Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Xoves, 22 de xullo de 1999 Páx. 9.502

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 1999 pola que se somete a información pública a relación de propietarios e titulares de bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do proxecto de accesos ó parque empresarial de Bértola e proxecto de conexión ós servicios externos para o parque empresarial de Bértola en Vilaboa (Pontevedra).

Aprobado definitivamente polo Pleno do Consello da Xunta de Galicia con data do 17 de xullo de 1998 (DOG do 3 de setembro), o Plan sectorial de infraestructuras de Vilaboa e os proxectos sectoriais que o desenvolven; proxecto de accesos ó parque empresarial de Bértola e proxecto de conexión ós servicios externos para o parque empresarial de Bértola-Vilaboa (Pontevedra), polo que se declara de

utilidade pública para os efectos expropiatorios o plan citado.

Vistos os artigos 15, 17 e seguintes da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, polos que se lles esixe ós beneficiarios da expropiación a formulación dunha relación concreta e individualizada de bens e dereitos de necesaria expropiación, todo iso para os efectos da resolución sobre a necesidade da ocupación e por un prazo de 15 días sométese a información pública a relación de bens e dereitos que se precisa ocupar para a execución do mencionado proxecto, de conformidade co plan aprobado.

O expediente estará exposto no Concello de Pontevedra e no de Vilaboa, e na Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Pontevedra, para coñecemento público durante 15 días, contados a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Durante o dito prazo, todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las alegacións que consideren oportunas na Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, sito na r/ Alcalde Hevia, s/n, Pontevedra.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 1999.

José Antonio Redondo López

Director do Instituto Galego da Vivienda e Solo