Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Luns, 26 de xullo de 1999 Páx. 9.614

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación de propostas de resolución de expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos 681 e 734/1998.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, as propostas de resolución dictadas nos expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación.

O interesado dispón dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formular alegacións e presenta-los documentos e informacións que considere pertinentes ante o instructor do procedemento, de conformidade co establecido no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

A Coruña, 25 de xuño de 1999.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Número de expediente: 681/98.

Denunciado: Fernando Fernández Gil.

DNI/CIF: 32.310.474.

Enderezo: r/ San Pedro de Mezonzo nº 46 baixo, Santiago de Compostela.

Establecemento: café bar Tazzmanía.

Precepto infrinxido: 23 f) LO 1/1992.

Precepto sancionador: 28 LO 1/1992.

Sanción: 50.001 ptas.

Número expediente: 734/98.

Denunciado: Mario Jesús Roldán Hernández.

DNI/CIF: 34.255.236.

Enderezo: r/ Raxoeria, nº 7-2º F O Milladoiro (Ames).

Establecemento: Pub Mague.

Precepto infrinxido: 23 e) LO 1/1992.

Precepto sancionador: 28 LO 1/1992.

Sanción: 50.001 ptas.