Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Martes, 27 de xullo de 1999 Páx. 9.676

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 1999 pola que se anuncia o sometemento a información pública da petición de concesión e autorización administrativa para a instalación dun aproveitamento de augas con destino á producción de enerxía eléctrica de potencia nominal non superior a 5.000 kVA no río Carral, xunto cos proxectos e estudios de avaliación ambiental do concurso AC/100/1998.

Neste organismo aútonomo achegouse a petición de outorgamento de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento hidroeléctrico con potencia nominal de ata 5.000 kVA dun tramo libre do río Carral, presentada cos proxectos das obras e instalacións e estudio ambiental correspondentes.

No anexo que se inclúe máis abaixo transcríbese o peticionario do aproveitamento solicitado, onde figuran os datos máis relevantes que o definen, ademais dunha breve descrición das obras que se van executar. Tamén se fai mención da clase de estudio ambiental achegado polo promotor, logo da cualificación do proxecto do aproveitamento, segundo dispón a lexislación vixente.

Co presente anuncio, para dar cumprimento ó disposto nos artigos 6 do R.D. 916/1985, do 25 de maio, en concordancia co artigo 2.1º do dito R.D. 916/1985 segundo a redacción establecida polo R.D. 249/1988, do 18 de marzo; e 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, que regulan a avaliación dos efectos ambientais para Galicia, sométese de forma simultánea, unha vez rematadas as actuacións de comprobación e de remisión ás consellerías e organismos competentes por razón da materia dos documentos presentados, ó trámite de información pública, no uso das facultades conferidas polo Decreto 63/1997, do 14 de marzo, a petición e documentación técnica e ambiental que se trata en concreto no anexo para os efectos do seu coñecemento xeral, co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren afectadas nos seus dereitos poidan formular, por escrito, cantas alegacións, observacións, suxestións e reclamacións coiden procedentes (indicando a clave do concurso sinalado no

encabezamento e o proxecto ou estudio do peticionario ó que se refiran), persoalmente ou por medio do seu representante con poder suficiente, perante o rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos San Caetano, s/n. 15071, Santiago de Compostela e dentro do prazo improrrogable de vinte (20) días hábiles.

O prazo comezará a contarse e entenderase aberto a partir da data da derradeira das publicacións que corresponden facer da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña. Transcorrido o dito período de tempo non se admitirá nin se terá en conta ningún escrito.

Para os expresados efectos, este anuncio, ademais da súa inserción nos diarios oficiais mencionados,

será obxecto de exposición ó público no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Carballo (A Coruña).

Os que se consideren interesados terán para os devanditos efectos informativos á disposición copia da petición e dos exemplares da documentación técnica e estudio ambiental para que poidan ser examinados, nos días e horas habituais de oficina, nas seguintes dependencias administrativas:

-Proxectos das obras constitutivas do aproveitamento e das instalacións electromecánicas da central, subestacións de transformación e liñas de media e baixa tensión:

Servicios centrais do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos San Caetano, s/n. 15071, Santiago de Compostela.

Delegación Provincial da Coruña da Consellería de Industria e Comercio: edificio administrativo Monelos, praza de Luis Seoane, 1ª planta, 15008 A Coruña.

Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Medioambiental: r/ Feáns, 1-3, 15706 Santiago de Compostela.

-Estudio de efectos ambientais.

Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Medioambiental: r/ Feáns, 1-3, 15706 Santiago de Compostela.

Delegación Provincial de Medio Ambiente da Coruña: Praza de Luis Seoane, s/n, 15008 A Coruña.

Concello de Carballo: Praza do Concello, s/n, 15100 Carballo (A Coruña).

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 1999.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo Augas de Galicia

ANEXO

Relación de peticionarios.

Peticionario e promotor: Juan Ramón Fernández Jorge.

Enderezo: r/ San Andrés, 56, 7º D, 15003 A Coruña.

Representante: Juan Ramón Fernández Jorge.

Denominación do aproveitamento: central hidroeléctrica da Ramiscosa.

*Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal máximo derivado: 800 l/sg.

Corrente de derivación: río Carral (cota normal de encoro: 207).

Corrente de restitución: río Carral (cota de restitución: 170).

Desnivel (salto bruto): 37 m.

Altura do azude: 3,5 m (altura sobre fondo de cimentación).

Potencia xerador: 300 kVA.

Termo municipal onde radica a toma e demais obras: concello de Carballo (A Coruña).

*Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

Azude e obra de toma:

O azude será de gravidade, á cota de leito 205, situando o escorredoiro á cota 207. A lonxitude total do azude será de 20 m.

A captación de augas efectuarase pola marxe dereita, dispoñendo antes un flotador, unha reixa de protección, un limparreixas automático e comportas de peche, seguidos dunha cámara de sedimentación.

O acceso ó azude efectuarase desde a pista que une Paradela coa Ramiscosa, mediante un desvío duns 20 m.

Encanamento forzado:

O encanamento vai todo soterrado e será de aceiro ó carbono, cun diámetro de 800 mm, e cunha lonxitude de 900 m. A espesura prevista é de 6 mm.

Central:

A central, con dimensións en planta 10x7, e altura a parte inferior das cembas de 6 m, terá paredes de formigón con reboco liso e cuberta de lousa a dúas augas.

O acceso á central farase mediante un desvío de 20 m dende a ponte que une Gun e As Bouzas

Equipos electromecánicos:

A turbina será do tipo Francis de eixe horizontal, cunha velocidade nominal de 750 r.p.m. e un caudal de deseño de 800 l/sg.

O xerador será síncrono trifásico, con potencia en bornas de 300 kVA, velocidade síncrona de 1.000 r.p.m. e tensión 6 kV.

Tamén haberá outros equipos auxiliares.

*Afeccións:

Non se efectuou a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento.

*Estudio de efectos ambientais:

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.