De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, modificado polo artigo 28 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e de orde social, relaciónanse procedementos de dilixencia de embargamento pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.
A comparecencia deberá efectuarse perante o órgano de tramitación (zona de recadación de Lugo, rúa Conde 30, Lugo) no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio.
Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Lugo, 16 de xuño de 1999.
Roberto Vázquez Fermoso
Recadador de zona de Lugo
ANEXO
NIF: 33.740.618D.
Debedor: Manuel Núñez Gómez.
Dilixencia: embargamento de inmobles con data do 24-5-1999.
NIF: 33.849.500D.
Debedor: Severino José González Martínez.
Dilixencia: embargamento de inmobles con data do 23-6-1998.
NIF: 33.857.362M.
Debedor: Daniel Jerónimo González Martínez.
Dilixencia: embargamento de inmobles con data do 23-6-1998.

