En cumprimento do disposto nos artigos 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, de desenvolvemento parcial da dita lei, faise pública a adxudicación do seguinte contrato de asistencia técnica:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.
b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial de Ourense.
c) Número de expediente: 15/99.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo de contrato: servicio.
b) Descrición do obxecto: restauración e limpeza das instalacións e mantemento e limpeza da piscina
do campamento xuvenil Penedos de Xacinto de Entrimo (Ourense).
c) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio da licitación: Diario Oficial de Galicia nº 87, do 7-5-1999.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 7.910.000 ptas., co IVE incluído.
5. Adxudicación.
a) Data: 16-6-1999.
b) Contratista: Grupo Serunión, S.A.
c) Nacionalidade: española.
d) Importe de adxudicación: 7.397.432 ptas., co IVE incluído.
Ourense, 29 de xuño de 1999.
P.D.(Orde do 19-1-1998)
Isidro José Cabero Juárez
Delegado provincial de Ourense

