Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Martes, 27 de xullo de 1999 Páx. 9.677

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 29 de xuño de 1999, da Área Provincial da Coruña, pola que se lle notifica ó interesado, intentada a notificación á que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992, a proposta do expediente sancionador VP-C 41/1998.

Por medio desta cédula e en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en relación co artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícaselle ó interesado a proposta do correspondente expediente sancionador, co número que se indica, debido a neglixencia perante a execución das obras de edificación que deron lugar a vicios e defectos que afectan ás vivendas, causa prevista no artigo 6.E da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.

Para a dita infracción a instructora do expediente propón a sanción de multa de 1.000.000 de ptas. sen prexuízo do obrigado cumprimento das ordes de obras dadas polo IGVS.

Conforme o establecido no artigo 19 do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, déaselles traslado ós interesados, concedéndolles un prazo de 15 días para formular alegacións en trámite de audiencia e presenta-los documentos e informacións que consideren pertinentes. A proposta non é susceptible de recurso.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados de enderezo descoñecido en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 29 de xuño de 1999.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

VP-C 41/1998.

Jesús Cao García.

Glorieta Orden Tercera, 1-3º A (Ferrol).

Data notificación: 10-6-1999 (10.10 h) e 11-6-1999.