Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Martes, 27 de xullo de 1999 Páx. 9.670

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 1999, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a iniciación do dereito de audiencia en expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social.

Non sendo atopado no enderezo coñecido por esta dirección xeral o titular da empresa que se indica a continuación, resolvo notificar por este medio, ó

abeiro do artigo 59.41º da Lei 30/1992, modificado pola Lei 4/1999, que se inicia o prazo de oito días, a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, durante o que poderán exerce-lo dereito de audiencia do expediente previo á resolución; transcorrido aquel, contarán cun novo prazo de tres días para presenta-las alegacións que coiden oportunas perante o órgano que tramita o expediente: Dirección Xeral de Relacións Laborais, todo isto segundo o establecido no artigo 18.21º do R.D. 928/1998, do 14 de maio.

Expediente: 114/99 (IDX)-86/99 (CO).

Acta de infracción: 956/98.

Empresa: Limpiezas EDLASA, S.L.

NIF/DNI: B-15529191.

Enderezo: r/ Oriente, 8-21 A Coruña.

Materia: traballo.

Proposta de sanción: 1.500.000 ptas.

Documentos que constan no expediente:

-Acta de infracción.

-Xustificante de recepción (edicto publicado no Concello da Coruña e publicación no BOP).

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 1999.

José Mª Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais