A Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, dispón no seu artigo 4 que lles corresponde ás administracións educativas competentes establece-los currículos dos ciclos formativos.
En aplicación do devandito artigo, de acordo coas atribucións recollidas no Estatuto de autonomía, no Real decreto 1763/1982, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación e no Real decreto 676/1993, do 7 de maio, que establece as directrices xerais sobre os títulos de formación profesional e as súas ensinanzas mínimas, díctase o Decreto 239/1995, do 28 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas de formación profesional e as directrices sobre os seus títulos na Comunidade Autónoma de Galicia, determinando os aspectos que deben cumpri-los currículos dos diferentes ciclos formativos.
O Real decreto 1653/1994, do 22 de xullo, establece o título de técnico superior en comercio internacional e as súas correspondentes ensinanzas mínimas, en consonancia co devandito Real decreto 676/1993.
O Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro, adscribe o profesorado dos corpos de profesores de ensinanza secundaria e profesores técnicos de formación profesional ás especialidades propias da formación profesional específica.
O Real decreto 777/1998, do 30 de abril, polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, completa a ordenación básica relativa a estas ensinanzas.
Seguindo os principios xerais que rexerán a actividade educativa, recollidos nos preceptos anteriores, o currículo dos ciclos formativos da formación profesional específica establécese de xeito que permita a adaptación da nova titulación ó eido profesional e de traballo na realidade socioeconómica galega e ás necesidades de cualificación do sector productivo da nosa economía, tendo en conta a marxe suficiente de autonomía pedagóxica que posibilite ós centros adecua-la docencia ás características do alumnado e ó contorno sociocultural do centro.
Isto require o posterior desenvolvemento nas programacións elaboradas polo equipo docente do ciclo formativo que concrete a adaptación sinalada, tomando como referencia inmediata as capacidades profesionais que definen o perfil profesional do título. Estas permitirán realiza-lo rol do posto de traballo
en actividades específicas que producen resultados concretos, dirixi-las variacións que se dan na práctica do traballo e nos procesos productivos, actuar correctamente ante anomalías, dirixi-lo conxunto do traballo e acada-los obxectivos da organización, así como establecer prioridades e actuar en coordinación con outros departamentos.
O currículo que se establece no presente decreto desenvólvese tendo en conta os obxectivos xerais que fixan as capacidades que o alumnado debe acadar ó finaliza-lo ciclo formativo, e describen o conxunto de aptitudes que configura a cualificación profesional, así como os obxectivos dos distintos módulos profesionais, expresados neste decreto como capacidades terminais elementais, que definen en termos de resultados avaliables o comportamento, saber e comprender que se require do alumnado para acada-los logros profesionais do perfil profesional.
Estas capacidades acádanse a partir duns contidos mínimos necesarios de tipo conceptual, procedemental e actitudinal, que proporcionarán o soporte de información e destreza precisos para desenvolver comportamentos profesionais, tanto no aspecto tecnolóxico como de valoración funcional e técnica. Estes contidos son igualmente importantes xa que todos eles levan a acada-las capacidades terminais elementais sinaladas en cada módulo. Preséntanse agrupados en bloques que non constitúen un temario nin son unidades compartimentadas que teñan por si mesmas sentido, a súa estructura responde a aquilo que deberá ter en conta o profesorado á hora de elabora-las programacións de aula e a orde na que se presentan non implica secuencia.
O proxecto integrado, que se inclúe neste ciclo formativo, permite comprender globalmente os aspectos sobresaíntes da competencia profesional característica do título que foron abordados noutros módulos profesionais. Ademais, integra ordenadamente distintos coñecementos sobre organización, características, condicións, tipoloxía, técnicas e procesos que se desenvolvan nas diferentes actividades productivas do sector ó que corresponda o título e, ó mesmo tempo, permite adquirir coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes que favorecen o desenvolvemento daquelas capacidades relacionadas coa profesión que, sendo demandadas polo contorno productivo en que radica o centro, non puideron ser recollidas no resto dos módulos profesionais.
A inclusión do módulo de formación en centros de traballo (FCT) posibilita que o alumnado complete a competencia profesional acadada no centro educativo, mediante a realización dun conxunto de actividades productivas e/ou de servicios, contidos, do centro de traballo. Estas actividades de referencia poden ser modificadas ou substituídas por outras que, adaptándose mellor ó proceso productivo ou de servicios do centro de traballo, conduzan á adquisición das capacidades terminais deste módulo.
Os centros educativos disporán dun determinado número de horas que lles permitirán realiza-lo
desenvolvemento curricular establecendo os obxectivos, contidos, criterios de avaliación, secuencia e metodoloxía que respondan ás características do alumnado e ás posibilidades de formación que ofrece o seu contorno.
Por todo isto, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, co informe do Consello Galego de Ensinanzas Técnico-Profesionais e do Consello Escolar de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dous de xullo de mil novecentos noventa e nove,
DISPOÑO:
I. Título, perfil e currículo
Artigo 1º.-Identificación do título.
1. Este decreto establece o currículo que será de aplicación na Comunidade Autónoma galega para as ensinanzas de formación profesional relativa ó título de técnico superior en comercio internacional, regulado polo Real decreto 1653/1994, do 22 de xullo, polo que se aproban as ensinanzas mínimas.
2. A denominación, nivel de formación profesional e duración do ciclo formativo son as que se establecen no punto 1 do anexo deste decreto.
Artigo 2º.-Perfil profesional.
A competencia xeral, capacidades profesionais, unidades de competencia, realizacións e criterios de realización, dominio profesional, así como a evolución da competencia e a posición no proceso productivo que definen o perfil profesional do título son as que se establecen no punto 2 do anexo deste decreto.
Artigo 3º.-Currículo do ciclo formativo.
O currículo do ciclo formativo é o que se establece no punto 3 do anexo deste decreto, sendo as capacidades terminais elementais os resultados avaliables de cada módulo.
II. Ordenación académica e impartición
Artigo 4º.-Admisión de alumnado.
Os criterios de prioridade na admisión de alumnado para acceder a este ciclo formativo en centros sostidos con fondos públicos son os que se expresan no punto 4.1 do anexo deste decreto.
Artigo 5º.-Profesorado.
1. As especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos que compoñen este título son as que se expresan no punto 4.2.1 do anexo deste decreto.
2. As materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas no presente título son as que se expresan no punto 4.2.2 do anexo deste decreto.
3. As titulacións declaradas equivalentes a efectos de docencia, son as que se expresan no punto 4.2.3 do anexo deste decreto.
Artigo 6º.-Espacios e instalacións.
Os requisitos de espacios e instalacións que deben reuni-los centros educativos para a impartición do presente ciclo formativo son os que se determinan no punto 4.3 do anexo deste decreto.
Artigo 7º.-Validacións, correspondencias a acceso a estudios universitarios.
1. Os módulos susceptibles de validación por estudios de Formación Profesional Ocupacional ou correspondencia coa práctica laboral son os que se especifican, respectivamente, nos puntos 4.4.1 e 4.4.2 do anexo deste decreto.
2. Sen prexuízo do anterior, por proposta dos ministerios de Educación e Cultura e de Traballo e Asuntos Sociais, poderanse incluír, se é o caso, outros módulos susceptibles de validación e correspondencia coa formación profesional ocupacional e a práctica laboral.
3. As persoas que cursen este ciclo formativo poderán unha vez que o superen acceder ós estudios universitarios que se indican no punto 4.4.3 do anexo deste decreto.
Artigo 8º.-Distribución horaria.
1. Os módulos profesionais deste ciclo formativo organizaranse segundo se establece no punto 4.5 do anexo deste decreto.
2. As horas de libre disposición que se inclúen neste punto serán utilizadas polos centros educativos para reforzar, nos módulos asociados a unidades de competencia, as capacidades de formación profesional de base ou de formación profesional específica, para lles dar resposta ás características dos alumnos, e ter en conta as necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu contorno socioproductivo.
Disposición adicional
Única.-A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá adecua-las ensinanzas deste ciclo formativo ás peculiares características da educación a distancia e da educación de persoas adultas, así como ás características dos alumnos con necesidades educativas especiais.
Disposicións derradeiras
Primeira.-Autorízase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para dictar cantas disposicións sexan precisas, no ámbito das súas competencias, para a execución e desenvolvemento do disposto no presente decreto.
Segunda.-O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 2 de xullo de 1999.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
Celso Currás Fernández
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria
ANEXO
1. Identificación do título.
-Denominación: comercio internacional.
-Nivel: formación profesional de grao superior.
-Duración: 2.000 horas.
2. Perfil profesional.
2.1. Competencia xeral:
Os requirimentos xerais de cualificación profesional do sistema productivo para este técnico son:
* Xestiona-los plans de actuación relacionados coas operacións de compravenda, almacenamento, distribución e financiamento no ámbito internacional, de acordo con obxectivos e procedementos establecidos.
* Actuar, se é o caso, baixo a supervisión xeral de licenciados e/ou diplomados.
2.2. Capacidades profesionais:
2.2.1. Capacidades técnicas:
* Identificar e interpreta-la normativa vixente no comercio internacional e as súas repercusións na documentación e tramitación correspondente ás operacións de importación e exportación e operacións intracomunitarias e a súa tramitación.
* Adaptarse ós cambios frecuentes que se producen na normativa vixente do comercio internacional.
* Realizar operacións de compravenda de mercadorías a nivel internacional, levando a cabo a negociación de determinados aspectos, de acordo coas características estructurais e conxunturais do país co que se establece a relación comercial e observando a normativa vixente.
* Manter actualizada a información sobre as novas modalidades que aparecen no mercado de envases, embalaxes e medios de transporte no ámbito internacional, así como do seguro da operación.
* Xestiona-las operacións de loxística no almacenamento e distribución internacional de mercadorías, garantindo a súa integridade e o aproveitamento racional dos medios e espacios dispoñibles.
* Realiza-la xestión administrativa asociada ás importacións, exportacións e operacións intracomunitarias de mercadorías, garantindo a fiabilidade das operacións nos aspectos económicos, contractuais e legais.
* Analiza-las diversas vías de financiamento das transaccións internacionais e os posibles riscos financeiros asociados a elas.
* Comunicarse verbalmente ou por escrito, de xeito claro e fluído, no idioma correspondente, cos axentes intervenientes na negociación da compravenda internacional.
* Manter comunicacións efectivas no desenvolvemento do seu traballo, coordinando a súa actividade coas das outras áreas da organización.
2.2.2. Capacidades para afrontar continxencias:
* Resolver problemas e tomar decisións individuais sobre as súas actuacións ou as doutros, identificando e seguindo as normas establecidas procedentes, dentro do ámbito da súa competencia e consultando as ditas decisións cando as súas repercusións organizativas, económicas ou de seguridade sexan importantes.
2.2.3. Capacidades para a dirección de tarefas:
* Coordina-lo proceso de traslado da mercadoría, controlando que as condicións establecidas se cumpran, elaborando e tramitando a documentación necesaria na operación.
* Manter relacións fluídas cos membros do grupo funcional no que está integrado, responsabilizándose da consecución dos obxectivos asignados ó grupo, respectando o traballo dos demais, organizando e dirixindo tarefas colectivas e cooperando na superación de dificultades que se presenten, cunha actitude tolerante cara ás ideas dos compañeiros e subordinados.
* Posuír unha visión global e integrada do proceso de importación/exportación e operacións intracomunitarias de productos comprendendo os mecanismos de actuación establecidos entre os distintos axentes intervenientes en cada operación de comercio internacional.
2.2.4. Capacidades para adaptarse ó medio:
* Adaptarse ás novas situacións laborais xeradas como consecuencia dos cambios producidos nas técnicas, organización laboral e aspectos económicos relacionados coa súa profesión.
* Estudiar e propor novos criterios ou accións encamiñados a mellora-la actividade da súa unidade, manténdose informado das innovacións, tendencias, tecnoloxía e normativa aplicable ó seu ámbito de competencia.
2.3. Responsabilidade e autonomía nas situacións de traballo:
A este técnico, no marco das funcións e obxectivos que lle son asignados polos técnicos de nivel superior ó seu, nos campos ocupacionais da súa competencia, requiriránselle, polo xeral, as capacidades de autonomía en:
* Tratamento da información relativa ó comercio internacional.
* Xestión e elaboración dos documentos específicos da operación de comercio internacional.
* Control das operacións de compravenda internacional.
* Avaliación de custos e riscos de divisas nas operacións de financiamento internacional.
* Control de campañas promocionais.
* Control do proceso de almacenamento das mercadorías.
2.4. Unidades de competencia:
1. Realiza-las operacións de compravenda de mercadorías a nivel internacional.
2. Realiza-la xestión administrativa nas operacións de importación e exportación e introducción e expedición de mercadorías.
3. Organizar e xestiona-lo proceso de almacenamento e a distribución internacional de mercadorías.
4. Xestiona-las operacións de financiamento para transaccións internacionais de mercadorías.
2.5. Realizacións e dominios profesionais:
2.5.1. Unidade de competencia 1: realiza-las operacións de compravenda de mercadorías con ámbito internacional:
Nº Realizacións Criterios de realización
* Identifícanse organismos, entidades e empresas que poden subministrar información fiable asociada a clientes e provedores potenciais.
1.1. Identificar e seleccionar clientes ou provedores potenciais de acordo con criterios establecidos e cos obxectivos comerciais da organización. * Identifícanse as variables e parámetros que afectan á selección de clientes e provedores.
* Aplícanse as técnicas de investigación comercial que, dentro do orzamento, tempo e procedementos establecidos, subministren datos representativos e se poidan xeneralizar conclusións que faciliten a selección de clientes e provedores potenciais. * Identifícanse os factores de risco internos (cliente e/ou provedor) e externos (conxuntura e/ou mercado exterior) que afectan á rendibilidade e seguridade na actuación comercial. * Analízase a competencia exterior na comercialización dos productos da empresa detectando puntos fortes, débiles, oportunidades e riscos. * Obtense a información relevante sobre mercados externos. * Os provedores estranxeiros potenciais que se seleccionan, de acordo cos criterios establecidos, son os que ofrecen unhas mellores condicións (maiores garantías, facilidades de pagamento, calidade do servicio, entrega da mercadoría...), axústanse ás necesidades comerciais da empresa e actúan adecuadamente cos clientes. * Os clientes estranxeiros potenciais que se seleccionan, de acordo cos criterios establecidos, están nunha situación empresarial dentro das marxes aceptables e supoñen adecuadas oportunidades de negociación. * Utilízanse os programas informáticos idóneos para o procesamento da información obtida no proceso de recollida de datos de clientes e provedores.
1.2. Contactar cos clientes e provedores de acordo con procedementos establecidos para o desenvolvemento da actuación comercial. * Identifícanse as características descritivas de cada un dos clientes ou provedores cos que se realizan os contactos de maneira que no desenvolvemento das sucesivas conversacións se controle, en todo momento, a situación. * Prepáranse entrevistas co cliente ou provedor potencial, coordinando aspectos formais, tendo en conta a idiosincrasia do país e de acordo coas especificacións recibidas. * Subminístrase ou obtense a información precisa co cliente ou provedor sobre trámites administrativos e autorizacións na exportación e importación, introducción e expedición e outras condicións da operación como execución, embalaxe ou expedición.
Nº Realizacións Criterios de realización
* Elabóranse os plans de negociación precisos, de acordo cos obxectivos establecidos pola organización, detallando as fases que os compoñen, estructurando os aspectos fundamentais que hai que negociar e analizando posibles obxeccións que poden xurdir no cliente ou provedor.
* Na elaboración do precontrato (acordos precontractuais ou carta de intencións) detállanse claramente os aspectos e condicións esenciais de execución da compravenda (mercadoría, condicións de pagamento, transporte, seguro, entrega, riscos, transferencia da propiedade, lei aplicable, solución de litixios...), verificando que o descrito no documento cumpre a normativa de contratación internacional e que se expresan tódolos datos necesarios para executa-la operación.
* Durante as conversas mantidas resólvese calquera dúbida ou falta de información no cliente ou provedor, de acordo coas especificacións recibidas da operación. * A forma de expresarse no contacto co cliente ou provedor é correcta, fluída e no idioma requirido polo cliente ou provedor. * Obtense información de clientes e provedores a través do acceso ás bases de datos precisas e da realización das viaxes de prospección necesarias. * Identifícanse as causas de devolución de pedidos para definir liñas de actuación adecuadas. * Aténdense os clientes no servicio posvenda subministrando un trato agradable e de acordo cos procedementos establecidos.
1.3. Negociar determinados aspectos da operación de compravenda internacional, de acordo con criterios establecidos, para determinar condicións da relación comercial. * Identifícanse as características socio-económicas, culturais e políticas do país co que se van establece-las negociacións.
* Confecciónanse as ofertas para os clientes nas que se explican clara e exactamente as condicións da compravenda, caracterizándose correctamente o producto que se vai comercializar. * Analízase a oferta presentada polo provedor e identifícanse os aspectos sobre os que se pode negociar, tendo en conta as marxes establecidas pola organización. * No proceso de negociación adóptase unha postura flexible, segura e sempre con predisposición positiva ós acordos. * Acórdase a condición de entrega da mercadoría (INCOTERM) máis adecuada e vantaxosa ás características da operación negociada. * No proceso de concreción das condicións de compravenda internacional aplícanse as técnicas de negociación que se adaptan á idiosincrasia do país, obxectivos comerciais establecidos e no idioma acordado.
1.4. Xestiona-lo precontrato de compravenda internacional que pecha a negociación, cumprindo coa normativa de contratación internacional, de acordo con procedementos establecidos. * Identifícase a normativa de contratación internacional asociada á operación específica negociada e aplicable nas cláusulas do precontrato.
* Aplícase o procedemento establecido nas xestións realizadas co servicio de expedición e servicio financeiro, transmitindo a información necesaria para desenvolve-los termos especificados no precontrato. * O precontrato transmítese ó departamento correspondente en tempo e forma establecidos para a súa formalización no contrato definitivo e formato adecuado.
Nº Realizacións Criterios de realización
1.5. Organizar e controla-las campañas promocionais, optimizando os recursos asignados, de acordo cos obxectivos establecidos e especificacións recibidas. * Obtense información precisa sobre os instrumentos promocionais de apoio á exportación impulsados pola Administración e, se é o caso, realízanse os trámites oportunos para a aplicación na promoción definida. * Establécense os obxectivos da campaña promocional para defini-las liñas de acción na execución da promoción. * Selecciónase o medio promocional que se adapta ás necesidades definidas, que alcance máis amplamente o público obxectivo e estea de acordo co orzamento establecido. * Establécense os aspectos que van compo-la campaña promocional (dentro do medio que se debe utilizar, en colaboración coas persoas correspondentes: data da promoción, elección dos servicios que se prestan, prezos, contido da mensaxe) e que determinan o proceso de organización da operación para cumpri-los obxectivos previstos. * Obtéñense, se é o caso, as desviacións comparando os logros cos obxectivos previstos en relación co público obxectivo e volume de vendas, transmitindo a información en tempo e forma para a aplicación de medidas. * Calcúlase correctamente a rendibilidade da campaña (custo/número de unidades vendidas e outros) para determina-la eficacia da acción promocional e xestionar, se é o caso, medidas correctoras. * Mantéñense actualizados os bancos de datos coa información de promocións efectuadas a través dos procedementos establecidos, de modo que as accións futuras poidan ter como referencia resultados de accións pasadas. * Identifícase a normativa internacional necesaria que regula as accións promocionais, analizando os mecanismos de funcionamento establecidos e as regulacións imperativas definidas.
1.6. Realizar estudios do establecemento de redes comerciais que permitan unha adecuada implantación da empresa no exterior. * Identifícanse as variables cualitativas (usos e costumes do país, preferencias dos clientes ou provedores cara a un producto, características de productos similares que se están comercializando no mercado obxecto de estudio, etc.) e as variables cuantitativas (PIB, taxa de inflación, IPC, renda per cápita, continxentes para un producto, número e tamaño de empresas que comercializan o producto, etc.) que afectan ó obxecto do estudio. * Identifícanse as fontes externas de información primarias e secundarias que proporcionen datos fiables sobre a comercialización do producto no país (redes comerciais, axentes, distribuidores ou representantes). * Realízanse os trámites oportunos para a obtención da información necesaria procedente de fontes de información secundarias. * Identifícase o marco legal e fiscal exterior analizando a lexislación específica do país de destino sobre redes comerciais e investimentos estranxeiros. * Selecciónanse aquelas técnicas (cualitativas ou cuantitativas) de recollida de información de fontes primarias que dentro do orzamento asignado proporcionen as maiores vantaxes e a información máis fiable e representativa.
Nº Realizacións Criterios de realización
* Defínense os parámetros que deben avaliarse na aplicación da técnica de recollida de datos de fontes primarias seleccionadas (enquisas, métodos de observación, métodos de experimentación, etc.) determinando o tamaño da mostra representativa do universo que hai que estudiar, os criterios de selección dos individuos ou organización que compoñen a mostra e os parámetros cuantitativos e cualitativos que se deben medir, de maneira que supoña a maior facilidade para o tratamento e interpretación da información. * Procésase a información recollida na investigación comercial aplicando técnicas estatísticas que organicen os datos e permitan obter conclusións aplicables ó obxecto de estudio. * Realízase unha análise da viabilidade de implantación da rede comercial que permita adopta-las decisións idóneas, avaliando adecuadamente os aspectos esenciais que a determinan: -A estructura organizativa adecuada ós obxectivos. -A localización física e ámbito de actuación (distancia entre clientes e provedores, canles de distribución, prezos do sector inmobiliario de zona, elementos de prospectiva). -A previsión de recursos humanos. -A demanda potencial, previsión de gastos e ingresos. -A estructura e composición do inmobilizado. -As necesidades de financiamento e a súa forma máis rendible. -A rendibilidade do proxecto. -A posibilidade de subvencións e/ou axudas á empresa ou á actividade, ofrecidas polas diferentes administracións públicas, de maneira que se permita adopta-las decisións idóneas. * Presentar de forma clara, estructurada e sintética as conclusións derivadas do traballo de campo e da análise da viabilidade da implantación da rede realizados, a través dun informe.
Dominio profesional
-Información, documentación (natureza, tipos e soportes):
Bases de datos de clientes e provedores internacionais potenciais. Organismos que prestan axudas á exportación. Estudios de mercado relacionados co obxecto de investigación. Información política e socio-económica do país onde se quere comercializar. Información técnica e xeral da mercadoría que se vai mercar ou vender. INCOTERMS. Normas de contratación internacional (lexislación). Información sobre medios de comunicación (características, funcionamento, tipos, condicións de traballo...) e campañas promocionais do sector. Boletíns de información, ICEX, publicacións profesionais. Información sobre axudas e consorcios de exportación. Documentos específicos que se deben utilizar na contratación internacional (precontrato de compravenda internacional). Publicacións con datos sobre importacións e exportacións. Información sobre homologación de productos.
-Medios para o tratamento da información:
Equipos: ordenadores persoais, postos de redes locais e teleproceso. Programas: contornos de usuario, bases de datos, tratamento de textos, estatística.
-Procesos, métodos e procedementos:
Investigación de mercados internacionais. Negociación internacional. Organización da campaña promocional. Estudio da viabilidade económica da implantación de redes comerciais. Aplicación de técnicas de comunicación. Elaboración do precontrato de compravenda internacional. Elaboración de informes.
-Principais resultados do traballo:
Precontrato (carta de intencións ou acordos precontractuais). Estudios sobre redes comerciais internacionais. Documentación comercial intermedia.
-Persoas e/ou organizacións destinatarias do servicio:
Asesorías de comercio internacional. Importadores e exportadores. Axencias comerciais de ámbito internacional. Clientes e provedores. Departamento de compras e comerciais dunha empresa de importación e exportación, introducción ou expedición.
2.5.2. Unidade de competencia 2: realiza-la xestión administrativa nas operacións de importación e exportación e introducción e expedición de mercadorías:
Nº Realizacións Criterios de realización
2.1. Establecer un sistema eficaz de información que apoie as actividades de compravenda internacional. * Determínanse os criterios de arquivo no sistema de información que supoñan un fácil acceso e consulta, establecéndose un procedemento para manter actualizado o ficheiro de clientes e provedores en todo momento. * Identifícanse as fontes que permitan ter unha información completa e actualizada da normativa internacional, accedéndose a elas coa realización dos trámites oportunos e mediante o procedemento establecido. * Identifícase e procésase adecuadamente a información pertinente da operación global de compravenda internacional para dispor en tempo e forma dos datos precisos en futuras operacións. * Elabórase un ficheiro mestre de clientes e provedores, detallando a información máis relevante (nome, enderezo, pedidos, condicións de pagamento, cobramento e outras), que identifique claramente o suxeito da operación. * Satisfanse as necesidades de información dos comerciais, en tempo e forma. * Obtense a información necesaria do departamento de fabricación e de almacén sobre a producción, niveis de stocks e prazos de entrega, para manter informados correctamente os comerciais sobre as posibilidades de realización da operación. * Obtense información periodicamente do estado das contas (clientes, provedores, propia empresa) para procesala e ter actualizados en todo momento os datos que son de utilidade para as actuacións comerciais.
Nº Realizacións Criterios de realización
* A póliza de seguro seleccionada ofrece a máxima cobertura ó menor custo e cumpre as condicións establecidas no contrato de compravenda internacional.
* Identifícase o réxime administrativo e comercial adecuado da operación de compravenda internacional e as implicacións que ten nos procedementos e xestións das transaccións.
2.2. Xestionar e controla-lo seguro das mercadorías para garanti-la responsabilidade de acordo coa normativa vixente e coas condicións establecidas no contrato de compravenda internacional. * Identifícase adecuadamente o risco e as necesidades de cobertura da operación.
* Confecciónanse os partes oportunos para notificar ás compañías de seguros as aplicacións que se deben imputar ás pólizas flotantes, dentro dos prazos establecidos, especificando datas e características dos diferentes envíos. * Transmítese, se é o caso, á compañía aseguradora o sinistro producido, dentro dos prazos establecidos no Código de comercio e a Lei do seguro e na forma establecida. * A identificación de actuacións e responsabilidades e indemnización en caso de sinistro é correcta. * Contrólase o proceso de liquidación de sinistros ata a súa finalización coas compañías aseguradoras e/ou afectados para detectar puntualmente calquera anomalía que se produza.
2.3. Realiza-las xestións necesarias para a importación e exportación e/ou introducción e expedición das mercadorías de acordo coa normativa vixente. * Confecciónase o contrato de compravenda internacional reflectindo no clausulado as condicións pactadas, na forma e prazo establecido.
* Identifícase e confecciónanse correctamente os documentos que a normativa esixe para o tránsito internacional (licencia de importación e exportación, declaración de tránsito comunitario e/ou común, DUA na importación e exportación, facturas comerciais e/ou preformas, certificados de orixe, declaracións estatísticas do sistema INTRASTAT e certificados de homologación, etc.). * Identifícanse e obtéñense os certificados que deben acompaña-la mercadoría (certificados sanitarios, veterinarios, SOIVRE, Cites, etc.), de acordo con procedementos establecidos. * Obtéñense os certificados que permiten acollerse a exencións e/ou reduccións arancelarias (EURI, formularios A, ATR, etc.), de acordo cos procedementos establecidos. * Valóranse con exactitude as responsabilidades e custos pola incorrecta aplicación dos procedementos e esixencias alfandegueiras (especialmente normativa sobre contrabando). * Realízase a liquidación correspondente do IVE e impostos especiais para xuntalo ó DUA, aplicando adecuadamente a normativa específica que os regula e realizando correctamente os cálculos correspondentes. * Obtense a información precisa, a través dos procedementos establecidos, acerca das barreiras ó comercio internacional: -Arancelarias. -Non arancelarias: -Restriccións cuantitativas. -Outras barreiras. -Barreiras fiscais (IVE, impostos especiais). -Medidas de defensa comercial a través dos procedementos establecidos.
Nº Realizacións Criterios de realización
* Avalíase correctamente a posible incidencia das barreiras fiscais na operación de compravenda internacional. * Codifícase correctamente a mercadoría na súa partida arancelaria para que na alfándega se identifique adecuadamente, calculándose o importe dos dereitos arancelarios. * Tramítase a documentación elaborada seguindo o procedemento establecido oficialmente.
2.4. Controlar que a xestión administrativa das operacións de compravenda internacional se realiza de acordo coa normativa vixente. * Identifícase a normativa de comercio internacional e as súas actualizacións e modificacións periódicas e as implicacións que ten na xestión administrativa das operacións de importación e exportación, introducción e expedición. * Verifícase que a documentación requirida está correctamente cuberta e que se dispón de tódolos documentos e certificados que deben acompaña-la operación, segundo a lexislación aplicable. * Verifícase o seguinte: -Os prazos de entrega da mercadoría e da documentación financeira son os estipulados no contrato. -Cúmprense os INCOTERMS. -A mercadoría chega ó seu destino coa calidade e características negociadas. * A comunicación con clientes, transitarios, compañías de seguro e outros intermediarios para o desenvolvemento puntual das expedicións, realízase dunha forma continua, obtendo información detallada e actualizada das operacións. * Realízanse as xestións oportunas cando xorde calquera incidencia no desenvolvemento da operación de compravenda internacional de maneira que se chegue a unha solución satisfactoria para as partes implicadas na actividade.
Dominio profesional
-Información, documentación (natureza, tipos e soportes):
Normativa sobre seguros do transporte internacional de mercadorías. Aranceis de alfándegas: TARIC (Arancel Integrado Comunitario) e de terceiros países. Ordenanza de alfándegas. Normativa sobre certificacións, normalizacións e homologacións. Regulación lexislativa para cada tipo de réxime administrativo-comercial nas operacións internacionais. Información sobre barreiras ó comercio internacional. Lexislación aplicable ó despacho de alfándegas.
-Medios para o tratamento da información:
Equipos: ordenadores persoais, postos de redes locais e de teleproceso. Programas: contornos de usuario, xestión administrativa de comercio internacional, bases de datos, procesadores de textos, follas de cálculo.
-Procesos, métodos e procedementos:
Codificación de mercadorías na súa partida arancelaria. Procedementos de notificación a compañías de seguros de sinistros producidos ou imputacións a pólizas flotantes. Tramitación en alfándega. Elaboración e xestión da documentación da compra-venda internacional. Organización da información.
-Principais resultados do traballo:
Documentos requiridos na importación e exportación e introducción e expedición de mercadorías. Contrato compra-venda internacional. Ficheiro mestre de clientes e provedores. Base de datos documental de Comercio Internacional.
-Persoas e/ou organizacións destinatarias do servicio:
Alfándegas. Transitarios. Axentes comerciais de ámbito internacional. Organismos de inspección comercial do comercio internacional. Director de comercio internacional. Departamento de exterior de entidades de crédito. Departamento financeiro. Almacén. Departamento de contabilidade. Clientes e provedores.
2.5.3. Unidade de competencia 3: organizar e xestiona-lo proceso de almacenamento e a distribución internacional de mercadorías:
Nº Realizacións Criterios de realización
3.1. Organiza-lo espacio físico e o funcionamento do almacén tendo en conta a eficiencia no sistema de distribución interna e a normativa de seguridade e hixiene. * Identifícanse os parámetros que hai que ter en conta para a organización dos procesos de almacenaxe, estructura de espacios e condicións do almacén. * Estructúranse as zonas do almacén, determinando o seu acondicionamento de acordo con criterios establecidos, características dos productos e materiais, normativa de seguridade e hixiene e valorando o espacio, mobilidade de manipulación, distribución interna e tempo. * Determínase o procedemento de distribución, manipulación e movemento dos productos no almacén de acordo con criterios e métodos establecidos pola organización conseguindo a optimización do espacio e do tempo de operación. * Distribuíuse o persoal ó seu cargo entre as diferentes seccións, asignando tarefas e definindo directrices xenéricas de funcionamento interno, de maneira que se optimice o desenvolvemento da actividade. * Establécese un sistema de control documental do almacén para obte-la información do desenvolvemento e nivel do sistema de distribución. * A maquinaria e ferramentas utilizadas nas operacións de almacenaxe determínanse en función da reducción que supoñen no tempo de manipulación e distribución e das características do almacén e das mercadorías e materiais, tendo en conta o orzamento establecido. * Establécense medidas de organización do almacén para localizar correctamente devolucións de mercadorías, durante o período necesario, facilitando o normal funcionamento do almacén. * Identifícase as innovacións tecnolóxicas existentes no mercado asociadas ó manexo de productos e materiais, propoñendo posibles cambios e investimentos que aumenten a productividade. * Organízase o proceso de tratamento da información utilizando os métodos informáticos apropiados para facilita-lo acceso á información e o funcionamento do almacén.
Nº Realizacións Criterios de realización
3.2. Xestiona-las existencias en almacén de acordo con criterios establecidos asegurando o nivel de servicio ó cliente e a optimización do custo dos stocks. * Realízanse os cálculos necesarios para obte-lo valor dos productos no almacén, aplicando o criterio de valoración establecido (FIFO, PMP, LIFO e outros) e trasladando os datos ó formato deseñado, con procedementos convencionais ou informáticos. * O inventario realízase no modelo definido, con procedementos convencionais ou informáticos, efectuando correctamente os cálculos necesarios e na data establecida. * Obtense o valor correcto da rotación dos productos, identificando os parámetros que interveñen no seu cálculo. * Obtense o valor do stock óptimo e mínimo que determina as marxes de circulación das mercadorías no almacén. * Establécense previsións de existencias no almacén para evitar roturas e volumes anormais de stock e que a relación nivel de stock e nivel de servicio sexa óptima. * Contrólase que o nivel de existencias en cada momento no almacén estea de acordo cos niveis determinados utilizando os métodos establecidos. * A información sobre as devolucións de pedidos trátase informaticamente para manter actualizados en todo momento os datos sobre productos en almacén e clientes.
3.3. Organiza-lo proceso de distribución internacional dos pedidos de maneira que a entrega se efectúe na forma e prazos establecidos. * Coordínase a interacción entre a xestión dos pedidos e o control de existencias de maneira que se manteñan sempre nos niveis establecidos. * Determínase o proceso adecuado de preparación do pedido e a documentación que debe acompaña-lo producto e as instruccións exactas para o transportista. * Sintetízase toda a información dos distintos servicios de transporte internacional (características, condicións ofrecidas, funcionamento, fretes e tarifas, custo/tarifas de operacións auxiliares, custo correspondente, etc.) aplicando técnicas de organización e tratamento da información. * Identifícase a normativa aplicable a cada medio de transporte. * Selecciónase o medio de transporte valorando e ponderando, de acordo co pedido, os parámetros que o definen (custo, destino, volume, rapidez e outros), a partir da análise da información recollida. * Identifícase a normativa que regula os réximes de almacenamento en comercio internacional, valorando, se é preciso, a conveniencia da súa utilización. * Establécense rutas de transporte, consolidando envíos, racionalizando a asignación de recursos humanos e materiais dispoñibles e considerando os tempos de recollida e entrega de mercadorías. * Obtense o valor dos custos de distribución para o seu control e aplicación de medidas que os optimicen. * Detéctanse e resólvense con rapidez as continxencias producidas durante a operación de distribución.
3.4. Xestionar e controla-lo envase e a embalaxe das mercadorías para asegura-lo seu perfecto estado durante o transporte internacional. * De acordo cos departamentos correspondentes, establécense as características técnicas do envase e a embalaxe, realizándose as xestións oportunas para o seu aprovisionamento e valorando: -Características do producto.
Nº Realizacións Criterios de realización
-Condicións técnicas e exteriores do transporte. -Manipulación e almacenamento. -Esixencias imperativas dos países de expedición e recepción e tránsito da mercadoría. * Realízanse as xestións oportunas para o seu aprovisionamento. * Determínase a sinalización e rotulación que debe acompaña-la embalaxe detallando: -O destinatario. -Características. -Tratamento que se debe dar na manipulación, carga, descarga e almacenamento, con símbolos gráficos ou con escritura no idioma utilizado habitualmente. * Verifícase que as características da embalaxe utilizada en cada expedición son as adecuadas ó medio de transporte contratado e tipo de mercadoría. * Verifícase que a sinalización e rotulación da embalaxe están localizadas nun lugar de doada identificación, e que cumpre a normativa.
Dominio profesional
-Información, documentación (natureza, tipos e soportes):
Información sobre a estructura das vías de distribución existentes nos mercados internacionais: contorno, intermediarios, empresa, producto e conflictos de competencia. Información sobre os distintos medios de transporte internacionais. Información sobre sistemas de manipulación de cargas existentes no mercado. Inventarios de mercadorías, listaxe de ocos de almacén, facturas, listaxe ABC de mercadorías, ordes de pedidos, albará de entrada e de saída, normativa de seguridade e hixiene. Normativa internacional de envase, embalaxe e transporte.
-Medios para o tratamento de información:
Equipos: ordenadores persoais, postos de redes locais e de teleproceso. Programas: contornos de usuario, organización e xestión de almacéns, xestión do transporte internacional, follas de cálculo, bases de datos, procesadores de texto.
-Procesos, métodos e procedementos:
Control do almacenamento das mercadorías nas distintas fases de recepción, manipulación e expedición. Métodos de valoración de existencias e cálculo do stock óptimo e mínimo. Análise das características dos distintos medios de transporte internacional. Cálculo de custos de distribución e almacenaxe. Organización de almacéns. Sistemas de tratamento da información. Métodos de asignación de persoal e tarefas. Establecemento de rotas de transporte internacional. Preparación de pedidos.
-Principais resultados do traballo:
Mercadoría almacenada de acordo coas súas características e coa normativa de seguridade e hixiene. Mercadoría distribuída no ámbito internacional en forma e prazos establecidos.
-Persoas e/ou organizacións destinatarias do servicio:
Xefe de almacén. Xefe de loxística. Departamento de compras. Departamento de distribución. Empresas de transporte internacional. Transitarios. Empresas importadoras e exportadoras. Axencias comerciais de ámbito internacional.
2.5.4. Unidade de competencia 4: xestiona-las operacións de financiamento para transaccións internacionais de mercadorías:
Nº Realizacións Criterios de realización
4.1. Determina-las posibles vías de financiamento internacional adecuadas ás operacións comerciais de mercadorías, servicios ou proxectos. * Identifícanse as fontes primarias básicas de financiamento bancario (organismos multinacionais, rexionais e estatais) e as fontes secundarias de financiamento para a exportación e importación (empresas trading, sociedades importación e exportación e outras institucións e entidades relacionadas co crédito comercial) das que se pode obte-la información sobre posibilidades de financiamento. * Obtense a información máis fiable e necesaria a través de procedementos establecidos e aplicando as técnicas de investigación comercial adecuadas que están dentro de orzamentos establecidos. * Identifícase o tipo básico de crédito necesario para o subministrador ou comprador estranxeiro que vai regula-la operación. * Establécese o aprazamento óptimo de pagamento da operación (curto, medio ou longo prazo) que supoña maior rendibilidade. * Determínanse as vías de financiamento bilateral co país de destino das mercadorías ou servicios e as fontes multilaterais de financiamento exterior (organismos internacionais e organismos rexionais especializados), de maneira que se optimice a operación de comercio internacional.
4.2. Obter información sobre posibles axudas e consorcios de exportación para facilita-las operacións de comercialización de productos. * Identifícanse os organismos públicos, asociacións e agrupacións nacionais e estranxeiras que interesan á empresa para a solicitude de axudas á exportación. * Establécense procedementos para o fluxo continuo da información a través da conexión con redes de información sectorial e bancos de datos nacionais e estranxeiros. * Obtense a información apropiada e fiable dos mercados internacionais de interese para o establecemento de consorcios, a través de procedementos establecidos. * As agrupacións identificadas supoñen a maior rendibilidade das operacións. * Procésanse os datos recollidos utilizando programas informáticos que supoñan optimización da organización e acceso á información.
4.3. Determina-los riscos financeiros e a súa cobertura, asegurando a certeza económica da transacción comercial internacional da empresa. * Identifícanse os riscos básicos tanto para o cobramento da operación coma no pagamento en divisas (fluctuacións do tipo de xuro entre a divisa do exportador e a do importador, posibles restriccións no país do comprador, etc.). * Avalíanse as condicións e custo das pólizas do seguro de crédito á exportación, realizando os cálculos necesarios para determina-la cobertura idónea e proponse de acordo cos procedementos establecidos.
Nº Realizacións Criterios de realización
* Avalíanse e identifícanse outras alternativas de cobertura de riscos (factoring e outras), que se poden adoptar de acordo coas características e eventos na operación e que supoñen vantaxes na actividade. * Elíxese a divisa máis favorable na que se pode instrumenta-la operación avaliando correctamente os custos e riscos que supón a súa utilización. * Determínase o risco de cambio nas operacións de venda ou compra de divisa a prazo, realizando as estimacións precisas sobre as fluctuacións da moeda. * Selecciónase a modalidade máis apropiada de cobertura dos riscos do cambio da divisa (seguro do cambio, opcións sobre divisas...) e proponse ó responsable correspondente.
4.4. Xestiona-la documentación necesaria para o cobramento e pagamento das operacións de comercio internacional, segundo a lexislación aplicable. * Identifícanse os documentos necesarios para que coa súa presentación se realice correctamente o pagamento da exportación ou importación: -De transporte (carta de porte, coñecemento de embarque). -Seguro (póliza ou certificado). -Informativos (factura e certificados). * Os datos dos diversos documentos teñen a coherencia precisa. * Realízanse os trámites administrativos de legalización ou certificación requiridos na documentación (cámaras de comercio, alfándegas, etc.), segundo o país de destino e o tipo de operación. * Selecciónase o procedemento máis adecuado para solucionar erros ou atrasos na documentación de exportación ou importación e as súas consecuencias sobre os pagamentos.
4.5. Realiza-la xestión integrada do risco de cambio máis favorable á empresa no marco das regulamentacións legais vixentes. * Identifícase a información e a lexislación vixente nacional, comunitaria e exterior aplicable á operación de financiamento internacional. * Identifícanse as operacións asociadas á xestión dos medios de pagamento en moeda estranxeira para programa-la súa formalización e execución en tempo e forma. * Xestiónase coa entidade bancaria correspondente a aplicación correcta das instruccións operativas sobre o medio de pagamento ou cobramento en moeda estranxeira, de acordo con procedementos establecidos. * Cóbrese correctamente a documentación derivada dos cobramentos e pagamentos exteriores requirida polas entidades rexistradas. * Establécese o procedemento que se debe seguir para a instrumentación das operacións derivadas da adquisición ou mantemento de saldos en divisas.
4.6. Xestiona-los medios de pagamento nas transaccións a crédito de acordo coas condicións establecidas no contrato de compravenda internacional. * Obtense información sobre o contexto da operación comercial, valorando aspectos significativos e relevantes na actuación (a regulamentación aplicable do país do importador, os usos mercantís internacionais, dificultades de obter información sobre o comprador, custo e duración do crédito, momento do cobramento) avaliando e clasificando correctamente a solvencia e calidade do comprador e o risco de impagamento. * Determínase a documentación acreditativa da entrega da mercadoría que debe acompaña-lo efecto comercial, para autoriza-lo cobramento ou a súa aceptación.
Nº Realizacións Criterios de realización
* Aplícase correctamente o procedemento definido, a través do sistema bancario, para a presentación efectiva dos documentos ó comprador ou importador. * Identifícanse as vantaxes de obter financiamento bancario, tendo en conta a lexislación vixente e propoñendo a máis adecuada ás características da operación, mediante: -Crédito documentario. -Orde de pagamento simple ou documentaria. -Remesa simple ou documentaria. -Cheque persoal ou bancario. -Billetes de banco estranxeiro. * Se é o caso, estímase un anticipo adecuado co banco correspondente cando o medio de pagamento seleccionado sexa diferido. * Confecciónase correctamente o documento de cobramento ou pagamento seleccionado, de acordo cos datos obtidos da operación comercial.
4.7. Xestiona-los créditos ás exportacións co fin de facilita-la venda de productos nos mercados exteriores. * Valóranse as seguintes diversas modalidades de crédito, tendo en conta as características dos bens ou servicios que se exportan e seleccionándose a máis adecuada á operación: -Créditos ó subministrador español. -Créditos ó comprador estranxeiro. -Liñas de crédito comprador. * Identifícanse os requisitos necesarios para que a empresa poida recibi-los créditos na propia moeda en tempo e forma, analizando, en función do tipo de exportación e país de destino:-O tipo de exportación e país de destino. -Prazos e momentos para a devolución do crédito. -Importe do crédito e xuros. -Cobertura do risco comercial e político. * A documentación contractual requirida pola banca que concede o crédito tramítase seguindo o procedemento establecido.
4.8. Xestiona-la documentación necesaria no financiamento de proxectos ou subministracións internacionais para que a empresa poida participar en licitacións internacionais. * Identifícanse os requisitos esixidos polo convocante no concurso ou licitación (información da empresa, fianzas, oferta, etc.), para establece-lo procedemento de participación na licitación. * Da análise da documentación financeira do concurso ou licitación dedúcese a oferta que debe presentarse axustada ós prazos do crédito e xuros. * Cóbrese claramente a documentación específica solicitada cos datos requiridos oficialmente: -Capacidade e experiencia da empresa. -Fianzas. -Presentación da oferta. -Formularios e pregos de condicións do organismo convocante. * Xestiónase a oferta e documentación esixida en tempo e forma ante o organismo correspondente.
Dominio profesional
-Información, documentación (natureza, tipos, soportes):
Información sobre operacións no mercado de divisas. Lexislación vixente sobre medios de cobramento e pagamento a nivel internacional. Cotizacións diarias de divisas. Información sobre fontes primarias básicas de financiamento para a exportación e impor
tación. Normativa reguladora de operacións con divisas. Documentos de cobramento e pagamento.
-Medios para o tratamento da información:
Equipos: ordenadores persoais, postos de redes locais e de teleproceso. Programas: contornos de usuario, programas informáticos de xestión financeira internacional.
-Procesos, métodos e procedementos:
Obtención de información necesaria para a análise de vías de financiamento internacional. Análise das modalidades de financiamento internacional. Xestión do cobramento e pagamento internacional. Procedementos para participar en licitacións internacionais. Elaboración de documentos soporte do medio de pagamento internacional.
-Principais resultados do traballo:
Medio de cobramento e pagamento internacional xestionados. Información elaborada sobre vías de financiamento e riscos financeiros en operacións de comercio internacional. Cobertura de riscos e créditos para a exportación xestionados.
-Persoas e/ou organizacións destinatarias do servicio:
Importadores e exportadores. Axentes de alfándegas. Transitarios. Entidades financeiras. Organismos públicos con competencias en comercio exterior.
2.6. Evolución da competencia profesional:
2.6.1. Cambios nos factores tecnolóxicos, organizativos e económicos:
As condicións do noso contorno económico observadas desde a óptica empresarial víronse modificadas pola plena incorporación de España ó Mercado Único Europeo.
Ó participar como membro de pleno dereito na principal zona comercial do mundo, xorde a necesidade nas empresas españolas de adapta-la súa estructura organizativa. Esta adaptación vese influída igualmente pola configuración heteroxénea do sector do comercio, tanto nos países membros da Unión Europea como en terceiros países cos que as relacións comerciais das empresas españolas se modificaron, adaptándose ó marco comunitario.
Outro elemento de incidencia nos cambios citados é o proceso de concentración e internacionalización das empresas co resultado final de multinacionais de grande dimensión, que utilizan as redes comerciais existentes nos distintos países coa conseguinte racionalización de custos e o aumento de competitividade. Todo isto obriga as empresas españolas a investigar escenarios que lles permitan adquirir maiores cotas de mercado.
A participación das áreas de vendas e marketing na organización empresarial das actuacións internacionais parece que vai adoptando un maior peso dentro da estructura comercial, en canto á apertura de novos mercados e accións de compravenda internacional.
2.6.2. Cambios nas actividades profesionais:
As modificacións na normativa nacional e internacional que regula as operacións de comercio internacional provoca cambios nos procedementos de actuación comercial. Prevese que a actividade desenvolvida polas alfándegas quedará reducida ó ámbito das relacións con terceiros países e, no que respecta á Unión Europea, modificaranse as súas actuais competencias.
A loxística comeza a adquirir relevancia significativa nalgúns segmentos empresariais, sobre todo no relativo á almacenaxe e distribución, dentro do ámbito internacional.
2.6.3. Cambios na formación:
A crecente incidencia das innovacións tecnolóxicas dos sistemas organizativos e da expansión empresarial en novos mercados fai que este profesional precise unha formación permanente e adaptada á evolución dos citados aspectos do comercio internacional.
A falta de uniformidade nas características económicas, demográficas, sociais e culturais dos distintos países da Unión Europea deberá orienta-la formación para capacita-los profesionais no tratamento específico das actuacións comerciais adecuadas con cada país destinatario.
2.7. Posición no proceso productivo:
2.7.1. Contorno profesional e de traballo:
Esta figura exercerá a súa actividade no sector do comercio na área de comercialización internacional e no sector de servicios ás empresas na área de administración do comercio internacional. Os principais subsectores nos que pode desenvolve-la súa actividade son:
* Industria, comercio e agricultura: departamento de comercio internacional, departamento comercial.
* Banca: departamento de exterior.
* Empresas intermediarias no comercio internacional: axencias transitarias, axencias comerciais, empresas consignatarias, axencias de alfándegas e empresas de asesoramento comercial.
2.7.2. Contorno funcional e tecnolóxico:
Esta figura profesional localízase fundamentalmente nas funcións de comercialización internacional: compras, vendas, almacenaxes, distribución e administración.
As técnicas e coñecementos tecnolóxicos e científicos abranguen o campo do comercio internacional e están ligadas directamente a:
* Estructura do comercio internacional.
* Elementos de dereito mercantil e lexislación relativa á contratación internacional.
* Marketing internacional: investigación comercial e estratexia de marketing.
* Técnicas de compra e técnicas de venda: técnicas de negociación e comunicación.
* Procesos de administración relativos ó comercio internacional: tránsito singular e aranceis alfandegueiros. Contrato de compravenda. Procesos de exportación e expedición e de importación e introducción.
* Procesos e políticas de almacenamento: control de almacéns, políticas de stocks, sistemas de inventario.
* Procesos de transporte internacional: servicios e tarifas.
* Procesos de financiamento internacional: xestión internacional de créditos. Xestión do financiamento en divisas. Cálculo financeiro. Licitacións internacionais.
* Medios de pagamento internacionais: formas de pagamento internacional, instrumentos negociables, control de pagamentos e cobramentos con clientes internacionais, garantías bancarias.
* Aplicacións informáticas para o comercio internacional:
-Aplicacións informáticas de propósito xeral: procesadores de texto, follas de cálculo, bases de datos, aplicacións gráficas e de autoedición e paquetes integrados.
-Aplicacións informáticas específicas: xestión e control de almacén, facturación, xestión do transporte, investigación comercial, xestión financeira internacional e xestión administrativa do comercio internacional.
2.7.3. Ocupacións, postos de traballo tipo máis relevantes:
Con fins de orientación profesional enuméranse a continuación as ocupacións e postos de traballo que poderían ser desempeñados adquirindo a competencia profesional definida no perfil do título:
* Técnico en comercio exterior.
* Técnico de operacións exteriores (banca).
* Técnico en loxística.
* Técnico en administración do comercio internacional.
* Técnico en transporte internacional.
* Técnico de compras.
* Técnico de vendas.
* Técnico en marketing internacional.
* Técnico en almacenaxe de productos.
3. Currículo.
3.1. Obxectivos xerais do ciclo formativo:
* Analiza-los efectos que produce a aplicación dunha determinada política de marketing internacional para a comercialización de productos en países europeos e terceiros países.
* Aplica-la normativa que regula o comercio internacional de mercadorías nos seus aspectos de contratación, investimentos financeiros, fiscalidade, transporte, réximes administrativos e calquera outra referente á circulación de mercadorías entre países.
* Desenvolver procedementos de xestión de medios de pagamento internacionais comunmente utilizados para a liquidación de transaccións co exterior, elaborando documentos soporte, identificando documentación básica e complementaria comercial que hai que presentar e intermediarios operantes na execución do pagamento de acordo coa normativa.
* Analiza-lo funcionamento do comercio internacional, identificando instrumentos financeiros, regras de actuación na contratación dunha compravenda e procedementos administrativos esixidos dentro do marco legal, socioeconómico e político que o contextualiza.
* Expresarse de xeito correcto, no idioma requirido, en relacións comerciais con clientes e provedores internacionais, aplicando as técnicas de comunicación adecuadas a cada situación, e interpretar información na lingua estranxeira relativa ó sector.
* Operar con programas informáticos que faciliten a xestión integrada das operacións de comercio internacional e optimicen o tratamento e organización da información orixinada no desenvolvemento da actividade comercial.
* Analiza-las posibilidades que ofrecen os mercados financeiros internacionais á empresa galega e española na execución de transaccións internacionais de mercadorías para diversifica-las súas fontes de financiamento e a cobertura de riscos de toda índole (de cambio de xuros, de créditos á exportación, elevación de prezos de mercadorías, etc.).
* Aplicar técnicas de negociación internacional de acordo coa normativa e contorno socioeconómico dos países intervenientes para concretar determinados aspectos que configuran os acordos precontractuais que regulan unha operación de compravenda internacional.
* Analiza-los distintos procedementos de loxística comercial internacional, nos seus aspectos de almacenaxe-distribución e control da manipulación e distribución interna de productos no almacén, definindo ademais os movementos de mercadorías entre almacéns da rede de distribución e identificando e interpretando a normativa internacional reguladora destas operacións.
* Organiza-lo procedemento administrativo que seguen as operacións internacionais de mercadorías, identificando organismos oficiais que tramitan e expiden a documentación esixida pola normativa, elaborando os documentos precisos nos modelos oficiais e realizando os trámites esixidos para a execución da operación.
* Prepararse para a inserción no mundo do traballo, tomando contacto cos mecanismos de inserción laboral e coñecendo o marco legal, económico e organizativo que regula e condiciona a actividade laboral.
* Seleccionar e valorar criticamente as diversas fontes de información relacionadas coa súa profesión, que lle permita o desenvolvemento da súa capacidade de autoaprendizaxe e posibiliten a evolución e adaptación das súas capacidades profesionais ós cambios tecnolóxicos e organizativos do sector.
* Analiza-la evolución do comercio exterior de Galicia, identificando sectores, productos e empresas que interveñen nos intercambios, así como a súa orixe e destino das mercadorías.
3.2. Módulos asociados a unha unidade de competencia:
3.2.1. Módulo profesional 1: marketing internacional:
Asociado á unidade de competencia 1: realiza-las operacións de compravenda de mercadorías a nivel internacional.
Capacidades terminais elementais
* Identifica-las características da estructura económica galega co fin de estudia-las súas posibilidades de expansión comercial.
* Analiza-la estructura de comercio internacional co fin de coñece-las principais áreas comerciais, así como institucións e organismos que inciden no comercio internacional.
* Organiza-la actividade internacional da empresa creando a estructura organizativa adecuada para levar a cabo un proceso de internacionalización.
* Identificar e relaciona-las variables socioeconómicas, culturais e políticas que interveñen no contorno internacional e propio da empresa que inflúen nas estratexias de marketing internacional.
* Defini-los elementos e etapas da investigación de mercados exteriores identificando as fontes de información que proporcionen datos fiables para a súa realización.
* Conseguir información segundo o obxectivo da investigación comercial, utilizando os métodos de investigación de mercados adecuados.
* Analiza-la información obtida de acordo cos parámetros que interveñen na investigación comercial, utilizando se é o caso técnicas estatísticas e soporte informático para o tratamento e presentación da información.
* Determina-la tendencia da demanda dun producto e/ou servicio e as posibles desviacións por medio de técnicas estatísticas.
* Identifica-las fases que compoñen un estudio de implantación de redes comerciais internacionais, o obxecto de cada unha e os métodos para medi-la súa viabilidade.
* Identifica-las canles de distribución internacional máis usuais e os factores que determinan o seu custo, co fin de elixir estratexias de optimización.
* Avalia-la oportunidade de implantación nun mercado internacional a partir de criterios como a estructura organizativa, a localización, recursos humanos e financeiros e a rendibilidade do proxecto.
* Identificar e analiza-las técnicas de promoción definindo os parámetros para ter en conta na planificación dos medios promocionais e analizando as vantaxes e desvantaxes dos métodos utilizados na medición da eficacia promocional.
* Aplica-los principais métodos de asignación de recursos financeiros a un orzamento promocional.
* Planificar e relaciona-las políticas de marketing-mix de acordo cos obxectivos comerciais establecidos, integrándoas nun plan de marketing para ofrecer recomendacións estratéxicas que axuden á empresa na toma de decisións.
* Avaliar economicamente a implantación de plans de marketing internacional.
* Interpreta-lo marco xurídico e institucional que regula a promoción, a implantación e a comercialización das empresas nos mercados internacionais.
* Utilizar programas informáticos para a busca, tratamento e organización da información necesaria para a realización da actividade internacional da empresa.
Contidos (duración 215 horas)
Contidos procedementais
O marketing na actividade empresarial:
* Análise dos procesos de planificación global nas empresas segundo o tamaño.
* Identificación das fases dun plan de marketing internacional.
* Análise dos contidos das distintas fases.
* Elaboración dun esquema do plan de marketing.
* Descrición do concepto de marketing-mix e das políticas que o compoñen.
* Integración do marketing-mix no plan de marketing.
Organización da actividade internacional da empresa:
* Realización de organigramas correspondentes a distintos tipos de organización.
* Asignación de responsabilidades no departamento de marketing e definición dos procedementos para a toma de decisións.
* Organización dun sistema de información que permita manter actualizada toda a información sobre mercados exteriores.
* Identificación de entidades e posibles axudas para a internacionalización das pequenas e medianas empresas.
Análise da estructura económica internacional:
* Análise da evolución do investimento na UE e terceiros países.
* Análise da orixe e destino do investimento galego.
* Análise da evolución do comercio internacional.
