Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Venres, 23 de xullo de 1999 Páx. 9.567

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 1999, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución da liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 132 kV. Subestación do parque eólico das Somozas-subestación de Mourela, nos termos municipais das Somozas e As Pontes de García Rodríguez. (Expediente 98/313).

Examinado o expediente instruído por pedimento da empresa Energías Ambientales S.A, con enderezo para efectos de notificacións en r/ José Luis Bugallal Marchesi, 10-1º, 15008 A Coruña, resultan os seguintes

Antecedentes de feito

Primeiro.-Con data do 29 de xullo de 1998, a citada empresa solicita a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública da liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 132 kV desde a subestación do parque eólico das Somozas ata a subestación de Mourela, descorrendo polos termos municipais das Somozas e As Pontes de García Rodríguez (A Coruña); xuntan o preceptivo proxecto de instalacións ó que fan referencia os artigos 8 e 12 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas.

As características técnicas básicas da instalación son as seguintes:

Liña de alta tensión a 132 kV de 12.938 m de lonxitude, prevista para dobre circuíto, instalándose inicialmente só un. Desde a subestación do parque eólico das Somozas ata a subestación de Mourela, pertencente a Unión Fenosa Energías Especiales, S.A., a tensión máis elevada é de 145 kV. Conductores tipo LA-180 de aluminio-aceiro, por fase e cable de toma de terra, de aceiro recuberto de aluminio tipo Alumoweld. Apoios metálicos de celosía, circuíto disposto en liña.

Segundo.-O devandito proxecto de instalación someteuse a información pública por resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña, do 9 de marzo de 1999, publicándose no DOG con data do 18-3-1999 e no BOP do 20-3-1999.

Durante os períodos legalmente establecidos non se formulou ningunha alegación.

Terceiro.-A solicitude obxecto deste expediente recibiu informe favorable da Delegación Provincial da Conselleria de Industria e Comercio da Coruña.

Fundamentos de dereito

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, o Decreto 99/1998, do 26 de

marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Segundo.-O proxecto cumpre o disposto no Decreto 3151/68, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de liñas eléctricas de alta tensión e, en concreto, nos seus artigos 5 e 6.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas

RESOLVE:

1. Autoriza-la instalación da liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 132 kV desde a subestación do parque eólico das Somozas ata a subestación de Mourela, nos termos municipais das Somozas e As Pontes de García Rodríguez (A Coruña).

2. Aproba-lo proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada perante o consellerio de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de acordo co disposto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 1999.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria