Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Mércores, 28 de xullo de 1999 Páx. 9.740

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-104).

Por resolución desta Alcaldía nº 3834/1999, do 25 de xuño de 1999, acordouse aprobar inicialmente a modificación do proxecto de compensación para a súa adaptación á modificación do plan parcial relativo á parte do SUNP A-28 La Raqueta, no Seixal-Nós.

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente nas oficinas municipais de Urbanismo, das 9 ás 13 horas, tódolos días laborables, polo prazo de vinte días, a través de anuncios no DOG, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 30 de xuño de 1999.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta en funcións