* Análise actual da evolución do comercio exterior español.
* Análise da evolución do comercio exterior de Galicia.
* Análise da estructura económica galega.
* Identificación e elección, con axuda de indicadores, das principais áreas comerciais para a posible comercialización dun producto do contorno.
* Identificación e interpretación das principais variables socioeconómicas, culturais e políticas que inflúen nas estratexias de marketing.
Planificación da investigación comercial:
* Determinación dos obxectivos da investigación comercial: análise cualitativo e cuantitativo do mercado, de productos, de promoción, de distribución, económico e da competencia.
* Determinación dos aspectos concretos da información.
* Identificación e selección das fontes de información máis adecuadas ó obxectivo da investigación.
* Selección das fontes de información e os métodos de obtención da información.
* Obtención e análise da información para obter conclusións.
* Aplicación da investigación comercial á selección dun país para comercializar un producto e presentación de resultados.
Marketing-mix:
* O producto.
-Análise das posibles decisións estratéxicas.
-Selección das posibles accións para levar a cabo a estratexia elixida.
-Creación de marcas e etiquetaxe.
-Análise das regulacións gobernamentais esixidas polo país ó producto.
* A distribución.
-Análise das tendencias e evolución da distribución.
-Identificación de posibles canles para utilizar.
-Identificación das limitacións do mercado, aspectos loxísticos e repercusións fiscais.
-Determinación da asignación orzamentaria.
-Elección da estratexia de distribución e das accións para levala a cabo.
* A promoción.
-Identificación das características obxecto da promoción.
-Selección do obxectivo promocional.
-Identificación e análise da normativa internacional que regula as accións promocionais.
-Definición do contido e mensaxe.
-Selección do medio de información.
-Asignación orzamentaria.
* O prezo.
-Análise da situación competitiva do producto no mercado considerado en termos de prezos relativos e calidade relativa.
-Elección da estratexia de fixación do prezo do producto.
-Análise e toma de decisións das posibles acción para levar a cabo.
Realización do plan de marketing internacional:
* Aplicación da investigación comercial para o estudio da comercialización do producto no mercado elixido a partir das políticas de marketing-mix.
* Integración das políticas de marketing-mix no plan de marketing.
* Avaliación económica do plan de marketing e elaboración do orzamento.
Producción de informes:
* Definición do obxecto do informe.
* Definición da estructura.
* Determinación da información específica.
* Redacción e elaboración.
* Revisión da estructura, contido e expresión.
Tratamento informático da información:
* Recompila-la información.
* Ordena-los datos.
* Selecciona-la aplicación informática.
* Crea-la estructura segundo o resultado para obter.
* Introduci-la información.
* Almacenamento e actualización.
* Deseño da edición.
Contidos conceptuais
O marketing na actividade empresarial:
* O marketing como función empresarial: actividades do marketing.
* Estratexia global e estratexia multidoméstica: estandarización versus adaptación.
* O plan de marketing.
-Concepto.
-Finalidade.
-Fases.
-Metodoloxía para a realización dun plan de marketing.
Organización da actividade internacional da empresa:
* Estructura organizativa para a implantación de actividades internacionais.
-Organigramas.
-Procedementos para toma de decisións.
* Recursos humanos.
-Perfil.
-Técnicas de relacións humanas.
-Rendemento.
-Formación e perfeccionamento.
* Incentivos e subvencións ás exportacións.
-Programas de apoio institucional.
-Convenios internacionais.
-ICEX.
* Bases da competitividade.
-Factores da competitividade dun país.
-Vantaxes competitivas da empresa.
-A competitividade da economía e das empresas galegas.
Estructura económica internacional:
* Organización.
-Investimento mundial e crecemento do comercio.
-Investimentos na UE e nos terceiros países.
-O investimento na implantación internacional: investimento comercial e productivo.
-Regulamento dos investimentos na UE: liberalización, fiscalidade e ámbito de actuación.
-Modalidades xurídicas de investimentos con terceiros países: formas de actuación, responsabilidade e fiscalidade.
-Organizacións económicas internacionais e comercio exterior.
-Mercado global: áreas comerciais.
-Contorno internacional.
-Contorno económico: variables macroeconómicas, consumo, aspectos demográficos e outros datos.
-Contorno cultural.
-Contorno legal: mercantil, propiedade industrial, monopolios e competencia.
-Contorno político.
* Comercio internacional.
-O comercio internacional español.
-Estructura económica galega.
-Indicadores económicos: características do mercado, estructuras comerciais e empresariais, consumidor e competencia.
-Comercio exterior galego: balanza de pagamentos.
Internacionalización da empresa:
* Alternativas de expansión.
* Etapas do proceso de expansión internacional.
-Exportacións pasivas e activas.
-Consolidación das exportacións.
-Establecemento de subsidiarias.
* A empresa multinacional.
Investigación comercial:
* Mercado e o seu contorno.
-Clasificación.
-Comportamento do consumidor.
* Productos.
* Demanda.
-Concepto: demanda potencial, final e derivada.
-Determinantes da demanda. Función.
-Elasticidade.
-Previsión da demanda. Técnicas.
* Investigación comercial.
-Fontes de información.
-Métodos de investigación da información.
-Obxectivos da investigación comercial.
-Etapas da investigación comercial: preselección e investigación e segmentación de mercados.
-Selección de mercados internacionais: estudio do mercado, da comercialización e dos aspectos operativos.
Implantación da empresa nos mercados exteriores:
* Tipos de implantación da empresa nos mercados exteriores.
-A exportación: indirecta, directa e concertada.
-Fabricación en mercados exteriores.
* Aspectos fiscais.
* Selección da entrada nos mercados exteriores.
-Variables internas.
-Variables externas.
Marketing-mix internacional. O producto:
* Atributos.
-Internos.
-Externos: envase, embalaxe, garantía, país de orixe, servicios posvenda e prevenda, marcas (consideracións legais).
* Estratexias.
* Planificación e desenvolvemento do producto.
* Factores que inflúen no mix producto-mercado.
Marketing-mix internacional: a distribución:
* Distribución internacional.
-Métodos de exportación.
-Vías internas de distribución no país estranxeiro.
* Vías máis usuais da distribución internacional.
* Tendencias da distribución internacional.
* Custos na distribución: factores que determinan o custo.
* Xestión das vías de distribución: estratexias.
* Elección da vía de distribución.
Marketing-mix internacional: a promoción:
* Publicidade.
-Medios.
-Planificación.
-Optimización de recursos.
-Rendibilidade.
* Promoción de vendas.
-Documentación promocional.
-Vídeos, software e revistas promocionais.
-Misións comerciais.
-Feiras e exposicións.
-Marketing directo.
* Relacións públicas.
* Política de promoción.
-Selección: obxectivos, tipos e medios.
-Asignación orzamentaria adecuada.
Marketing-mix internacional: o prezo:
* Variables determinantes do prezo.
-Variables controlables pola empresa.
-Variables relativas ós mercados exteriores.
* Estratexias.
* Métodos de fixación de prezos de exportación.
Avaliación económica dun plan de marketing:
* Partidas que compoñen o plan de marketing.
* Criterios de asignación de recursos.
* Conta de explotación provisional.
* Orzamento dun plan de marketing.
Contidos actitudinais
* Realiza-lo traballo con responsabilidade e forma autónoma.
* Rigor e precisión na recollida da información.
* Interese por unha continua actualización na súa formación.
* Desenvolvemento da iniciativa persoal.
* Adaptación ás novas situacións de traballo.
* Actitude crítica cara á fiabilidade da orixe e do contido da comunicación.
* Participación e colaboración no traballo de equipo.
* Flexibilidade de actuación e acomodación ós usos e costumes locais.
* Busca de alternativas a distintas situacións comerciais e organizativas da empresa.
3.2.2. Módulo profesional 2: negociación internacional:
Asociado á unidade de competencia 1: realiza-las operacións de compravenda de mercadorías a nivel internacional.
Capacidades terminais elementais
* Identifica-los criterios de selección de clientes e provedores, establecidos de acordo cos obxectivos comerciais da empresa.
* Identifica-la información sobre as variables e parámetros que afectan a selección de clientes e provedores e os organismos, entidades e empresas que poden subministrala.
* Identifica-los factores de risco internos (cliente/provedor) e externos (mercado/coxuntura económica) que afectan á rendibilidade e seguridade na actuación comercial.
* Obte-la información relevante sobre clientes, provedores e mercados exteriores utilizando as técnicas de investigación comercial adecuadas ós obxectivos da empresa.
* Procesa-la información obtida sobre clientes, provedores e mercados, utilizando programas informáticos idóneos.
* Aplica-las técnicas de comunicación adecuadas na preparación e desenvolvemento de relacións comerciais internacionais utilizando unha linguaxe correcta, no idioma requirido polo cliente ou provedor e tendo en conta a idiosincrasia do país.
* Identifica-las innovacións tecnolóxicas existentes no mercado, aplicando aquelas dispoñibles pola empresa, nos procesos de comunicación.
* Elabora-los plans de negociación da compravenda precisos, de acordo cos obxectivos da empresa, identificando as diferentes etapas e os aspectos fundamentais para negociar.
* Confeccionar ofertas para clientes estranxeiros que conteñan claramente as condicións da compravenda, caracterizando correctamente o producto para comercializar.
* Analizar propostas presentadas polos provedores, seleccionando as que mellor se adaptan ós obxectivos comerciais definidos pola empresa e identificando aspectos sobre os que se pode negociar.
* Identifica-las fontes de información xurídica que regulan a contratación internacional, os elementos do contrato de compravenda e os elementos do dereito internacional que solucionen as contradiccións e conflictos.
* Interpreta-las obrigas do vendedor e do comprador que se deriven das cláusulas do contrato de distribución.
* Elabora-lo precontrato asociado ó proceso de compravenda internacional, de acordo coa normativa de contratación internacional.
* Analiza-las diferentes condicións de entrega (INCOTERMS), comparando as obrigas, riscos e custos asumidos polo comprador e vendedor.
* Detecta-las incidencias máis comúns que se poden dar nos procesos de compravenda internacional, identificando as medidas que se vaian adoptar para a súa resolución.
* Utilizar programas informáticos para o tratamento e organización da información xerada nas operacións de compravenda internacional.
Contidos (duración 110 horas)
Contidos procedementais
A comunicación e a súa aplicación nas relacións internacionais:
* Elaboración dunha tipoloxía das comunicacións, segundo diversos criterios.
* Simulación dunha entrevista persoal con fins comerciais no ámbito internacional.
* Simulación de conversacións telefónicas con países estranxeiros, controlando a claridade e precisión na transmisión da información.
* Identificación das innovacións tecnolóxicas utilizables nos procesos de comunicación.
O proceso de negociación na compravenda internacional:
* Determinación das fontes de información sobre clientes ou provedores potenciais e mercados.
* Obtención e tratamento da información.
* Elección da técnica de negociación internacional na compravenda.
* Determinación dos principais parámetros que configuran unha oferta comercial internacional.
* Identificación das fases do tráfico documental.
* Determinación das obrigas do comprador e do vendedor en canto á embalaxe, o transporte e o seguro, segundo o INCOTERM aplicado.
* Determinación das obrigas do vendedor e do comprador en canto á tramitación das formalidades alfandegueiras de importación, exportación ou tránsito segundo o INCOTERM.
* Elaboración do precontrato de compravenda.
A contratación internacional:
* Identificación das fases do contrato internacional: xeración, perfeccionamento, consumación.
* Análise das causas e efectos da resolución do contrato.
* Determinación das cláusulas máis usuais e o seu efecto na relación contractual.
* Determinación da normativa aplicable a un contrato internacional.
* Descrición dos diferentes contratos de intermediación comercial.
A arbitraxe:
* Identificación dos riscos de natureza xurídica que se poden derivar da resolución do contrato internacional.
* Determinación das precaucións para adoptar ante posibles conflictos interpretativos ou relacionados coa execución do contrato.
* Descrición do procedemento de arbitraxe da Cámara de Comercio Internacional.
* Identificación das principais cortes e centros de arbitraxe internacional.
Uso de aplicacións informáticas de xestión da compravenda internacional:
* Utilización de bases de datos e programas de aplicacións informáticas adaptados ás características do módulo.
Contidos conceptuais
A comunicación e a súa aplicación nas relacións internacionais:
* Os procesos de comunicación.
-Etapas. Canles. Medios.
-Innovacións tecnolóxicas aplicadas á comunicación.
* Tipos de comunicación.
* A comunicación oral nas relacións internacionais.
* A comunicación escrita no comercio internacional.
* Técnicas de venda.
O proceso de negociación na compravenda internacional:
* Prospección.
* Proceso de negociación.
* Técnicas de negociación internacional.
* Consolidación da negociación internacional.
* O precontrato e a opción.
A contratación internacional:
* Características xerais do contrato mercantil internacional.
* Requisitos básicos de tódolos contratos.
* Tipoloxía contractual.
* O contrato de compravenda.
* Normativa reguladora.
Os INCOTERMS 90:
* Concepto.
* Finalidade dos INCOTERMS.
* Grupo E: Ex Works.
* Grupo F: FCA, FAS, FOB.
* Grupo C: CFR, CPT, CIP, CIF.
* Grupo D: DES, DEQ, DAF, DDP, DDU.
Os contratos de intermediación comercial:
* Características xerais.
* Contrato de representación.
* Contrato de axencia.
* Contrato de comisión.
* Contrato de distribución.
* Contrato de franquía.
* Outros contratos.
A arbitraxe:
* A arbitraxe no ámbito internacional.
* Tipoloxía arbitral.
* O convenio arbitral e os seus efectos.
* Cortes de arbitraxe.
* Convenios internacionais e lexislación sobre a arbitraxe.
Aplicacións informáticas de xestión da compravenda internacional:
Contidos actitudinais
* Preocupación pola redacción clara e precisa de toda a documentación escrita xerada nos procesos de negociación comercial.
* Consideración da idiosincrasia, características socioeconómicas e culturais e os usos comerciais do país co que se establecen negociacións.
* Aceptación da importancia de coñecer un idioma estranxeiro para facilita-la comunicación e a negociación no ámbito internacional.
* Actitude positiva cara ás novas tecnoloxías aplicadas ó campo da comunicación.
* Utilización precisa da linguaxe técnica e da terminoloxía xurídica asociada ó módulo.
* Adaptacións a novas situacións no proceso negociador.
* Adopción dunha postura flexible e predisposta ó acordo no proceso negociador.
* Conservación e actualización da información con criterios de dispoñibilidade, confidencialidade e seguridade.
* Valoración da necesidade de información como forma de reducir riscos na relación comercial.
3.2.3. Módulo profesional 3: xestión administrativa do comercio internacional:
Asociado á unidade de competencia 2: realiza-la xestión administrativa nas operacións de importación/exportación e introducción/expedición de mercadorías.
Capacidades terminais elementais
* Identificar e interpreta-las normas e procedementos xerais para aplica-las medidas alfandegueiras arancelarias nos intercambios de mercadorías entre a Comunidade e terceiros países.
* Describir e identifica-las barreiras existentes no comercio internacional e explica-los efectos que poden producir na compravenda internacional.
* Analiza-lo arancel comunitario integrado como instrumento económico-fiscal da protección comercial, clasificando os productos e identificando e interpretando o conxunto de gravames e medidas de economía arancelaria ós que están sometidas as operacións comerciais internacionais.
* Analiza-la normativa referente á orixe das mercadorías e as súas implicacións para a aplicación das medidas preferenciais.
* Describir e aplicar con rigor os métodos de cálculo do valor en alfándega.
* Analiza-la fiscalidade no comercio exterior de acordo coa normativa fiscal correspondente e identifica-la documentación específica.
* Describi-lo procedemento para o pagamento da débeda alfandegueira.
* Analiza-lo proceso de tramitación dunha importación/exportación e dunha introducción/expedición establecendo as diferencias existentes.
* Analiza-los aspectos máis relevantes para a tramitación correspondente á importación/exportación en réxime específico.
* Identificar e interpreta-la normativa internacional que regula a documentación para a xestión de operacións no comercio internacional.
* Identifica-las funcións, a documentación e a tramitación asignada ós organismos que interveñen nas
operacións comerciais intracomunitarias e con países terceiros.
* Determina-la documentación básica das operacións de importación/exportación en réxime xeral e específico.
* Xestionar e cubrir, de se-lo caso, realizando os cálculos oportunos, a documentación para a compravenda internacional e intracomunitaria segundo as esixencias das normativas do tráfico internacional.
* Identificar e defini-los tipos de pólizas de seguro de uso habitual no comercio internacional.
* Relaciona-los riscos nas operacións internacionais co tipo de póliza e as cláusulas para incluír e o grao de cobertura da póliza coas condicións de compravenda.
* Formaliza-la documentación de tramitación dunha póliza de seguros e de reclamacións de indemnizacións por sinistros sucedidos na distribución internacional de mercadorías e a documentación necesaria para xustificalos ó asegurador.
* Verificar que a documentación requirida é a esixida para cada operación e comproba-la correcta elaboración.
* Defini-la organización da información e documentación xerada na actividade comercial internacional.
* Utilizar adecuadamente aplicacións informáticas para a organización da información e para a elaboración da documentación relativa á xestión administrativa do comercio internacional.
Contidos (duración 185 horas)
Contidos procedementais
Obtención e elaboración da documentación comercial e alfandegueira:
* Identificación e interpretación da normativa internacional que regula a documentación para a xestión de operacións de comercio internacional.
* Identificación dos modelos documentais asociados a certificados de orixe, licencias de exportación e toda a documentación relacionada coa operación.
* Identificación dos organismos que interveñen na xestión da compravenda internacional e identificación da documentación ou certificacións que expiden.
* Identificación dos requisitos de solicitude para a obtención da documentación e para a formulacións de peticións.
* Análise do contido da documentación para cubrir.
* Identificación dos datos do documento.
* Elaboración da documentación, realizando a busca de datos, clasificación arancelaria e cálculos necesarios, de acordo coa normativa vixente.
Verificación do proceso administrativo das operacións de comercio internacional:
* Comproba-las fases para realizar na tramitación de operacións de importación/exportación e introducción/expedición.
* Identificación da normativa e documentación propia da operación.
* Comparación dos datos cubertos e a información de orixe.
* Comprobación dos datos, códigos e cálculos para detectar posibles erros.
* Corrección de datos e resultados.
Proceso de declaración e liquidación fiscal:
* Análise das obrigas fiscais que afecten ó suxeito pasivo.
* Identificación do calendario e das obrigas para cumprir.
* Determinación dos datos e da información requirida.
* Obtención da información e/ou dos documentos necesarios.
* Cuantificación e/ou valoración dos datos segundo o requirido nos impresos.
* Cálculo da débeda alfandegueira.
* Formalización de impresos por medios convencionais e/ou informáticos.
* Rexistro e tramitación da documentación.
Protección xurídico-económica da mercadoría:
* Análise dos criterios de conveniencia para a elección dunha determinada póliza de seguro.
* Relación de riscos cubertos e non cubertos nas modalidades de póliza máis frecuentes.
* Aplicación dos INCOTERMS para determina-las obrigas do comprador e do vendedor en relación ó seguro das mercadorías no transporte internacional.
* Determinación das accións para emprender no caso de sinistro.
Tratamento da información:
* Elección da técnica de arquivo para organiza-la información e documentación que se xera na actividade internacional.
* Identificación das fontes de información e subministración de datos de comercio exterior.
* Utilización de programas informáticos que conteñan información comercial e arancelaria.
* Utilización de programas informáticas para cubrir de diversos documentos.
* Elaboración de informes comerciais e arancelarios.
Contidos conceptuais
Política alfandegueira comunitaria:
* A alfándega. Funcións.
* Fundamentos da política alfandegueira comunitaria.
* O dereito alfandegueiro comunitario.
-Concepto.
-Características.
-Fontes.
-O Código Alfandegueiro Comunitario: contido e ámbito de aplicación.
-Regulamento de aplicación.
* Publicacións oficiais.
-DOCE.
-BOE.
Política comercial alfandegueira:
* Política comercial comunitaria.
-Política comercial autónoma: concepto e elementos.
-Política comercial convencional ou contractual: acordos bilaterais e multilaterais.
Regulamentación do comercio exterior español:
* Proceso histórico.
* Regulación actual das importacións.
-Normativa de aplicación.
-Réximes de importación.
-Solicitudes.
-Despacho de alfándegas.
-Comercio con terceiros países: declaración sumaria, formularios e documentos, DUA, utilización en distintos tipos de operación.
-Comercio intracomunitario.
-INTRASTAT: Normativa de aplicación, modelos de declaración.
* Regulación actual das exportacións.
-Normativa de aplicación.
-Réximes de exportación.
-Solicitudes.
-Despacho de alfándegas.
-Comercio con terceiros países: DUA.
-Comercio intracomunitario: INTRASTAT.
* Réximes específicos.
* Destinos alfandegueiros.
-Réximes alfandegueiros.
-Zonas francas ou depósitos francos.
-Reexportación fóra do territorio alfandegueiro da Comunidade.
-Abandono en beneficio do erario público.
-Destrucción.
Barreiras ó comercio internacional:
* Proceso histórico.
* Barreiras arancelarias.
-O arancel: significado e efectos do arancel, sistemática da clasificación, dereitos arancelarios e TARIC.
-Medidas de política arancelaria.
* Barreiras non arancelarias.
-Restriccións cuantitativas.
-Barreiras técnicas e sanitarias.
-Barreiras fiscais: IVE, IIEE e os axustes fiscais en Canarias.
* Medidas de defensa comercial.
Orixe da mercadoría:
* Orixe non preferencial da mercadoría.
* Orixe preferencial das mercadorías.
Valor na alfándega das mercadorías:
* Procedemento xeral de determinación do valor na alfándega.
* A declaración do valor na alfándega (DVI): estructura e contido da declaración.
* Determinación do tipo de cambio aplicable para o cálculo do valor na alfándega.
* Procedementos secundarios de determinación do valor na alfándega.
* Procedementos especiais.
Protección xurídica da mercadoría:
* Normativa básica.
* Teoría do seguro: conceptos xerais. Clases.
* Marco xurídico do contrato de seguro.
* O seguro de transporte.
* O seguro de transporte marítimo de mercadorías.
* O seguro de transporte terrestre.
* O seguro de transporte aéreo.
Contidos actitudinais
* Realiza-lo traballo con responsabilidade e de forma autónoma.
* Constancia na revisión da documentación.
* Rigor e precisión na recollida de información e para cubri-la documentación.
* Adaptación ás novas situacións de traballo.
* Desenvolvemento da iniciativa persoal.
* Cumprimento das esixencias da normativa aplicable ás operacións de compravenda internacional.
* Valoración dos efectos e do custo que ocasionan os erros e o incumprimento das normas.
* Participación e colaboración no traballo de equipo.
* Utilización precisa da linguaxe técnica asociada ó módulo.
* Valoración da conveniencia e, de se-lo caso, obrigatoriedade de contratar un seguro para cubri-los riscos durante o proceso de distribución da mercadoría.
3.2.4. Módulo profesional 4: almacenaxe de productos:
Asociado á unidade de competencia 3: organizar e xestiona-lo proceso de almacenamento e a distribución internacional de mercadorías.
Capacidades terminais elementais
* Organiza-lo espacio físico e funcionamento do almacén tendo en conta a eficiencia no sistema de distribución interna e a normativa de seguridade e hixiene.
* Identifica-las instalacións necesarias e distingui-las diferentes áreas e servicios.
* Analiza-los diferentes medios de manipulación, sistema de distribución e localización de mercadorías, medios de conservación e mantemento e sistema de seguridade e hixiene.
* Organizar e optimiza-los recursos humanos dispoñibles.
* Analiza-las variables administrativas, de utilización de espacios, operativas, de obsolescencia e deterioración, e financeiras que interveñen no cálculo do custo de almacenamento.
* Analiza-las incidencias que se poidan producir na devolución de mercadorías e aplicar procedementos para resolvelas.
* Diferencia-los distintos sistemas de almacenaxe de productos.
* Controlar e xestiona-las existencias no almacén tendo en conta a problemática que representan os stocks para a empresa, utilizando programas informáticos adecuados.
* Emprega-los distintos métodos de valoración de mercadorías utilizando programas informáticos e describi-las técnicas de control de almacéns.
* Calcula-lo custo dos stocks dun almacén e o seu desagregamento por partidas, utilizando programas informáticos adecuados.
* Aplicar modelos de reprovisionamento e técnicas de optimización de custos na execución de pedidos.
* Interpreta-la normativa que regula os distintos tipos de réximes de almacenamento no comercio internacional: depósito alfandegueiro, zona, depósito franco e local autorizado.
* Describi-lo proceso da introducción da mercadoría nos diferentes réximes de almacenamento alfandegueiro.
* Identifica-las normas e as recomendacións que regulamentan a composición, dimensión e os sistemas de envase e embalaxe nas operacións de transporte internacional.
* Establece-los tipos de embalaxe máis adecuados ó tipo de transporte e as características do producto, de acordo coa normativa vixente de protección física das mercadorías, para asegura-lo seu perfecto estado durante o transporte internacional.
* Identificar e interpreta-la normativa vixente de sinalización e rotulado.
* Manexar e aplica-la normativa de seguridade e hixiene en almacéns.
* Utilizar adecuadamente os distintos paquetes informáticos de xestión financeira; integrar información en bases de datos e obte-la información precisa para unha situación determinada.
Contidos (duración 130 horas)
Contidos procedementais
Organización de almacéns:
* Etapas de planificación.
-Agrupación e descrición das tarefas para realizar nun almacén.
-Identificación dos diferentes sistemas de control no almacén.
-Elaboración dun esquema que conteña os distintos criterios de clasificación de almacéns.
-Identificación dos elementos para considerar no deseño físico do almacén.
* División do almacén.
-Deseño dun esbozo das distintas zonas que se poden identificar nun almacén e aplicación dun método de localización de mercadorías.
* Distribución e manipulación das mercadorías.
-Elección do criterio de distribución.
-Descrición das actividades de manipulación das mercadorías.
-Identificación e cálculo dos custos de almacenamento.
-Descrición das distintas formas e medidas que pode conter unha unidade de manipulación.
-Organización dos recursos humanos dispoñibles.
* Tratamento das devolucións.
-Descrición do procedemento xeral que se debe seguir na devolución de mercadorías.
-Establecemento das medidas necesarias de organización de almacén para localiza-las mercadorías que se deben devolver, calculando os custos afectos a elas.
Sistemas de almacenaxe:
* Clasificación dos métodos da almacenaxe segundo diferentes criterios.
* Identificación das variables que interveñen no cálculo do custo de aplicación dos distintos sistemas.
Políticas de stocks:
* A xestión de stocks.
-Identifica-los procedementos máis usuais na xestión de stocks.
-Descrición dos distintos sistemas de reposición de stocks.
-Clasificación das existencias polo método ABC.
-Aplicación dos diferentes criterios de valoración de stocks: LIFO, FIFO, NIFO, custo medio...
-Elaboración de inventarios.
* Factores que afectan ó punto de reposición.
-Identificación dos factores que afectan ó punto de reposición.
-Cálculo dos índices de rotación, obsolescencia e rotura de stock.
* Pedidos e expedicións.
-Identificación dos distintos sistemas de preparación de pedidos.
-Elección da maquinaria para empregar na preparación de pedidos.
-Estimación da cantidade óptima de pedido e cálculo da rotura de stock.
-Determinación dos procedementos administrativos relativos á recepción, almacenamento, distribución interna e expedición de existencias.
-Cubrimento da documentación xerada.
Réximes de almacenamento no comercio internacional:
* Identificación da normativa que regula os réximes de almacenamento de mercadorías.
* Formalización e tramitación das operacións realizadas nos depósitos alfandegueiros, zonas francas e depósitos francos.
Xestión da embalaxe:
* Análise das regulacións técnicas de envases e embalaxes para o transporte internacional nas áreas de normalización, certificación e homologación, identificando os organismos competentes.
* Identificación e descrición das características dos distintos tipos de embalaxe utilizados habitualmente no transporte internacional de mercadorías.
* Determinación da incidencia que ten o transporte, manipulación e almacenamento na selección da embalaxe.
* Selección do envase e embalaxe.
* Determinación das distintas formas e medios de agrupación da embalaxe que se utilizan actualmente e que facilitan a manipulación nas terminais de transporte.
* Cálculo dos custos de envase e embalaxe das mercadorías.
* Identificación e interpretación da normativa vixente de sinalización e rotulado.
Normativa de seguridade e hixiene en almacéns:
* Manexo da normativa de seguridade e hixiene en almacéns.
* Utilización da normativa na localización de mercadorías desde o punto de vista do mantemento, conservación, medio ambiente e compatibilidades.
Aplicacións informáticas:
* Utilización de aplicacións informáticas de xestión de almacéns.
* Utilización de follas de cálculo e bases de datos.
Contidos conceptuais
Organización de almacéns:
* Etapas de planificación.
-Necesidades de almacenaxe.
-Necesidades de capacidade.
-Deseño físico do almacén.
-Fluxo de materiais e medios de manipulación.
-Instalacións.
* División do almacén.
-Zonas dun almacén.
-Localización, distribución e manipulación das mercadorías no almacén.
-Criterios de distribución.
-Actividades máis comúns na manipulación de mercadorías.
-Factores que inciden nos custos de manipulación.
-Unidades de manipulación.
-Conservación e mantemento das mercadorías no almacén.
-Aparellos de manutención.
-Equipos de traballo no almacén.
* Custos de almacenamento.
-Variables que interveñen no cálculo dos custos de almacenamento. Tipoloxía.
* Tratamento das devolucións.
-Custos afectos ás devolucións.
-Sistemas de información e avaliación das causas.
Sistemas de almacenaxe:
* Tipoloxía.
-Métodos de almacenaxe.
-Segundo a organización para a localización das mercadorías.
-Segundo o fluxo de entrada e saída.
-Segundo o equipamento empregado para a optimización do espacio dispoñible.
* Custos de aplicación do sistema.
-Natureza e elementos do custo.
* Deseño do sistema.
-Espacio, mercadorías, normativa de seguridade e hixiene.
Políticas de stocks:
* A xestión do stock.
-Importancia e obxectivos da xestión de stocks.
-Sistemas de reposición.
-Sistemas de previsión da demanda.
-Variables que regulan o stock: cantidade de reprovisionamento, punto de pedido e stock de seguridade.
-Criterios de clasificación dos stocks: aplicación da análise ABC á xestión dos stocks.
-Criterios de valoración dos stocks: LIFO, FIFO, NIFO, prezo medio...
-Control de stocks: movementos de entrada e saída e inventarios.
* Factores que afectan ó punto de reposición:
-Ratios loxísticas: índices de rotación, obsolescencia e rotura.
* Pedidos e expedicións.
-Preparación de pedidos: fases e condicionantes, sistemas de preparación (picking), maquinaria empregada na preparación de pedidos, sistemas de control, ratios.
-Expedición.
-Control de incidencias.
Réximes de almacenamento no comercio internacional:
* Depósitos alfandegueiros: natureza, tipoloxía e normativa reguladora.
* Zonas e depósitos francos: normativa reguladora.
* Locais autorizados: normativa reguladora.
Xestión da embalaxe:
* Función da embalaxe.
-Función do envase e a embalaxe na Unión Europea.
-Normalización, certificación e homologación das embalaxes.
-Protección, conservación e manexabilidade da embalaxe.
-Identificación electrónica das embalaxes.
* Tipoloxía: bala, atados, caixas, contedores...
* Factores que determinan a selección da embalaxe: medio de transporte, mercadoría, destino do producto, custo, normas técnicas.
* Sinalización e rotulado.
-Funcións e normativa.
* Materiais da embalaxe: tipoloxía, selección do material.
Normativa de seguridade e hixiene en almacéns:
* Instalacións. Características.
* Distribución de zonas: obxecto e criterios de distribución.
* Localización de mercadorías: mantemento e conservación das mercadorías, ambiente.
* Medio ambiente e empresa.
-Xustificación. Valor engadido.
-Ecoenvases e ecoembalaxes.
-Minimización e reducción de refugallos.
-Reciclaxe.
Aplicacións informáticas de xestión de almacéns:
* Xestión de bases de datos de clientes e provedores.
* Programas de xestión de almacéns.
Contidos actitudinais
* Interesarse por adquirir unha visión global e coordinada dos procedementos de organización e xestión utilizados na almacenaxe de mercadorías.
* Eficacia na distribución dos espacios e recursos do almacén.
* Esforzarse por realizar un traballo rigoroso e ben feito ó planificar, organizar e desenvolve-las actividades propias da valoración e control de inventarios, amosando iniciativa e sentido da responsabilidade.
* Eficacia na xestión e control da calidade nas embalaxes, sinalización e rotulación das mercadorías.
* Asunción do compromiso de manter e coida-las instalacións e equipos, sacando o máximo proveito ós medios materiais utilizados nos procedementos e evitando custos e desgastes innecesarios.
* Preocupación por amosar respecto polas normas de seguridade e hixiene e protección do medio ambiente en tódolos procedementos que afectan ó módulo.
* Aceptación da necesidade de autoaprendizaxe constante e a formación continua como instrumentos que facilitan a adaptación ás innovacións tecnolóxicas e organizativas.
3.2.5. Módulo profesional 5: transporte internacional de mercadorías:
Asociado á unidade de competencia 3: organizar e xestiona-lo proceso de almacenamento e a distribución internacional de mercadorías.
Capacidades terminais elementais
* Identifica-los distintos medios de transporte internacional, analizando os principais aspectos técnicos e comerciais que os caracterizan.
* Selecciona-lo medio de transporte máis adecuado, tendo en conta criterios de rendibilidade e seguridade da mercadoría durante o seu traslado.
* Establecer rotas de transporte, consolidando envíos, racionalizando a asignación de recursos humanos e materiais dispoñibles e tendo en conta os tempos de recollida e entrega da mercadoría.
* Seleccionar entre as posibles rutas desde a orixe ata o destino das mercadorías, a que optimice a operación.
* Identificar e interpreta-la normativa que regula as condicións de envío das mercadorías nos diferentes medios de transporte internacional.
* Caracterizar convenientemente as mercadorías perigosas, aplicando correctamente as normas sobre a etiquetaxe, rotulación e transporte.
* Analiza-las condicións de entrega pactadas nunha compravenda internacional de mercadorías, para imputa-lo custo de transporte á parte contratante.
* Avalia-lo custo das operacións de transporte internacional nos distintos medios utilizables, aplicando os sistemas de tarifación vixentes ou as diferentes modalidades de frete e os gastos accesorios.
* Elabora-la documentación requirida para a contratación dos diferentes medios de transporte.
* Identifica-los tipos de continxencias que se producen nas operacións de transporte internacional, a forma de detectalas e o procedemento para resolvelas.
* Relaciona-los riscos nas operacións internacionais co tipo de póliza e as cláusulas a incluír e o grao de cobertura da póliza coas condicións de compravenda.
* Procesa-las distintas aparicións derivadas da loxística de distribución, utilizando as aplicacións informáticas específicas.
Contidos (duración 130 horas)
Contidos procedementais
Transporte internacional de mercadorías:
* Definición da infraestructura de transporte e descrición das variables de que depende a nivel mundial.
* Análise dos elementos persoais, reais e formais que interveñen no contrato de transporte de mercadorías.
* Aplicación dos INCOTERMS para determina-lo momento e lugar de entrega da mercadoría e a transmisión de gastos e riscos.
* Aplicación do IVE ás actividades de transporte internacional e intracomunitario.
* Análise da normativa aplicable ós transportes de natureza específica.
Análise dos medios de transporte:
* Identificación dos diferentes réximes de comercialización do transporte internacional de mercadorías.
* Identificación dos diferentes operadores que interveñen no tráfico internacional de mercadorías.
* Análise do marco xurídico aplicable.
* Descrición do funcionamento das terminais de carga.
* Elaboración e xestión da documentación xerada polas operacións de transporte.
Análise do custo no transporte internacional de mercadorías:
* Identificación dos parámetros que interveñen no custo dunha operación de transporte.
* Interpretación dos sistemas de tarifas establecidos polos distintos medios de transporte para operacións de comercio internacional e dos gastos accesorios non incluídos nas tarifas.
Selección do medio de transporte:
* Determinación das variables para ter en conta na elección do medio de transporte no comercio internacional.
* Elección dunha ruta de transporte: área de cobertura e tipo de carga.
* Interpretación da normativa específica sobre condicións e características do transporte.
* Análise das condicións do medio de transporte e da canle de distribución.
* Avaliación das diferentes alternativas.
* Concreción do medio máis idóneo.
Aplicacións informáticas:
* Utilización de programas informáticos sobre transporte internacional de mercadorías.
* Determinación de itinerarios óptimos nas redes loxísticas do transporte internacional.
* Cálculo dos custos das distintas alternativas de transporte internacional de mercadorías con utilización de redes de comunicación e información internacionais.
Contidos conceptuais
O transporte de mercadorías no comercio internacional:
* Loxística e transporte.
* O contrato de transporte de mercadorías.
* Infraestructura.
* Clases de transporte.
* Termos internacionais de entrega: INCOTERMS 90.
* A función da alfándega no transporte.
O transporte por estrada:
* Características.
* Redes viarias.
* Vehículos, limitacións e autorizacións.
* O transporte internacional e as súas clases.
* A organización do mercado na UE.
* Vías de comercialización.
* Marco xurídico do transporte por estrada.
* Tarifas.
O transporte ferroviario:
* Características.
* Aspectos técnicos: material de tracción e remolcado.
* O transporte ferroviario internacional.
* O ferrocarril no transporte intermodal.
* O transporte ferroviario de contedores.
* Tarifas internacionais.
* Vías de comercialización.
* Marco xurídico do transporte ferroviario.
* Política ferroviaria da UE.
Transporte marítimo:
* Características xerais.
* O buque. Tipos e definicións.
* O porto. Clases.
* Aspectos persoais e reais do transporte marítimo.
* Transporte marítimo de liña regular.
* Estructura de custos no transporte de liña regular.
* Vías de comercialización.
* O coñecemento de embarque.
* O transporte en réxime de fretamentos.
* O transporte fluvial de mercadorías.
* Aspectos xurídicos do transporte marítimo.
* O transporte marítimo na UE.
O transporte aéreo:
* Características.
* Tipos de avións. Características técnicas.
* Xeografía aérea.
* Organizacións nacionais e internacionais de transporte aéreo.
* Elementos de carga.
* A terminal de carga aérea.
* Estructura do mercado.
* O axente de carga aérea.
* A tarifación no transporte aéreo de mercadorías.
* Marco xurídico do transporte aéreo.
* O coñecemento aéreo.
O transporte multimodal:
* Aspectos técnicos do transporte multimodal.
* Xestión comercial do transporte multimodal.
* Organización dunha terminal de contedores.
* O operador do transporte multimodal.
* Aspectos xurídicos do transporte multimodal.
Transportes de natureza específica:
* O transporte de mercadorías perigosas.
* O transporte de mercadorías perecedoiras.
* O transporte de animais vivos.
* O transporte en réxime de consolidación ou grupaxe.
Determinación do custo no transporte internacional:
* Natureza e estructura dos custos de transporte.
* Custos fixos e variables.
* Custos directos e indirectos.
* Imputación do custo ás partes contratantes.
Elección do medio de transporte para operacións de comercio internacional:
* Variables que afectan á decisión.
* Criterios de selección do medio.
* Proceso de selección do medio.
* Optimización de rotas.
* Optimización de volumes que se queren transportar.
Informática e transporte:
* Situación actual.
* Elementos básicos.
* Sistemas videotex e ibertex.
* Programas de aplicación ó transporte.
* O intercambio electrónico de datos (EDI).
Contidos actitudinais
* Esforzo por utilizar con rigor e precisión a linguaxe técnica asociada a este módulo no traballo.
* Respecto das normas internacionais que regulan os diferentes medios de transporte.
* Preocupación por realizar unha análise rigorosa e precisa dos factores que inciden na selección do transporte e optimización de rotas.
* Valoración da necesidade de supervisar persoalmente cómo vai cuberta a documentación necesaria na contratación do medio de transporte seleccionado.
* Sensibilidade perante as normas de seguridade e hixiene e protección do medio ambiente durante os procesos de distribución da mercadoría.
* Realización do traballo dunha forma autónoma e responsable.
* Interese pola resolución áxil das continxencias que xurdan durante o transporte de mercadorías.
* Interese polas innovacións tecnolóxicas e polas estratexias loxísticas que xorden no ámbito do transporte.
3.2.6. Módulo profesional 6: financiamento internacional:
Asociado á unidade de competencia 4: xestiona-las operacións de financiamento para transaccións internacionais de mercadorías.
Capacidades terminais elementais
* Elaborar previsións de pagamentos e cobramentos para detectar necesidades de financiamento.
* Identificación das fontes de información sobre posibilidades de financiamento internacional.
* Obter, por procedementos informáticos de consulta directa, información actualizada das institucións públicas e privadas sobre axudas á exportación e ó establecemento de consorcios en mercados internacionais.
* Obte-la información apropiada e fiable sobre as posibles vías de financiamento, procesándoa con medios informáticos.
* Selecciona-la modalidade de crédito máis adecuada para financiar operacións de compravenda internacional, en función do seu custo, do producto e do país con que se opere.
* Identifica-las consecuencias dos riscos inherentes ás diferentes modalidades de financiamento das operacións internacionais para o comprador e o vendedor.
* Avalia-las condicións e custo das pólizas de seguro de crédito á exportación, realizando os cálculos necesarios para determina-la cobertura idónea, de acordo con procedementos establecidos.
* Identificar e avaliar outras alternativas de cobertura de riscos utilizables pola empresa nas diferentes modalidades de crédito e nas operacións con divisas.
* Identificar e interpreta-la normativa legal que regula os seguros de créditos á exportación.
* Describi-lo procedemento de fixación de tipos de cambio a prazo no mercado de divisas como instrumento de cobertura de riscos no comercio internacional.
* Identifica-los posibles instrumentos de cobertura de riscos e as vantaxes que aportan nas diferentes modalidades de crédito e nas operacións con divisas.
* Analiza-la información relacionada co mercado de divisas e as súas implicacións no comercio internacional.
* Selecciona-la divisa máis favorable para nominar unha transacción comercial internacional tendo en conta o custo, o risco e a modalidade de cobertura máis adecuada.
* Identificar e interpreta-la normativa que regula o funcionamento do mercado de divisas.
* Analiza-las variables que inflúen nas fluctuacións dos tipos de cambio das divisas, diferenciando os seus efectos económicos e financeiros.
* Describi-los requisitos, condicións e procedementos que se esixen nun determinado concurso ou licitación internacional e confecciona-los documentos requiridos para a participación nel.
* Utilizar adecuadamente os distintos paquetes informáticos de xestión financeira; integrar información en bases de datos e obte-la información precisa para unha situación determinada.
Contidos (duración 160 horas)
Contidos procedementais
Cálculo financeiro:
* Cálculo dos elementos asociados ó concepto de capitalización simple e composta.
* Recoñecemento das variables que interveñen na amortización dun crédito.
* Determinación de fórmulas de cálculo segundo o sistema de amortización utilizado.
Financiamento da empresa nos mercados internacionais:
* Obtención de información sobre fontes de financiamento.
* Enumeración e descrición das diferentes formas de financiamento das importacións e exportacións.
* Elección das modalidades de financiamento das importacións e exportacións, avaliando o seu custo financeiro.
Cobertura de riscos nas formas de financiamento internacional:
* Identificación dos riscos financeiros máis habituais asociados a unha operación internacional.
* Análise das modalidades de pólizas de cobertura.
* Interpretación da normativa legal aplicable.
* Deducción das consecuencias para a operación.
Licitacións e concursos internacionais:
* Identificación das modalidades de fianzas e garantías asociadas ás licitacións ou concursos internacionais.
* Identificación da normativa que regula os procedementos de licitación ou concurso no ámbito internacional.
* Identificación da documentación para cubrir.
Aplicacións informáticas no financiamento internacional:
* Uso de aplicacións informáticas de cálculo e liquidación de operacións bancarias e financeiras.
* Instalación e uso de aplicacións informáticas de análise e control de operacións instrumentadas en divisas.
Contidos conceptuais
Cálculo financeiro:
* Operación financeira. Capitalización. Actualización.
* Capitalización simple.
* Capitalización composta.
* Desconto.
* Rendas financeiras.
* Empréstitos.
Operacións con divisas:
* O control de cambios español.
* O mercado de divisas.
* Sistema monetario europeo.
* O euromercado.
Financiamento da empresa nos mercados internacionais:
* Financiamento de importacións.
* Financiamento de exportacións.
* Financiamento da exportación pola vía do crédito oficial.
* Empréstitos financeiros en divisas a residentes.
* Empréstitos financeiros en divisas a non residentes.
Cobertura de riscos nas operacións comerciais e nas operacións financeiras en divisas:
* O seguro de crédito á exportación.
* A Compañía Española de Seguros de Crédito á Exportación.
* O seguro de cambio.
* Operacións forward.
* Futuros financeiros.
* Opcións.
Licitacións e concursos internacionais:
* Concepto e características xerais.
* Normativa reguladora das licitacións ou concursos internacionais.
Operacións especiais no comercio internacional:
* Operacións triangulares.
* Operacións countertrade.
* Convenios de compensación bilateral (clearing).
Contidos actitudinais
* Discriminación dos datos obxectivos do mercado e opinións.
* Valoración da importancia da conservación e confidencialidade da información.
* Utilización con precisión da linguaxe técnica no traballo.
* Realización do traballo dunha forma autónoma e responsable.
* Rigor nos cálculos derivados das operacións de financiamento en pesetas ou divisas.
* Utilización das novas tecnoloxías que faciliten o acceso a bases de datos públicas e privadas.
* Actualización permanente na información sobre mercados de divisas e posibilidades de financiamento.
* Respecto á legalidade vixente en materia de control de cambios.
* Cubrir en tempo e forma establecidos a presentación da documentación asociada ás operacións de financiamento internacional.
3.2.7. Módulo profesional 7: medios de pagamento internacionais:
Asociado á unidade de competencia 4: xestiona-las operacións de financiamento para transaccións internacionais de mercadorías.
Capacidades terminais elementais
* Identifica-las funcións do sector financeiro e no conxunto da economía e do Banco de España como regulador deste sector e da política monetaria.
* Defini-las principais obrigas asociadas ás entidades financeiras, de seguros e de transporte para garanti-lo pagamento dunha operación de comercio internacional.
* Obter información relevante sobre a solvencia do comprador e sobre o contexto no que se opera, avaliando o posible risco de non-pagamento.
* Analiza-los distintos medios de pagamento para aparicións de compravenda internacional, avaliando para cada un os riscos e custo para a empresa.
* Selecciona-lo medio de pagamento máis adecuado, tendo en conta a operación, cliente e país co que se opera.
* Describi-la operativa dos medios de pagamento máis utilizados na práctica do comercio internacional.
* Diferencia-los elementos esenciais que conforman un crédito documentario, a documentación necesaria para cada unha das partes e as formas de utilización e cobramento.
* Verifica-la documentación comercial nas modalidades documentarias de pagamento identificando, se é o caso, reservas ou discrepancias.
* Determina-los documentos básicos e complementarios que se deben presentar para xestiona-los diferentes medios de pagamento en función da normativa aplicable e das condicións pactadas no contracto.
* Analiza-las garantías reais e persoais asociadas ó pagamento de operacións de compravenda internacional, esixidas na práctica bancaria.
* Identifica-la normativa nacional e internacional reguladora dos medios de pagamento internacionais.
* Determina-los trámites administrativos necesarios para legalizar ou certifica-la documentación requirida no cobramento ou pagamento das operacións internacionais.
* Utilizar adecuadamente paquetes informáticos de confección e análises de medios de pagamento e cobramento internacionais.
Contidos (duración 90 horas)
Contidos procedementais
Medios de pagamento e cobramento internacional:
* Análise da regulamentación española dos cobramentos e pagamentos.
* Obtención de información sobre cada unha das modalidades de pagamento.
* Identificación da normativa internacional que regula os medios de pagamento.
* Identificación dos elementos persoais que interveñen e estudio do papel de cada un deles.
* Descrición do funcionamento nas diferentes fases: emisión, presentación, liquidación.
* Secuenciación das accións para realizar.
Selección do medio de pagamento:
* Identificación das características da operación: cliente, producto, prazos, país.
* Determinación da información específica sobre clientes e países.
* Obtención e análise da información.
* Identificación das vantaxes e riscos de cada medio de pagamento.
* Avaliación do risco e custo.
* Elección do medio de pagamento máis adecuado á operación.
Xestión do medio de pagamento:
* Interpretación da normativa internacional aplicable.
* Especificación da documentación comercial e financeira asociada ó medio de pagamento/cobramento.
* Confección dos documentos de emisión e documentos financeiros.
* Verificación dos documentos comerciais.
* Obtención de certificados e outra documentación.
Aplicacións informáticas nos medios de pagamento internacionais:
* Utilización de aplicacións informáticas na confección de documentos asociados ós medios de pagamento e cobramento internacionais.
* Acceso a bases de datos.
Contidos conceptuais
Medios de pagamento internacional:
* O sistema financeiro español. Composición. O Banco de España.
* As entidades financeiras. Funcións.
* Características xerais dos medios de pagamento.
* Principais medios de pagamento. Clasificación.
* Os billetes de banco.
* O cheque persoal e o cheque bancario. Características básicas. Esquema operativo de funcionamento.
* A orde de pagamento simple e documentaria. Transferencia. Letra de cambio. Esquema operativo de funcionamento.
* Remesa simple e documentaria. Funcionamento.
* Crédito documentario. Modalidades. Esquema de funcionamento das diferentes fases.
* Carta de crédito internacional e outras formas de pagamento internacional.
Normativa reguladora dos medios de pagamento:
* Lei 19/1985, cambiaria e do cheque.
* Lei uniforme de Xenebra sobre o cheque.
* Lei uniforme de Xenebra sobre a letra de cambio e a obriga de pagamento á orde.
* Regras uniformes para o cobramento de papel comercial da Cámara de Comercio Internacional.
* Regras e usos uniformes sobre os créditos documentarios da Cámara de Comercio Internacional.
Garantías e avais bancarios no comercio internacional:
* Análise dos riscos.
* Modalidades de garantías.
* Normativa legal sobre garantías e avais.
Contidos actitudinais
* Valoración dunha información actualizada sobre clientes, provedores e mercados, como forma de evitar riscos de non-pagamento.
* Rigor ó cubri-la documentación derivada dos cobramentos e pagamentos internacionais requiridos polas entidades rexistradas.
* Utilización dos equipos informáticos para o arquivo e procesamento da información.
* Respecto pola legalidade vixente en materia de cobramentos e pagamentos internacionais.
* Valoración da exactitude no cumprimento dos condicionados dos créditos documentarios ou das instruccións dadas se é o caso polo importador, como requisito para levar a boa fin o cobramento nas operacións internacionais.
* Comprobación minuciosa da documentación comercial asociada a unha forma de pagamento documentario para evitar ou detectar reservas nela.
* Precisión e exactitude nos cálculos derivados de operacións con divisas.
3.3. Módulos profesionais transversais:
3.3.1. Módulo profesional 8: aplicacións informáticas de propósito xeral:
Capacidades terminais elementais
* Analiza-la importancia da informática como instrumento de comunicación e xestión das actividades comerciais.
* Distingui-los principais compoñentes dun sistema informático e as súas funcións.
* Identifica-los distintos sistemas operativos e as súas características.
* Aplicar, como usuario/a, as utilidades, funcións e procedementos de sistemas operativos monousuarios e multiusuarios.
* Manexa-las axudas das distintas aplicacións informáticas como recurso non memorístico.
* Explica-la estructura e funcións básicas dunha rede de área local.
* Aplicar con eficacia os comandos, rutinas e utilidades que permiten traballar nunha rede de área local (LAN).
* Recoñece-la estructura e aplicacións básicas das redes de comunicación e información.
* Explica-las distintas aplicacións que poden ofrece-las redes de comunicación dentro do ámbito do comercio.
* Amosar axilidade no deseño, edición e impresión de documentos cun tratamento de texto.
* Aplica-las funcións e procedementos avanzados dun tratamento de texto.
* Empregar con eficacia o deseño, edición e impresión de documentos cunha folla de cálculo.
* Utiliza-las representacións gráficas e os procedementos avanzados dunha folla de cálculo.
* Amosar axilidade na creación, actualización, consulta e impresión de información con bases de datos.
* Identifica-las distintas aplicacións gráficas e de autoedición máis importantes no ámbito do comercio.
* Ilustrar, editar e imprimir documentos cunha aplicación gráfica e de autoedición.
* Utiliza-los procedementos que garanten a integridade, seguridade, dispoñibilidade e confidencialidade da información almacenada.
* Experimentar coas opcións de importación/exportación de datos entre as aplicacións estudiadas.
* Explica-las características e funcionamento dos paquetes integrados.
Contidos (duración 110 horas)
Contidos procedementais
Sistema informático:
* Identificación das necesidades de información electrónica na empresa.
* Localización e explicación dos periféricos de entrada, saída, almacenamento e comunicación.
* Recoñecemento das funcións básicas da unidade central de proceso.
* Identificación das aplicacións.
Sistemas operativos monousuario e multiusuario:
* Execución das utilidades e procedementos básicos de usuarios para:
-Instalación do sistema operativo.
-Arrinque e configuración do sistema.
-Xestión de ficheiros, directorios e discos.
-Obtención de copias de seguridade e protección da información almacenada.
-Utilización de impresoras.
* Manexo dos editores do sistema.
Redes locais:
* Identificación da estructura e funcións básicas dunha rede de área local.
* Conexión e desconexión do servidor da rede.
* Compartición de recursos.
* Xestión de ficheiros e directorios.
* Obtención de copias de seguridade.
* Protección da información almacenada.
* Utilización de impresoras.
* Comunicación entre usuarios.
Redes de comunicación e información exterior:
* Identificación da estructura da rede Internet e establecemento de protocolos, host, nome de dominio e número de usuario.
* Instalación e configuración de aplicacións informáticas para envío, lectura e recepción de mensaxes mediante a utilidade de correo electrónico.
* Descrición e experimentación, mediante conexións, dos servicios básicos da rede: correo electrónico, conexión remota, servicios de ficheiros, World Wide Web (WWW) e protocolos.
Procesadores de textos:
* Instalación e configuración dun tratamento de texto.
* Aplicación de distintos tipos de letra e formateo de documentos.
* Utilización das funcións de encabezados, pés de páxina, número de páxina, referencias...
* Inserción de gráficos.
* Operacións de edición e corrección de textos.
* Inserción e cubrimento de táboas.
* Aplicación de columnas.
* Utilización de macros, esquemas e índices.
* Deseño, elaboración e impresión de etiquetas.
Follas de cálculo:
* Instalación e configuración dunha folla de cálculo.
* Creación dunha estructura adecuada.
* Introducción e edición de datos e fórmulas do modelo.
* Operación con rangos.
* Aplicacións das funcións requiridas (estatísticas, lóxicas, financeiras...)
* Obtención das representacións gráficas.
* Análise e elaboración da información resultante.
* Gravación, recuperación e impresión de follas de cálculo.
Bases de datos:
* Instalación e configuración dunha base de datos.
* Creación de bases de datos que permitan:
-Adición, modificación, eliminación e recuperación de rexistros.
-Aplicación de funcións para a protección de datos.
-Utilización de opcións e valores apropiados para a presentación.
-Integración de gráficos.
-Impresión.
* Obtención de copias de seguridade de bases creadas.
Aplicacións gráficas:
* Instalación e configuración dunha aplicación gráfica.
* Creación de documentos comerciais que permitan a práctica das distintas funcións e mandatos dunha aplicación gráfica.
Integración de aplicacións:
* Experimentación coas funcións de importación/exportación das distintas aplicacións traballadas.
* Realización de documentos utilizando paquetes integrados.
Contidos conceptuais
Sistema informático:
* Función actual da informática como instrumento de comunicación e xestión empresarial.
* Parte física dun sistema informático: periféricos de entrada, saída, almacenamento e comunicación. CPU.
* Parte lóxica dun sistema informático: programas de sistemas, programas de aplicacións, linguaxes de programación.
Sistemas operativos monousuario e multiusuario:
* Tipos de sistemas operativos. Características básicas.
* Técnicas e procedementos para a seguridade do sistema e a información.
* Arrinque do sistema operativo.
* Organización e xestión da información.
* Arquivos de configuración.
* Procesos por lotes.
* Interfaces de usuario.
Redes locais:
* Concepto e vantaxes dunha rede local.
* Xestores dunha rede local.
* Terminoloxía específica das redes locais.
* Funcionamento dunha rede local.
* Topoloxía das redes locais: bus, árbore, anel e estrela.
* Medios de transmisión.
* Control das comunicacións da rede: protocolos.
* Normas estándares para redes locais.
* Seguridade da rede.
Redes de comunicación e información exterior:
* Redes de comunicación e información: breve historia da rede Internet.
* Conceptos básicos sobre Internet.
* Estructura da rede Internet.
* Conexión con Internet.
* Información xeral da rede en España e en Galicia.
* Formas para utilizar Internet.
* Servicios básicos en Internet.
* Utilidades básicas de Internet de cara ó comercio.
* Detección e selección de fontes empresariais.
* Webs de distribuidores de bases de datos comerciais.
* Intranet: características e servicios básicos.
Procesadores de textos:
* Funcións do procesador de texto.
* Instalación e configuración dun procesador de texto.
* Almacenamento, recuperación e impresión de documentos.
* Edición de texto.
* Deseño de parágrafo, páxina e documento.
* Índices, referencias e documentos mestres.
* Columnas, táboas, esquemas, macros, estilos, gráficos.
* Fusión e clasificación.
Follas de cálculo:
* Estructura, funcións e terminoloxía básica dunha folla de cálculo.
* Instalación e configuración dunha folla de cálculo.
* Mandatos.
* Deseño, edición e impresión de follas de cálculo.
* Opcións e aplicacións para a xestión de ficheiros e protección de datos.
* Integración de gráficos.
* Funcións e procedementos para realizar análises de datos.
* Macros.
* Relación dos distintos tipos de follas de cálculo que hai no mercado.
Bases de datos:
* Concepto, estructura, mandatos e funcións dunha base de datos.
* Instalación e configuración dunha base de datos.
* Creación, actualización e relación de bases de datos.
* Funcións e atributos para a visualización de datos.
* Consulta, filtraxe e ordenación de datos.
* Ordenación de datos.
* Enlaces de bases de datos.
* Xestión de ficheiros.
* Aplicacións para a protección de datos.
* Impresión.
Aplicacións gráficas:
* Tipos e finalidades das aplicacións gráficas.
* Instalación e configuración dunha aplicación gráfica.
* Estructura, funcións e mandatos dunha aplicación gráfica.
* Tipos de gráficos soportados.
* Funcións e procedementos, da aplicación, para a creación, almacenamento, recuperación, impresión, copia e protección de gráficos.
Integración de aplicacións:
* Integración de datos entre distintas aplicacións.
* Paquetes integrados.
Contidos actitudinais
* Aceptación da necesidade da autoaprendizaxe constante e da formación continua como instrumentos que facilitan a adaptación ás innovacións tecnolóxicas e organizativas.
* Valoración do traballo rigoroso e ben feito ó planificar, organizar e desenvolve-las actividades propias, demostrando iniciativa, creatividade e sentido da responsabilidade e mantendo o interese durante todo o proceso.
* Adopción do compromiso de manter e coida-las instalacións e equipos e saca-lo máximo proveito ós medios materiais utilizados nos procedementos, evitando custos e desgastes innecesarios.
* Utilización crítica e responsable das fontes de información internacionais e da orixe e contido da comunicación.
* Rigor e precisión na recollida e transmisión de datos e na utilización da linguaxe técnica asociada ó módulo.
* Valoración da importancia da conservación e confidencialidade da información á que se ten acceso.
3.3.2. Módulo profesional 9: lingua estranxeira en comercio internacional (inglés)
Capacidades terminais elementais
* Identifica-los aspectos relevantes e a organización discursiva de diferentes tipos de textos orais e escritos do contorno profesional.
* Interpreta-la mensaxe (directa, telefónica ou escrita) na lingua estranxeira dun interlocutor no ámbito económico, xurídico e financeiro relacionado coas relacións comerciais e analizando o contexto e a situación de comunicación para levar a cabo as accións oportunas.
* Aplica-las estratexias comunicativas na descodificación dos aspectos esenciais das mensaxes procedentes do contorno profesional.
* Transferi-la información dunha comunicación en lingua estranxeira dun código escrito a un oral e viceversa.
* Producir mensaxes orais na lingua estranxeira en diversas situacións relacionadas co ámbito da actividade profesional interpretando e transmitindo a información con adecuación, cohesión e coherencia, empregando a terminoloxía profesional e a léxica máis usuais.
* Selecciona-la lectura pertinente (sintética, ampla e parcial) dunha formación recibida para desenvolver unha acción ou unha tarefa profesional proposta.
* Analizar e obte-la información precisa e útil do interlocutor estranxeiro, segundo as normas de protocolo e de cortesía internacionais, coa finalidade de dar unha imaxe adecuada nas relacións comerciais establecidas.
* Redactar e/ou cubri-los documentos e informes propios do comercio internacional en lingua estranxeira con corrección, precisión, coherencia e cohesión solicitando e/ou facilitando unha información de tipo xeral ou detallada.
* Producir mensaxes escritas relacionadas coas operacións de tráfico internacional con adecuación, cohesión e coherencia facendo uso dos recursos lingüísticos e non lingüísticos seguindo as normas de protocolo e as conductas de cortesía do país estranxeiro.
* Redactar e/ou cubrir documentos e informes propios do comercio internacional en lingua estranxeira con corrección, precisión, coherencia e cohesión solicitando e/ou facilitando unha información de tipo xeral ou detallada.
* Interactuar nas situación de negociación, argumentación, intercambio de informacións, cunha mensaxe adecuada á situación e o contexto comunicativo.
* Resumir oralmente e por escrito a información de comunicación oral ou escrita na lingua estranxeira propia do contorno profesional.
* Redactar na lingua propia unha traducción que ofreza os grandes trazos e as condicións específicas dunha mensaxe en lingua estranxeira.
* Traducir detalladamente á lingua propia textos en lingua estranxeira relacionados co contorno económico, financeiro, fiscal ou normativo do comercio internacional, utilizando as técnicas de traducción asistida e automatizada de textos.
* Traducir escritos e formularios propios das operacións de compravenda internacional á lingua estranxeira coa axuda do diccionario e con soporte escrito ou electrónico.
* Resolve-los problemas de comprensión e de expresión en relación cos contidos lingüísticos e comunicativos propios do ámbito profesional de forma autónoma.
* Respecta-las actitudes e comportamentos socioculturais e de protocolo do país estranxeiro ó que se dirixe a comunicación oral ou escrita, no marco das relacións comerciais internacionais.
* Valora-la importancia da linguaxe como vehículo de comunicación e de entendemento no ámbito das relacións comerciais internacionais, de tecnoloxía, de cultura e do coñecemento.
Contidos (duración 160 horas)
Contidos procedementais
Comunicación oral:
* Comprensión de mensaxes orais procedentes de fontes diversas.
* Interpretación das mensaxes: distinción entre datos e opinións, intencionalidade do falante, identificación dos elementos relevantes nas mensaxes atendendo ós distintos códigos (verbal, xestual, icónico...).
* Obtención de información legal e socioeconómica en lingua estranxeira:
-Selección e baldeirado das fontes de interpretación.
-Ordenación da información.
-Elaboración en lingua estranxeira.
-Presentación e emisión en lingua estranxeira.
* Comunicación presencial en lingua estranxeira.
-Recepción e saúdo.
-Introducción das convencións de cortesía do país estranxeiro.
-Selección das formas de comunicación e de cortesía.
-Captación do obxectivo da situación comunicativa.
* Comunicación telefónica en lingua estranxeira.
-Identificación do interlocutor.
-Inferencia dos aspectos claves da mensaxe.
-Deducción do sentido da mensaxe.
-Formulación de preguntas tendo en conta as convencións de cortesía propias da lingua estranxeira.
-Obtención de información complementaria para dar resposta á demanda de información.
-Selección das estratexias de relación e do estilo comunicativo.
-Emisión da mensaxe e/ou información.
-Síntese da mensaxe recibida.
* A negociación na lingua estranxeira.
-Análise dos intereses de ámbalas dúas partes.
-Diagnóstico da situación.
-Fixación dos obxectivos da operación comercial.
-Identificación das normas de tratamento e de protocolo.
-Adaptación da linguaxe, estilo e contido.
-Intercambio de opinións entre as partes negociadoras.
-Producción e presentación de novas alternativas ou propostas.
-Pechamento e acordos.
Comunicación escrita:
* Análise do contido dun documento en lingua estranxeira.
* Interpretación do léxico específico.
* Consulta da normativa regulamentaria e dos soportes de traducción.
* Obtención da información necesaria.
* Codificación e cuantificación dos datos.
* Realización da formalización de documentación en lingua estranxeira.
* Comprobación dos datos, expresións e formulismos.
* Concreción da finalidade do escrito en lingua estranxeira.
* Elección da información para producir un texto en lingua estranxeira.
* Organización da información e das ideas do texto.
* Preparación dun borrador do deseño formal e do esquema.
* Redacción tendo en conta as características propias de cada documento.
* Revisión e corrección convencional e informatizada dos textos.
* Traducción directa e inversa de textos relacionados coa actividade profesional, identificando os elementos e as relacións do texto, facendo unha exploración da mensaxe no texto.
* Tratamento informático da información, dos datos e os textos en lingua estranxeira.
Aspectos socioprofesionais:
* Análise dos aspectos socioculturais relevantes nos países onde se fala a lingua estranxeira.
* Introducción das convencións de cortesía do país estranxeiro.
* Emprego contextualizado das normas de tratamento e protocolo.
* Utilización dos coñecementos adquiridos para interpretar mensaxes presentes no propio medio.
Contidos conceptuais
Comunicación oral:
* Función habituais na interacción comunicativa cotiá.
-Descrición.
-Narración.
-Explicación.
-Argumentación no contexto profesional.
* Expresividade oral: fonoloxía, fonética, acentuación, entoación e prosodia.
* Vocabulario referente a termos profesionais.
* Expresións de uso frecuente e idiomáticas no ámbito socio-profesional.
* Estratexias.
* A atención presencial e/ou telefónica: interpretación, adaptación, cohesión do discurso, recursos, imaxe da empresa.
Comunicación escrita:
* Elementos formais e estructura dos textos escritos:
-Presentación, ortografía, signos de puntuación, normas gramaticais e discursivas.
-Comunicación axeitada ás diferentes situacións e contextos.
-Fórmulas de cortesía.
* Principios e características máis relevantes do discurso escrito:
-Proporcionar tódolos datos relevantes evitando a ambigüidade.
-Elementos de cohesión do discurso.
* Traducción directa e inversa de textos propios do tráfico internacional: proceso, estructura e coherencia.
* Redacción de cartas e comunicacións no contexto comercial internacional, fórmulas de tratamento persoal, estructura e cohesión sintáctica.
* Terminoloxía específica do sector.
Aspectos socioprofesionais:
* Regras e hábitos en situacións da vida cotiá: horarios, actividades habituais, papeis sociais.
* Convencións e pautas de cortesía.
* Formas de expresión nas funcións comunicativas orais e escritas.
* Normativa internacional e de uso en relacións comerciais internacionais: léxico, formulismos e expresións.
Contidos actitudinais
Comunicación oral:
* Interese por solucionar dificultades de comprensión e/ou expresión no desenvolvemento dunha mensaxe en lingua estranxeira.
* Autonomía en busca-la forma de interpretar, expresar e descodifica-la información.
* Valora-la capacidade de expresarse oralmente na lingua estranxeira como medio de comunicación e entendemento entre as persoas.
* Superación das dificultades, admitindo que os erros forman parte do proceso de aprendizaxe e aproveitando os recursos lingüísticos.
* Interese por participar nas distintas situacións de comunicación posibles.
* Constancia en busca-la significación de vocabulario, expresións idiomáticas e formulismos que se usan no contexto profesional do tráfico internacional.
* Respecto e seguimento das normas do protocolo profesional.
* Respecto polas mensaxes emitidas polo(s) noso(s) interlocutor(es).
* Esforzo en ser rigoroso na interpretación e producción de mensaxes.
Comunicación escrita:
* Curiosidade e interese polas ideas manifestadas nos textos en lingua estranxeira.
* Rigor na interpretación, producción e revisión de textos.
* Capacidade de esforzo por buscar ou completa-la información ante as dificultades de comprensión dos textos escritos en lingua estranxeira.
* Interese por introducir novas posibilidades expresivas nas comunicacións e nas traduccións.
* Recoñecemento da capacidade de comprender globalmente un texto escrito sen necesidade de entender tódolos seus elementos.
* Busca da fórmula máis adecuada na presentación da comunicación no contexto das relacións comerciais.
Aspectos socioprofesionais:
* Curiosidade e respecto polas ideas, as normas e os costumes que establecen outros países con relación ó tráfico internacional.
* Tratamento non discriminatorio nas comunicacións a diferentes axentes do país ou estranxeiros na comunicación presencial, telefónica ou escrita.
* Seguridade na capacidade persoal de progreso e adaptación ás situacións comunicativas.
* Valoración do enriquecemento persoal que supoñen as relacións profesionais cos outros países.
* Cooperación cos compañeiros na organización, xestión e realización de tarefas de aprendizaxe da lingua estranxeira.
* Transferencia das tecnoloxías e procesos de traballo propios do comercio internacional no medio das comunicacións en lingua estranxeira.
3.3.3. Módulo profesional 10: segunda lingua estranxeira:
Capacidades terminais elementais
* Identifica-los elementos máis importantes dunha información oral ou escrita en lingua estranxeira segundo as diversas situacións de comunicación da vida cotiá e da vida profesional para obter informacións globais e específicas.
* Identifica-los elementos básicos e máis utilizados da linguaxe específica do sector en textos profesionais a partir das necesidades comunicativas do alumnado.
* Emprega-las estratexias comunicativas adecuadas e o contexto persoal e profesional, lingüístico e non lingüístico, para aumenta-la comprensión escrita e oral.
* Comprender e producir mensaxes orais en lingua estranxeira en situacións diversas de comunicación: habituais, persoais e profesionais.
* Utiliza-la linguaxe necesaria para reproducir opinións, sintetizar ideas e ofrecer información de tipo xeral.
* Redactar textos escritos sinxelos en lingua estranxeira en función dunha actividade concreta.
* Traducir ó idioma materno textos sinxelos en lingua estranxeira relacionados coas necesidades e intereses socioprofesionais do alumnado.
* Amplia-lo coñecemento e información propios do sector profesional a partir da lectura comprensiva de textos profesionais.
* Ofrecer explicacións e instruccións básicas do contorno profesional en función do contexto e das normas de protocolo.
* Identifica-los aspectos fundamentais do ámbito sociocultural propio de cada país e valorar criticamente outras maneiras de organiza-las relacións persoais e profesionais.
* Aprecia-la riqueza que representa a variedade de hábitos culturais dos distintos países da lingua estranxeira incorporándoos ás relacións persoais e profesionais.
Contidos (duración 130 horas)
Contidos procedementais
Comunicación oral:
* Comprensión de mensaxes orais relacionadas con situacións tanto da vida cotiá coma do contorno profesional.
* Interpretación das mensaxes: distinción entre datos e opinións, intencionalidade do falante, identificación dos elementos relevantes nas mensaxes atendendo ós distintos códigos (verbal, xestual, icónico).
* Obtención de información profesional en lingua estranxeira:
-Selección e baldeirado das fontes de interpretación.
-Ordenación da información.
-Elaboración en lingua estranxeira.
-Presentación e emisión en lingua estranxeira.
* Comunicación presencial en lingua estranxeira:
-Recepción e saúdo.
-Introducción das convencións de cortesía do país estranxeiro.
-Selección das formas de comunicación e de cortesía.
-Captación do obxectivo da situación comunicativa.
* Comunicación telefónica en lingua estranxeira:
-Identificación do interlocutor.
-Inferencia dos aspectos claves da mensaxe.
-Deducción do sentido da mensaxe.
-Formulación de preguntas tendo en conta as convencións de cortesía propias da lingua estranxeira.
-Obtención de información complementaria para dar resposta á demanda de información.
-Selección das estratexias de relación e do estilo comunicativo.
-Emisión da mensaxe e/ou información.
-Síntese da mensaxe recibida.
* A negociación na lingua estranxeira:
-Análise dos intereses de ámbalas dúas partes.
-Diagnóstico da situación.
-Fixación dos obxectivos da operación profesional.
-Identificación das normas de tratamento e de protocolo.
-Adaptación da linguaxe, estilo e contido.
-Intercambio de opinións.
-Producción e presentación de novas alternativas ou propostas.
-Pechamento e acordos.
Comunicación escrita:
* Análise do contido dun documento en lingua estranxeira.
* Interpretación do léxico específico.
* Consulta da normativa regulamentaria e dos soportes de traducción.
* Obtención da información pertinente.
* Comprobación dos datos, expresións e formulismos.
* Producción de textos en lingua estranxeira:
-Concreción da finalidade do escrito en lingua estranxeira.
-Organización da información e das ideas do escrito.
-Elección da información para producir un texto en lingua estranxeira.
-Preparación dun borrador do deseño formal do texto.
-Redacción dun texto tendo en conta as características propias de cada documento.
-Revisión e corrección convencional e informatizada dos textos.
* Traducción directa e inversa de textos relacionados coa actividade profesional, identificando os elementos e as relacións do texto.
Aspectos socioprofesionais:
* Análise dos aspectos socioculturais relevantes nos países onde se fala a lingua estranxeira.
* Introducción das convencións de cortesía do país estranxeiro.
* Emprego contextualizado das normas de tratamento e protocolo.
* Utilización dos coñecementos adquiridos para interpretar mensaxes presentes no propio medio.
Contidos conceptuais
Comunicación oral:
* Funcións habituais na interacción comunicativa cotiá:
-Descrición.
-Narración.
-Explicación.
-Argumentación no contexto profesional.
* Expresividade oral: fonoloxía, fonética, acentuación, entoación e prosodia.
* Vocabulario referente a termos profesionais.
* Expresións e frases idiomáticas máis frecuentes no ámbito socio-profesional.
* Fórmulas básicas de interacción socio-profesional.
* Estratexias.
Comunicación escrita:
* Elementos formais e estructura dos textos escritos:
-Presentación, ortografía, signos de puntuación, normas gramaticais e discursivas.
-Comunicación axeitada ás distintas situacións e contextos.
-Fórmulas de cortesía.
* Traducción directa e inversa de textos propios do ámbito profesional atendendo ó proceso, estructura e coherencia.
-Terminoloxía do sector.
Aspectos socioprofesionais:
* Cultura e sociedade dos países cos que se manteñen comunicacións en lingua estranxeira.
* Regras e hábitos en situacións da vida cotiá: horarios, actividades habituais, papeis sociais.
* Convencións e pautas de cortesía.
* Interrelacións entre a comunicación oral, escrita, icónica e xestual.
Contidos actitudinais
Comunicación oral:
* Interese por solucionar dificultades de comprensión e/ou expresión no desenvolvemento dunha mensaxe en lingua estranxeira.
* Autonomía en busca-la forma de interpretar, expresar e descodifica-la información.
* Valoración da capacidade de expresarse oralmente na lingua estranxeira como medio de comunicación e entendemento entre as persoas.
* Superación das dificultades, admitindo que os erros forman parte do proceso de aprendizaxe e aproveitando os recursos lingüísticos.
* Interese en participar nas distintas situacións de comunicación posibles.
* Constancia en busca-la significación de vocabulario, expresións idiomáticas e formulismos que se usan no contexto profesional do tráfico internacional.
* Respecto e seguimento das normas do protocolo profesional.
* Respecto polas mensaxes emitidas polo(s) noso(s) interlocutor(es).
* Esforzo en ser rigoroso na interpretación e producción de mensaxes.
Comunicación escrita:
* Curiosidade e interese polas ideas manifestadas nos textos en lingua estranxeira.
* Rigor na interpretación, producción e revisión de textos.
* Capacidade de esforzo por buscar ou completa-la información ante as dificultades de comprensión dos textos escritos en lingua estranxeira.
* Interese por introducir novas posibilidades expresivas nas comunicacións e nas traduccións.
* Recoñecemento da capacidade de comprender globalmente un texto escrito sen necesidade de entender tódolos seus elementos.
* Busca da fórmula máis adecuada na presentación da comunicación no contexto das relacións profesionais.
Aspectos socioprofesionais:
* Curiosidade e respecto polas ideas, as normas e os costumes que establecen outros países con relación ó tráfico internacional.
* Tratamento non discriminatorio nas comunicacións a diferentes axentes do país ou estranxeiros na comunicación presencial, telefónica ou escrita.
* Seguridade na capacidade persoal de progreso e adaptación ás situacións comunicativas.
* Valoración do enriquecemento persoal que supoñen as relacións profesionais cos outros países.
* Cooperación cos compañeiros na organización, xestión e realización de tarefas de aprendizaxe da lingua estranxeira.
* Transferencia das tecnoloxías e procesos de traballo propios do contorno profesional no medio das comunicacións en lingua estranxeira.
3.3.4. Módulo profesional de proxecto integrado:
Duración: 90 horas.
Nº Capacidades terminais elementais Actividades formativas de referencia
* Verifica-lo proceso administrativo da operación.
1. Planificar e realiza-la investigación de mercados para levar a cabo unha operación de compravenda de mercadorías a nivel internacional. * A partir da contextualización dunha empresa import/export, realiza-la aproximación ós mercados exteriores. -Preselecciona-los mercados exteriores. -Selecciona-lo país. -Realiza-la sondaxe do(s) mercado(s) obxectivo(s). -Estudia-la viabilidade dun proxecto de introducción do producto no país seleccionado. -Realiza-lo plan de marketing e analiza-la súa viabilidade.
2. Realiza-la negociación comercial internacional. * De acordo co país e producto seleccionado: -Planifica-la negociación. -Elixi-lo método de penetración. -Establece-las condicións de compravenda. -Elaborar, tramitar e realiza-la documentación comercial utilizando a lingua estranxeira e a propia.
3. Organizar e xestiona-lo proceso de almacenaxe e a distribución internacional de mercadorías. * Expedi-la mercadoría.-Organiza-lo aprovisionamento da operación.-Determina-los riscos físicos da mercadoría. -Elixi-lo contrato de transporte e seguro. -Selecciona-lo envase e a embalaxe adecuados.
4. Xestiona-lo financiamento, se procede, e os medios de pagamento para transaccións internacionais de mercadorías. * Realiza-lo cobramento, pagamento e/ou financiamento da operación.-Prazo de cobramento.-Forma de cobramento. -Medios de pagamento.
5. Realiza-la xestión administrativa asociada á operación de compravenda internacional. * Obter e cubri-la documentación alfandegueira.
* Realiza-la declaración e liquidación fiscal.
6. Elabora-lo informe final do proxecto. * Integra-la información obtida nas diferentes fases do proxecto. * Obter conclusións. * Redactar, clara e ordenadamente, seguindo a norma habitual das publicacións.
3.4. Módulo profesional de formación en centros de traballo:
Duración: 380 horas.
Nº Capacidades terminais elementais Actividades formativas de referencia
* Redacción, traducción de correspondencia: cartas, informes, circulares, faxes, ofertas, pedidos...
* Recoñecemento de modelos de documentos oficiais utilizados no comercio internacional.
1. Integrarse na empresa a partir dos seus coñecementos organizativos, socioeconómicos e laborais. * Realización dunha ficha da empresa sobre: organización socioeconómica e relacións laborais.
2. Realización de xestións na negociación con clientes e provedores. * Identificación do segmento de mercado de provedores e clientes da empresa e as súas características. * Contactos con provedores e clientes, aplicando técnicas de venda de acordo cos procedementos establecidos para o desenvolvemento da actuación comercial. * Elaboración, arquivo, recepción... de toda a documentación relativa á xestión da compravenda. * Utilización de programas informáticos dispoñibles na empresa para a xestión da compravenda.
3. Utilización da lingua estranxeira nas operacións de compravenda internacional. * Busca, análise e síntese da documentación profesional.
* Comunicación oral cos interlocutores nas relacións comerciais.
4. Realiza-las xestións administrativas relativas ás operacións de importación/exportación e introducción/expedición de mercadorías, de acordo coa normativa vixente. * Identificación dos organismos oficiais para tramitar ou expedi-los documentos requiridos nas operacións de comercio internacional.
* Realización dos trámites necesarios para a obtención da documentación. * Codificación das mercadorías na súa partida arancelaria e cálculo do importe dos dereitos arancelarios. * Elaboración dos documentos da operación correspondente. * Verificación de se cubriren correctamente tódolos documentos requiridos na operación. * Interpretación da información referente á tramitación e cubrimento da documentación.
5. Xestionar medios de pagamento das operacións de compravenda internacional e determina-lo risco financeiro da transacción internacional. * Identificación dos documentos que hai que presentar para que se realice o cobramento ou pagamento dunha transacción internacional. * Cubri-los documentos dos medios de cobramento ou pagamento utilizados na entidade. * Cubrir formularios e modelos bancarios de créditos documentarios. * Comprobación de que as transaccións coa banca están correctamente rexistradas. * Realización dos trámites administrativos necesarios para levar adiante a operación.
6. Realizar xestións no financiamento de operacións de comercio internacional. * Obtención de información sobre posibilidades de financiamento nas distintas institucións e entidades relacionadas co crédito comercial. * Preparación e elaboración documentación solicitando financiamento e subvencións a organismos internacionais ou nacionais de acordo cos procedementos establecidos. * Valoración dos custos e os riscos das operacións internacionais de financiamento en divisas.
7. Realizar tarefas de xestión e verificación en procesos de almacenaxe e distribución internacionais. * Identificación do sistema de almacenaxe da empresa e realización dun esbozo da distribución por zonas.
Nº Capacidades terminais elementais Actividades formativas de referencia
* Xestión e control dos documentos requiridos na operación de transporte e seguro.
* Utilización adecuada dos programas informáticos de xestión de almacéns para transmitir, obter e trata-la información. * Obtención da información necesaria dos distintos servicios de transporte mediante os procedementos establecidos para a contratación de cargas. * Realización das xestións necesarias para obter información sobre as circunstancias que orixinan a devolución de pedidos. * Verificación de que as características da embalaxe utilizada en cada expedición son as adecuadas para o modo de transporte contratado e tipo de mercadorías, así como que a sinalización e a rotulación cumpren coa normativa.
8. Colaborar cos distintos departamentos e persoal externo á empresa na xestión e elaboración da documentación comercial, de transporte, alfandegueira e financeira. * Contacto con empresas de transporte e seguro para solicitar ofertas sobre os seus servicios, emitindo informe.
* Control de que se cumpran os INCOTERMS nas operacións de comercio internacional. * Acompañamento do persoal do departamento a realiza-lo despacho de alfándegas. * Mantemento de contactos con axencias de alfándegas, banca, etc.
9. Organizar plans de actuación relacionados co proceso de comercialización de mercadorías e/ou servicios para ver de melloralos ou modificalos. * Obtención de información sobre posibles axudas e consorcios de exportación para facilita-las operacións de comercialización dos productos. * Colaboración nos trámites e na organización de asistencia a feiras. * Xestión da documentación necesaria no financiamento dos proxectos ou subministracións internacionais cando a empresa poida participar en licitacións internacionais.
10. Cumprir calquera actividade ou tarefa asignada e relacionada co traballo que realiza con responsabilidade profesional, amosando unha actitude de superación e respecto. * Cumprimento responsable das normas, procesos e procedementos establecidos ante calquera actividade ou tarefa, obxectivos, tempos de realización e niveis xerárquicos existentes na empresa. * Responsabilidade no traballo asignado, comunicándose coa persoa adecuada en cada momento. * Coordinación da súa actividade co resto do equipo e departamentos, informando de calquera continxencia non prevista. * Estimación das repercusións da súa actividade nos procesos comerciais da empresa e na imaxe que esta proxecta. * Demostración en todo momento dunha actitude de respecto cara ós procedementos e normas da empresa.
3.5. Módulo profesional de formación e orientación laboral:
Capacidades terminais elementais
* Analiza-las situacións de risco máis habituais no ámbito laboral que poidan afectar á saúde.
* Aplicar, no ámbito laboral, as medidas de protección e prevención que correspondan ás situacións de riscos existentes.
* Analiza-las actuacións que se seguirán en caso de accidentes de traballo.
* Aplica-las medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente en situacións simuladas.
* Analiza-las formas e procedementos de inserción na realidade laboral como traballador por conta propia ou por conta allea.
* Analiza-las propias capacidades e intereses así como os itinerarios profesionais máis idóneos.
* Identifica-lo proceso para unha boa orientación e integración do traballador na empresa.
* Identifica-las ofertas de traballo no sector productivo referido ós seus intereses.
* Analiza-los dereitos e obrigas que se derivan das relacións laborais.
* Describi-lo sistema de protección social.
* Interpreta-los datos da estructura socioeconómica da Comunidade Autónoma de Galicia, identificando as diferentes variables implicadas e as consecuencias das súas posibles variacións.
* Analiza-la organización e a situación económica dunha empresa do sector, interpretando os parámetros económicos que a determinan.
* Analiza-lo tecido empresarial de Galicia comparándoo co doutras comunidades autónomas.
* Analiza-la evolución socio-económica do sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia.
Contidos (duración 55 horas)
Contidos procedementais
Saúde laboral:
* Localización da normativa aplicable en materia de seguridade tanto para a empresa como para os traballadores.
* Aplicación das medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente nunha situación simulada.
* Identificación dos factores de riscos nun contexto concreto.
* Determinación das formas de actuación ante os riscos atopados.
* Identificación de anomalías nas máquinas e ferramentas do taller.
* Determinación dos equipos de protección individual.
Lexislación e relacións laborais:
* Identificación das distintas modalidades de contratación.
* Identificación dos dereitos e obrigas dos empresarios e traballadores.
* Interpretación dun convenio colectivo, relacionándoo coas normas do Estatuto dos traballadores.
* Elaboración dunha folla de salario.
* Aplicación da normativa da Seguridade Social en cada caso concreto.
Orientación e inserción socio-laboral:
* Elaboración do currículum vitae e actividades complementarias del.
* Identificación e definición de actividades profesionais.
* Localización de institucións formativas así como investigación e temporalización dos seus plans de estudios.
Principios de economía:
* Lectura e interpretación de diferentes artigos de prensa e de textos técnicos sobre diferentes temas económicos.
* Manexo e interpretación de táboas económicas.
* Analiza-las causas ou variables que poden influír no investimento, consumo e aforro, tanto nas economías domésticas, como nas empresas.
Economía e organización da empresa:
* Análise das empresas da localidade onde estea situado o instituto para estudia-las características xerais, comerciais, financeiras, etc.
* Confección de organigramas de diferentes empresas e estudio das necesidades específicas de cada unha.
O sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia:
* Análise dunha empresa do sector.
* Comparación e clasificación das distintas empresas do sector.
* Lectura e análise dun convenio colectivo do sector.
Contidos conceptuais
Saúde laboral:
* Condicións de traballo e seguridade.
* Factores de risco: físicos, químicos, biolóxicos e organizativos.
* Danos profesionais.
* Medidas de prevención e protección.
* Marco legal de prevención laboral.
* Notificación e investigación de accidentes.
* Estatística para a seguridade.
* Primeiros auxilios.
Lexislación e relacións laborais:
* Dereito laboral nacional e comunitario.
* Contrato de traballo.
* Modalidades de contratación.
* Modificación, suspensión e extinción da relación laboral.
* Órganos de representación dos traballadores.
* Convenios colectivos.
* Conflictos colectivos.
* Seguridade Social e outras prestacións.
Orientación e inserción socio-laboral:
* Mercado de traballo.
* A autoorientación profesional.
* O proceso de busca de emprego. Fontes de información e emprego.
* Traballo asalariado, na Administración e por conta propia. A empresa social.
* Análise e avaliación do propio potencial profesional e dos intereses persoais.
* Itinerarios formativos/profesionalizadores.
Principios de economía:
* Variables macroeconómicas e indicadores socioeconómicos.
* Relacións socioeconómicas internacionais.
Economía e organización da empresa:
* A empresa: Tipos de modelos organizativos. Áreas funcionais. Organigramas.
* Funcionamento económico da empresa:
-Patrimonio da empresa.
-Obtención de recursos: financiamento propio e alleo.
-Interpretación de estados de contas anuais.
-Custos fixos e variables.
O sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia:
* Tipoloxía e funcionamento das empresas.
* Evolución socio-económica do sector.
* Situación e tendencia do mercado de traballo.
Contidos actitudinais
* Respecto pola saúde persoal e colectiva.
* Interese polas condicións de saúde no traballo.
* Valoración do medio ambiente como patrimonio común.
* Interese por coñecer e respecta-las disposicións legais polas que se rexen os contratos laborais.
* Valoración e cumprimento da normativa laboral.
* Igualdade ante as diferencias socio-culturais e trato non discriminatorio en tódolos aspectos inherentes á relación laboral.
* Toma de conciencia dos valores persoais.
* Actitude emprendedora e creativa para adaptarse ás propias necesidades e aspiracións.
* Preocupación polo mantemento da ética profesional.
* Valoración da importancia da utilización dos bens de uso común e público, así como bens libres de uso cotián, por exemplo a auga.
* Valoración crítica dunha economía de mercado.
* Valoración positiva da actuación do traballo en equipo.
* Toma de consciencia de que as cooperativas que se están constituíndo coa finalidade fundamental de crear emprego.
4. Ordenación académica e impartición.
4.1. Criterios de prioridade na admisión de alumnado para acceder a este ciclo formativo:
Na admisión de alumnos en centros sostidos con fondos públicos a este ciclo formativo, cando non existan prazas suficientes, aplicaranse sucesivamente os seguintes criterios de prioridade:
* Ter cursada algunha das seguintes modalidades de bacharelato:
-Ciencias da natureza e da saúde.
-Humanidades e ciencias sociais.
* O expediente académico do alumno no que se valorará sucesivamente a nota media e ter cursada a seguinte materia de bacharelato:
-Economía e organización de empresas.
4.2. Profesorado:
4.2.1. Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos profesionais do ciclo formativo de comercio internacional.
do profesoradoNº Módulo profesional Especialidade
Corpo
Sistemas e aplicacións informáticas Profesor técnico de FP
1 Marketing internacional Organización e xestión comercial Profesor de ensino secundario
2 Negociación internacional Organización e xestión comercial Profesor de ensino secundario
3 Xestión administrativa do comercio internacional Organización e xestión comercial Profesor de ensino secundario
4 Almacenaxe de productos Procesos comerciais Profesor técnico de FP
5 Transporte internacional de mercadorías Procesos comerciais Profesor técnico de FP
6 Financiamento internacional Organización e xestión comercial Profesor de ensino secundario
7 Medios de pagamento internacionais Organización e xestión comercial Profesor de ensino secundario
8 Aplicacións informáticas de propósito xeral Procesos comerciais
Profesor técnico de FP
9 Lingua estranxeira en comercio internacional Inglés Profesor de ensino secundario
10 Segunda lingua estranxeira (1) Profesor de ensino secundario
11 Formación e orientación laboral Formación e orientación laboral Profesor de ensino secundario
(1) Alemán, francés, italiano ou portugués, en función do idioma elixido.
4.2.2. Materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas neste decreto.
do profesoradoMaterias Especialidade
Corpo
Formación e orientación laboral (1) Profesor de ensino secundario
Economía Organización e xestión comercial
Profesor de ensino secundario
do profesoradoMaterias Especialidade
Corpo
Formación e orientación laboral (1) Profesor de ensino secundario
Economía e organización de empresas Organización e xestión comercial
Profesor de ensino secundario
(1) Título de licenciado en administración e dirección de empresas, licenciado en ciencias empresariais, licenciado en ciencias actuariais e financeiras, licenciado en economía, licenciado en investigación e técnicas de mercado, diplomado en ciencias empresariais e diplomado en xestión e administración pública.
4.2.3. Titulacións declaradas equivalentes a efectos de docencia:
As titulacións declaradas equivalentes, para efectos de docencia, para o ingreso nas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario deste título son as que figuran na táboa. Tamén son equivalentes para efectos de docencia as titulacións homólogas ás especificadas segundo o R.D. 1954/1994 do 30 de setembro.
Especialidade do profesorado efectos de docencia
Titulación declarada equivalente para
Organización e xestión comercial -Diplomado en ciencias empresariais
Formación e orientación laboral -Diplomado en ciencias empresariais-Diplomado en relacións laborais-Diplomado en traballo social-Diplomado en educación social-Diplomado en xestión e administración pública
4.3. Requisitos mínimos de espacios e instalacións para impartir estas ensinanzas:
De conformidade co establecido no Real decreto 777/1998, do 30 de abril, o ciclo formativo de formación profesional de grao superior de comercio internacional require, para a impartición das ensinanzas relacionadas neste decreto, os seguintes espacios mínimos:
Espacio formativo (30 alumnos) (20 alumnos) utilización
Superficie
Superficie
Grao de
Aula de xestión 90 m 60 m 60%
Aula polivalente 60 m 40 m 40%
* A superficie indicada na segunda columna da táboa corresponde ó número de postos escolares establecido no artigo 35 do R.D. 1004/1991, do 14 de xuño. Poderán autorizarse unidades para menos de trinta postos escolares, polo que será posible reduciblos espacios formativos proporcionalmente ó número de alumnos, tomando como referencia para a determinación das superficies necesarias as cifras indicadas nas columnas segunda e terceira da táboa.
* O grao de utilización expresa en tanto por cento a ocupación en horas do espacio prevista para a impartición das ensinanzas, por un grupo de alumnos, respecto da duración total destas ensinanzas.
* Na marxe permitida polo grao de utilización, os espacios formativos establecidos poden ser ocupados por outros grupos de alumnos que cursen o mesmo ou outros ciclos formativos, ou outras etapas educativas.
* En todo caso, as actividades de aprendizaxe asociadas ós espacios formativos (coa ocupación expresada polo grao de utilización) poderán realizarse en superficies utilizadas tamén para outras actividades formativas afíns.
* Non debe interpretarse que os diversos espacios formativos identificados deban diferenciarse necesariamente mediante pechamentos.
4.4. Validacións, correspondencias e acceso a estudios universitarios:
4.4.1. Módulos profesionais que poden ser obxecto de validación coa formación profesional ocupacional:
* Marketing internacional.
* Negociación internacional.
* Xestión administrativa do comercio internacional.
* Almacenaxe de productos.
* Transporte internacional de mercadorías.
* Aplicacións informáticas de propósito xeral.
4.4.2. Módulos profesionais que poden ser obxecto de correspondencia coa práctica laboral:
* Marketing internacional.
* Negociación internacional.
* Xestión administrativa do comercio internacional.
* Almacenaxe de productos.
* Transporte internacional de mercadorías.
* Aplicacións informáticas de propósito xeral.
* Formación e orientación laboral.
* Formación en centros de traballo.
4.4.3. Acceso a estudios universitarios:
* Mestre (en tódalas súas especialidades).
* Diplomado en biblioteconomía e documentación.
* Diplomado en ciencias empresariais.
* Diplomado en educación social.
* Diplomado en estatística.
* Diplomado en xestión e administración pública.
* Diplomado en relacións laborais.
* Diplomado en traballo social.
* Diplomado en turismo.
* Enxeñeiro técnico en informática de xestión.
* Enxeñeiro técnico en informática de sistemas.
4.5. Distribución horaria:
* Os módulos profesionais deste ciclo formativo organízanse da seguinte forma:
Horas totais Denominación dos módulos
1º, 2º e 3º trimestre
215 Marketing internacional
130 Almacenaxe de productos
Horas totais Denominación dos módulos
160 Financiamento internacional
110 Aplicacións informáticas de propósito xeral
160 Lingua estranxeira en comercio internacional (inglés)
130 Segunda lingua estranxeira
4º, 5º e 6º trimestre
110 Negociación internacional
185 Xestión administrativa do comercio internacional
130 Transporte internacional de mercadorías
90 Medios de pagamento internacionais
90 Proxecto integrado
55 Formación e orientación laboral
380 Formación en centros de traballo
* As horas de libre disposición do centro neste ciclo formativo son 55 que se utilizarán nos tres primeiros trimestres.

