De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse liquidacións de xuros de demora pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.
Os actos foron adoptados polo Servicio de Recadación da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Ourense en aplicación do artigo 61.2º da Lei xeral tributaria.
A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na rúa Progreso, 38-entresollado, Ourense, en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Ourense, 6 de xullo de 1999.
P.S.
José Luis Cudeiro Villarino
Secretario da Delegación Territorial de Ourense
ANEXO
Interesado Procedemento
CIF B32002727
Sampaio-Ribadavia Exp. 1976/98
Doc. 980018325
CIF B32193195
Avda. Balneario nº 1-O Carballiño Exp. 634/99
Doc. 990007489
CIF B32023699
R/ Vázquez Melle, 6-1º Exp. 247/99
Doc. 64000933252000Cosecheros de Vino del Ribeiro, S.L.
Liquidación xuros de demora
Leader Market Group, S.L.
Liquidación xuros de demora
Recreativos Prifer, S.L.
Liquidación xuros de demora

