Polo Decreto 38/1999, do 5 de febreiro, establécese a estructura orgánica da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para adaptala á nova estructura da Xunta de Galicia e dos seus departamentos, fixada polos Decretos 347/1997, do 9 de decembro e 351/1997, do 10 de decembro.
Pola súa parte, o Decreto 163/1999, do 14 de maio, modifica o artigo 5 do Decreto 38/1999, que determina as unidades dependentes da Secretaría Xeral.
Todo isto fai necesario modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.
En consecuencia, por proposta da devandita consellería, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintetrés de xullo de mil novecentos noventa e nove, adoptou o seguinte
ACORDO:
1. Modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, nos termos que se sinalan no anexo ó presente acordo.
2. Ordena-la publicación desta modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.
3. Clasificar como postos de libre designación, de acordo coas motivacións que se especifican, os seguintes:
Código Denominación Motivación
OT.C01.00000.15770.010 Secretario/a conselleiro OT.C02.00000.15770.001 Secretario/a secretario xeral OT.C03.00000.15770.001 Secretario/a director xeral Artigo 6 da orde da Consellería da Pre- OT.C04.00000.15770.001 Secretario/a director xeral sidencia e Administración Pública OT.C05.00000.15770.001 Secretario/a director xeral do 21 de novembro de 1989 OT.C99.10000.15001.001 Secretario/a delegado provincial (DOG nº 232, do 4 de decembro). OT.C99.10000.27001.001 Secretario/a delegado provincial OT.C99.10000.32001.001 Secretario/a delegado provincial Postos de confianza. OT.C99.10000.36001.001 Secretario/a delegado provincial OT.C02.00001.15770.003 Negociado de Habilitación OT.C02.00001.15770.040 Sección Habilitación de Persoal Postos de especial responsabilidade OT.C99.10000.15001.076 Habilitado polo manexo de OT.C99.10000.27001.051 Habilitado fondos públicos. OT.C99.10000.27001.052 Habilitado-Pagador OT.C99.10000.32001.048 Habilitado OT.C99.10000.36001.063 Habilitado
Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do vintetrés de xullo de mil novecentos noventa e nove, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, coa finalidade de cumprir este acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 26 de xullo de 1999.
Jaime Pita Varela
Conselleiro da Presidencia e Administración
Pública
Persoal funcionario
-Na páxina 8.715, do DOG nº 227, do 27 de novembro de 1995 e no centro de destino «DELEGACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA» o posto co código «OT.C99.10000.36001.034-AUXILIAR ADMINISTRATIVO», pasa a depender do organismo autónomo «AUGAS DE GALICIA» no centro de destino «DEMARCACIÓN GALICIA-SUR (VIGO)», na páxina 9.947 do DOG nº 218, do 7 de novembro de 1996, polo que pasa a te-lo código «OT.B99.20000.36560.016».
Persoal laboral
-Na páxina 8.723, do DOG nº 227, do 27 de novembro de 1995 e no centro de destino «DELEGACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA» o posto co código «OT.C99.10000.36001.112-OFICIAL 2ª», pasa a depender do organismo autónomo «AUGAS DE GALICIA» no centro de destino «DEMARCACIÓN GALICIA-SUR (VIGO)», na páxina 9.948 do DOG nº 218, do 7 de novembro de 1996, polo que pasa a te-lo código «OT.B99.20000.36560.070».
Observacións:
(1) Ocupado por laboral fixo.
(2) Sen dotar orzamentariamente.
(3) Ocupado por funcionario non pertencente á escala.
(4) Dispoñibilidade horaria.
(5) Dispoñibilidade horaria/Xornada especial.