Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha.
Enderezo social: Tte. Xral. Gómez Zamalloa, 9-1º, 15000 A Coruña.
Denominación: Modf. L.M.T. aéreas a Subtren C.T. urbano e C.T. Cristal de 250 kVA.
Situación: Laracha.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV, de 105 m de lonxitude que parte do novo C.T. Cristal e remate na arqueta r/ Eusebio Bertoa Queijo, en conductor R.H.V. 12/20 kV de 95 mm Al. L.M.T. subterránea provisional de 55 m de lonxitude que parte da L.M.T. Santa Lucía a telefónica e remate no paso aéreo-subterráneo a C.T. Mallo. C.T. tipo interior que se vai construír en edificio r/ Epifanio Campo Núñez de 250 kVA denominado C.T Cristal e C.T. provisional tipo prefabricado de 250 kVA situado sobre arqueta subterránea en r/ Epifanio Campo Núñez. Concello de Laracha.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos con
dicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.
A Coruña, 18 de xuño de 1999.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña

