Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Venres, 23 de xullo de 1999 Páx. 9.569

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 1999, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, pola que se anuncia o concurso público aberto para a dotación da aula de formación de mecanizado de madeira do centro de formación ocupacional de Santiago de Compostela.

Esta secretaría xeral, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso para a seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: 30/99.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: dotación da aula de formación ocupacional de mecanizado de madeira do centro de formación ocupacional de Santiago de Compostela.

b) Lugar de execución: Santiago de Compostela.

c) Prazo de execución: 2 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Presuposto base de licitación.

Importe total: 28.750.000 ptas.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: si. Importe: 1.150.000 ptas. (4% importe de licitación).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: rexistro xeral da consellería.

b) Domicilio: San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: información: (981) 54 46 80-54 46 52.

e) Telefax: (981) 54 56 26.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata remata-lo prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: non se esixen.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: vinteseis (26) días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no BOE.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares, debendo figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador. No caso de estaren inscritos no Rexistro de Contratistas xuntarase grampado no exterior do sobre A o certificado do devandito rexistro.

c) Lugar de presentación.

1º. Entidade: rexistro xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

2º. Domicilio: San Caetano.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15771.

(Ou na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado).

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Domicilio: San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o día 3 de setembro de 1999.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

11. Gastos dos anuncios: estes anuncios serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 1999.

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia

e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude