Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por petición de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con domicilio para os efectos de notificación na rúa Sáenz Díez 45, Ourense, que solicita aprobación de proxecto, autorización administrativa e declaración, en concreto, de utilidade pública da instalación eléctrica de referencia.
Cumpridos os trámites sinalados no artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e os ordenados nos capítulos III do Decre
to 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e nos capítulos III e IV do regulamento de aplicación da Lei 40/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, de aplicación a este expediente segundo o establecido pola disposición transitoria primeira da indicada Lei 54/1997.
Vista sobre o terreo a traza da liña eléctrica proxectada, obsérvase nela que ó seu paso polos predios relacionados na información pública, non se dá ningunha das prohibicións ou limitacións ás que se refiren respectivamente os artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, en concordancia co artigo 57 da Lei 54/1997 antes citada.
Visto que as alegacións presentadas por Manuel González González en canto a clase de cultivo do predio nº 27 foron tomadas en conta pola empresa beneficiaria e serán consideradas no momento do levantamento da acta previa a ocupación, entendendo, á vista da documentación que consta no expediente, que as alegacións feitas polo dito interesado en canto á modificación do trazado non poden ser tidas en conta por non darse as condicións precisas no artigo 57.B da referida Lei 54/1997 e no artigo 26 do mencionado Decreto 2619/1966, considerando por último que a alegación feita por Manuel González González en canto a indemnización, pola imposición da servidume de paso non se pode tomar agora en consideración, pois os danos e perdas que a execución da liña lle ocasione ó interesado serán obxecto de valoración cando se tramite a peza separada para a fixación do prezo xusto.
Sendo competente este organismo, con base no Estuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Aministración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio de competencias atribuída polos decretos 2617/1966 e 2619/1966.
RESOLVO:
Primeiro.-Autorizarlle a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. o establecemento da dita instalación eléctrica, coas seguintes características principais:
Liña de media tensión aérea A Barrela-Casares a 20 kV con orixe no P33 da L.M.T. Pereira-A Barrela e remate na L.M.T. Casares, cunha lonxitude de 2,607 km conductor LA 56/54,6 mm e apoios de formigón.
Segundo.-Declarar, en concreto, a utilidade pública da instalación eléctrica autorizada, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sistema eléctrico, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e de urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente, levará implícita a autorización para o establecemento ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servicio público, ou patrimoniais do Estado, ou das comunidades autónomas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servicios destes e zonas de servidume pública.
Terceiro.-Aproba-lo seu proxecto de execuión, unha vez cumpridos os trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966, e visto o contido do informe técnico do 5 de abril de 1999.
Cuarto.-En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, acordo que o representante da Administración dea comezo ó levantamento das actas previas en data e hora que a cada interesado se lle notificará individualmente, á ocupación dos predios
contidos nas relacións publicadas no BOP de Lugo do 29 de abril de 1999, DOG do 5 de maio de 1999 e no diario El progreso do 21 de abril de 1999, e expostas no taboleiro oficial desta delgación provincial. Ata o momento do levantamento das actas, poderanse formula-las alegacións por escrito, que se consideren pertinentes para os efectos de rectificar posibles erros na relación de bens afectados, ante esta delegación provincial.
Esta resolución non é definitiva na vía administrativa, e contra ela poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación/publicación. Tamén poderá interpoñerse calquera outro recurso que considere pertinente o seu dereito.
Lugo, 18 de xuño de 1999.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo

