1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello de Soutomaior.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: servicio de limpeza e conserxería do colexio publico integrado M. Padín Truiteiro.
b) Lugar de execución: Arcade.
c) Prazo de execución: un ano, prorrogable anualmente, sen que a duración total exceda de catro anos.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 5.350.000 pesetas. (IVE incluído).
5. Garantías.
Provisional: 2% do prezo base de licitación.
Definitiva: 4% do importe da adxudicación.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Concello de Soutomaior.
b) Domicilio: rúa Alexandre Bóveda, número 8.
c) Localidade e código postal: 36691 Soutomaior.
d) Teléfono: 986 70 51 06.
e) Telefax: 986 70 53 33.
f) Data límite de obtención de documentos e información: a da presentación das proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación: non se esixe.
b) Outros requisitos:
-Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 16 da LCAP.
-Solvencia técnica: acreditarase por calquera dos medios provistos no artigo 17 da LCAP.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: 26 días naturais desde o seguinte ó da publicación do anuncio no BOP ou no DOG último no que se publique.
b) Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de condicións económico-administrativas.
c) Lugar de presentación.
1º Entidade: Concello de Soutomaior.
2º Domicilio: rúa Alexandre Bóveda, número 8.
3º Localidade e código postal: 36691 Soutomaior.
d) Os criterios que servirán de base para a adxudicación serán os seguintes:
1. Melloras na calidade do sevicio que se vai prestar.
2. Reducción no prezo.
Os criterios antes sinalados ponderaranse como a continuación se especifica:
-Criterio 1: ata 6 puntos.
-Criterio 2: ata 4 puntos.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Concello de Soutomaior.
b) Domicilio: rúa alexandre Bóveda, número 8.
c) Localidade: Soutomaior.
d) Data: o 3 de setembro de 1999, salvo que non transcorrese o prazo previsto na cláusula 10 do prego, caso no que se levará a cabo o día seguinte hábil ó de remate da presentación de proposicións.
e) Hora: 12 horas.
10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
Soutomaior, 30 de xuño de 1999.
Agustín Reguera Ocampo
Alcalde