Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Xoves, 29 de xullo de 1999 Páx. 9.746

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 1999, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se corrixe a do 30 de xuño de 1999 pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes para a elaboración das listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril.

No Diario Oficial de Galicia nº 129, do 7 de xullo de 1999, na páxina 8.740 no grupo I, categoría 35, no bloque da titulación académica, onde di: «Li

cenciado en historia da arte ou licenciado en filoloxía», debe dicir: «Licenciado en ciencias da información ou licenciado en filoloxía».

Na páxina 8.742, no grupo IV, categoría 1, no bloque da titulación académica onde di: «FP1 Informática», debe dicir: «FP1 Administrativo e comercial, rama administrativo».

O prazo de presentación de solicitudes para estes grupos e categorías será de 20 días hábiles a contar desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e poderanse presentar no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nas súas delegacións provinciais, oficinas comarcais da Xunta de Galicia, así como nos lugares previstos no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 1999.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública