Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Martes, 27 de xullo de 1999 Páx. 9.680

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA VEIGA

ANUNCIO de licitación.

Obra nº I: accesos a Riomao e Pradolongo.

Obra nº II: abastecemento e saneamento en Candeda e outros.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello da Veiga.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato.

I) Descrición do obxecto: execución das obras: accesos a Riomao e Pradolongo.

II) Execución das obras: abastecemento e saneamento en Candeda e outros.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

I) Importe total: 18.690.764 ptas.

II) Importe total: 12.420.000 ptas.

5. Garantías.

I) a) Provisional: 373.815 ptas.

b) Definitiva: 747.630 ptas.

II) a) Provisional: 248.400 ptas.

b) Definitiva: 496.800 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello da Veiga.

b) Domicilio: praza do Concello, 1, 32360 A Veiga. Teléfono: 988 35 00 00, fax: 988 35 00 60.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

8. Presentación das proposicións.

a) Data límite da presentación: 13 días naturais, contados a partir do primeiro día seguinte ó da publicación da convocatoria no DOG. Se o último día do prazo coincidise en festivo, o prazo amplíase ata o seguinte día natural non festivo. Non se admitirán proposicións que cheguen por correo fóra do prazo sinalado para a presentación de proposicións.

b) Documentación que hai que presentar: a que se indica no prego de cláusulas particulares que rexe as contratacións e conforme o modelo que no devandito prego se establece.

c) Lugar de presentación: Secretaría.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello da Veiga.

b) Domicilio: praza do Concello, 1, 32360 A Veiga.

c) Data: ás 12 horas do primeiro día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións. Non se considerarán hábiles, para estes efectos, os sábados.

A Veiga, 19 de xullo de 1999.

Vicente García Carrasco

Alcalde