais para axudar a gastos de desprazamento e aboables en 12 pagas.

Por razón da súa natureza, este complemento non será absorbible nin compensable por ningún concepto.

Artigo 16º.-Período de xubilación anticipada e voluntaria.

As empresas aboarán un complemento de xubilación a aqueles traballadores que con dez anos de antigüidade como mínimo nela, se xubilen de mutuo acordo coa empresa. A súa contía irá en pesetas:

Por xubilación voluntaria ós 60 anos: 350.000 pesetas.

Por xubilación voluntaria ós 61 anos: 300.000 pesetas.

Por xubilación voluntaria ós 62 anos: 250.000 pesetas.

Por xubilación voluntaria ós 63 anos: 200.000 pesetas.

Por xubilación voluntaria ós 64 anos: 150.000 pesetas.

Para a súa percepción deberá solicitarse no prazo de tres meses desde o cumprimento da idade correspondente. Se cumpridos os 64 anos de idade e seis máis, o traballador non solicitase a xubilación, perderá o dereito a este complemento.

Este artigo quedará en suspenso no caso de que por disposición de rango superior, se reducise a idade de xubilación.

Artigo 17º.-Despedimento por reestructuración do cadro de persoal.

As empresas quedan obrigadas á readmisión prioritaria dos traballadores suspendidos en caso dunha nova ampliación do cadro de persoal; a antigüidade, en caso de que percibisen indemnización, será da data de reingreso; en caso contrario, respectarase a antigüidade primitiva.

Artigo 18º.-Complemento de antigüidade.

Aboarase de acordo co importe por cada cuadrienio, das táboas salariais anexas.

Artigo 19º.-Condicións máis beneficiosas.

Respectaranse aquelas condicións individualmente recoñecidas que en conxunto sexan máis beneficiosas cás estipuladas neste convenio.

Artigo 20º.-Axudas de custo.

Os traballadores afectados polo presente convenio, nos casos de que por razón do seu traballo teñan que comer, cear, pernoitar, etc., fóra do seu domicilio habitual, cobrarán as seguintes axudas de custo: comida (1.250 ptas.), comida e cea (1.750 ptas.), comida, cea e durmida (3.000 ptas.); en caso de superar estas condicións, presentaranse as facturas correspondentes.

Artigo 21º.-Dereitos sindicais.

As empresas respectarán o dereito de tódolos traballadores a sindicarse libremente, admitirán que os traballadores afiliados a un sindicato poidan recadar cotas ou distribuír información sindical fóra de horas de traballo e sen perturba-la actividade normal das empresas. Non poderán suxeita-lo emprego dun traballador á condición de que se afilie ou renuncie á súa afiliación sindical e tampouco despedir a un traballador ou prexudicalo de calquera outra forma, a causa da súa afiliación ou actividade sindical. Os sindicatos poderán remitir información a todas aquelas empresas nas que dispoña de afiliación apreciable, co fin de que sexa distribuída fóra das horas de traballo e sen que, en todo caso, o exercicio de tal práctica puidese interrompe-lo desenvolvemento do proceso productivo.

Por requirimento dos traballadores afiliados ás centrais ou sindicatos que teñan a representación a que se refire este punto, as empresas descontarán na mínima mensual dos traballadores o importe da cota sindical correspondente. O traballador interesado na realización de tal operación remitirá á dirección da empresa un escrito no que expresará con claridade a orde de desconto, a central ou sindicato ó que pertence, a contía da cota así como o número da conta corrente ou cartilla da caixa de aforros á que debe ser transferida a correspondente cantidade. As empresas efectuarán as anteditas detraccións, agás indicación en contrario durante períodos dun ano.

A dirección da empresa entregará copia da transferencia á representación sindical da empresa se a houber.

Excedencias.

Poderán solicita-la situación de excedencia aquel traballador en activo que tivera un cargo sindical de relevancia provincial e nacional en calquera das súas modalidades. Permanecerá en tal situación mentres se atope no exercicio do dito cargo, reincorporándose á súa empresa se o solicitase, no termo dun mes ó finaliza-lo desempeño del.

Nas empresas con cadro de persoal inferior a 50 traballadores, os afectados polo termo da súa excedencia cubrirán a primeira vacante que do seu grupo profesional se produza no seu cadro de persoal de pertenza, agás pacto individual en contrario.

Participación das negociacións de convenios colectivos: ós delegados sindicais ou cargos de relevancia nacional das centrais recoñecidas no contexto do presente convenio implantadas nacionalmente e que participen nas comisións negociadoras de convenios colectivos, mantendo a súa vinculación como traballadores en activo dalgunha empresa, seranlle concedidos permisos retribuídos por estas co fin de faci

litárllelo labor como negociadores e durante o transcurso da antidita negociación, sempre que a empresa estea afectada pola negociación en cuestión.

Funcións do delegado de persoal.

Ademais dos dereitos recoñecidos polas leis, terán dereito a seren informados con carácter previo á súa execución pola empresa, sobre a reestructuración do cadro de persoal, peches totais ou parciais, definitivos ou temporais e as reduccións de xornada, sobre o traslado total ou parcial das instalacións empresariais e sobre os plans de formación profesional da empresa.

En función da materia de que se trate, deberán ser informados:

Sobre a implantación ou revisións de sistemas de organización do traballo e calquera das súas posibles consecuencias (estudios de tempo, establecidos de sistemas, de primas ou incentivos e valoración de postos de traballo).

Sobre a función, absorción ou modificación do estatus xurídico da empresa, cando iso supoña calquera incidencia que afecte o volume de emprego.

O empresario facilitará ó delegado de persoal o modelo ou modelos de contratos de traballo que habitualmente se utilice. Sobre sancións impostas por faltas moi graves, e en especial en supostos de despedimento.

Exerce-lo labor de vixilancia sobre as seguintes materias:

1. Cumprimento das normas vixentes en materia laboral e de Seguridade Social, así como respecto ós pactos, condicións e usos de empresa en vigor, formulando, se é o caso, as accións legais oportunas ante as empresas e os organismos ou tribunais competentes.

2. As condicións de seguridade e hixiene no desenvolvemento do traballo da empresa.

Colaborar coa dirección da empresa para consegui-lo cumprimento de cantas medidas procuren o mantemento e o incremento da productividade da empresa. Velarán non só porque nos procesos de selección de persoal, cumpran a normativa vixente, senón tamén polos principios de non discriminación, igualdade de sexo ou fomento dunha política racional de emprego.

Garantías.

Ningún membro do comité de empresa ou delegado de persoal poderá ser despedido ou sancionado durante o exercicio das súas funcións nin dentro do ano seguinte ó seu cesamento, agás que este se produza por revogación ou demisión e sempre que o despedimento ou sanción se baseen na actuación do traballador no exercicio legal da súa representación. Se o despedimento ou calquera outra sanción por supostas faltas graves obedecesen a outras causas, deberá tramitarse o expediente contradictorio, no que serán oídos á parte do interesado, o delegado de persoal e o delegado do sindicato ó que pertenza, no suposto de que se achase recoñecido como tal na empresa.

Posuirán prioridade de permanencia na empresa ou centro de traballo respecto dos demais traballadores, nos supostos de suspensión ou extinción por causas tecnolóxicas ou económicas.

Non poderán ser discriminados na súa promoción económica ou profesional por causas ou en razón do desempeño da súa representación.

Poderán exerce-la liberdade de expresión no interior da empresa nas materias propias da súa representación, podendo publicar ou distribuír sen perturba-lo normal desenvolvemento do proceso productivo, aquelas publicacións de interese laboral ou social, comunicando todo iso previamente á empresa e exercendo tales tarefas de acordo coa normativa legal vixente para tal efecto.

Disporán do crédito de horas mensuais retribuídas que a lei determina.

Artigo 22º.-Incremento salarial.

Para o presente ano establécese un incremento salarial do 2,9% sobre as táboas salariais de 1999; os seus salarios resultantes recóllense na táboa salarial anexa ó presente convenio.

Ámbalas partes acordan mante-lo establecido nos convenios, no Estatuto dos traballadores e disposicións legais durante 1999.

Artigo 23º.-Contratos de formación.

Poderanse celebrar contratos de formación para tódalas categorías profesionais, incluso para os mozos e mozos especializados, os cales, se cumpren os dous anos de contrato de formación e continúan prestando os seus servicios na empresa, pasarán automaticamente á categoría de envasador/a ou repoñedor/a.

Os ditos contratos de formación poderanse efectuar cos traballadores en idades comprendidas entre os 16 anos e os menores de 21 anos.

Ós traballadores menores de 21 anos e maiores de 19 que sexan contratados a través do dito contrato de formación, aínda cando superen a idade de 21 anos, poderáselles prorroga-lo dito contrato ata o tempo máximo de dous anos.

As retribucións salariais para os traballadores contratados con esta modalidade de contratos serán iguais ó 80% e 90% do salario base da súa categoría profesional vixente en cada momento durante e respectivamente o primeiro e segundo ano de vixencia do contrato.

Artigo 24º.-Contrato en prácticas.

A retribución dos traballadores cun contrato en prácticas será o 80% e 90% do salario da súa categoría profesional durante o primeiro ano de contrato respectivamente.

Artigo 25º.-Contrato eventual.

1) En atención ás especiais características do sector que leva consigo a frecuente e irregulares períodos nos que se acumulan as tarefas, as empresas poderán concertar contratos eventuais, ó abeiro do establecido neste convenio colectivo e no artigo 15 b) do EI; polo prazo máximo de 12 meses dentro dun período máximo de 18 meses.

2) De conformidade co establecido no Real decreto 2720/1998, do 18 de decembro, artigo 3 d), cando se concerten estes contratos por un prazo inferior ó máximo establecido, poderán prorrogarse por acordo das partes, unha soa vez, polo tempo que se considere necesario, sen que a duración total do contrato poida

exceder de 12 meses dentro do período máximo de 18 meses.

3) Naqueles casos en que o contrato se concertase por un prazo inferior ó máximo establecido, e chegado ó seu termo non existise denuncia previa de ningunha das dúas partes nin existise acordo expreso de prórroga pero se continuase realizando a prestación laboral, entenderase prorrogado tacitamente ata a correspondente duración máxima de 12 meses.

4) Entenderase para tódolos efectos previstos neste precepto que concorren as circunstancias previstas no artigo 15.1º b) do ET, coa simple remisión do presente artigo deste convenio colectivo, realizada no contrato de traballo.

Artigo 26º.-Cesamento voluntario.

O traballador cunha antigüidade na empresa superior a un ano, en caso de cesar voluntariamente na empresa, deberá notifica-la dita decisión ó empresario cunha antelación mínima de 15 días. No suposto de que o dito aviso se incumpra total ou parcialmente, a empresa poderá descontarlle ó traballador, na súa liquidación e finiquito, o importe do salario diario polo número de días do período de aviso incumprido.

Artigo 27º.-Cláusula de desvinculación salarial.

Os compromisos en materia salarial contidos no presente convenio serán de aplicación para tódalas empresas afectadas polo ámbito funcional.

Para as empresas que pretendan acollerse á cláusula regulada no presente artigo establécense os seguintes mecanismos:

1. Comisión paritaria do convenio.

2. Mecanismo do AGA.

A tódolos mecanismos citados anteriormente achegarase a seguinte documentación:

-Acreditación por medio da contabilidade oficial dos resultados dos dous últimos exercicios nos que se demostre que durante estes se producen perdas reais. Non obstante, naqueles casos en que a estabilidde de emprego se vexa seriamente comprometida por causas económicas, para a aplicación da citada cláusula, teranse en conta soamente os datos económicos do exercicio anterior.

-Plan de viabilidade para o período que se pretende a aplicación da dita cláusula de exención e a xustificación económica e a súa repercusión real no melloramento global dos resultados da empresa.

Artigo 28º.-Cambio de categoría profesional.

-O persoal coa categoría profesional de mozo/a ó cumprir un cuadrienio de estadía continuada na empresa, pasará automaticamente á categoría de mozo/a especialista, cos dereitos e obrigas recollidos no presente convenio e normativa laboral vixente.

-O persoal coa categoría profesional de auxiliar administrativo/a, ó cumprir un cuadrienio de estadía continuada na empresa, pasará automaticamente á categoría de administrativo/a cos dereitos e obrigas recollidos no presente convenio e na normativa laboral vixente.

-O persoal coa categoría profesional de administrativo/a, ó cumprir dous cuadrienios de estadía continuada na empresa, pasará automaticamente á cate

goría de oficial administrativo/a cos dereitos e obrigas recollidos no presente convenio e normativa laboral vixente.

-O mozo especialista ó cumprir dous cuadrienios de antigüidade na empresa, pasará a cobra-lo salario correspondente á categoría de dependente, non obstante, continuará desempeñando as mesmas funcións de mozo especialista.

ANEXO I

Táboas salariais ano 1999

Categoría profesionalSalario

mensual

Antigüidade

cuadrienio

Salario

anual

Director comercial99.4573.4001.491.855
Encargado xeral99.4573.4001.491.855
Oficial administrativo92.9663.4001.394.498
Administrativo90.1293.4001.351.935
Auxiliar administrativo89.0023.4001.335.030
Aux. Administ. menor 18 anos77.5853.4001.163.744
Dependente90.1293.4001.351.935
Axudante89.0023.4001.335.030
Chofer90.1293.4001.351.935
Chofer repartidor90.1293.4001.351.935
Mecánico90.1293.4001.351.935
Axudante mecánico87.7213.4001.315.815
Mozo especialista89.4753.4001.342.125
Mozo87.7213.4001.315.815
Axudante menor 18 anos77.5851.163.775
Vixilante, sereno, ordenanza87.7213.4001.315.815
Persoal limpeza87.7213.4001.315.815