Advertidos erros na citada orde, publicada no DOG nº 114, do 16 de xuño de 1999, cómpre face-las seguintes correccións:
Primeira.-No anexo único, na páxina 7.604, columna segunda, despois da liña 37, dentro do ficheiro prohibidos en casinos, debe engadirse o seguinte parágrafo:
«Servicio ou unidade ante o que se poden exerce-los dereitos de acceso, rectificación e cancelación, cando procedan: Dirección Xeral de Interior».
Segunda.-No anexo único, na páxina 7.605, columna primeira, dentro do ficheiro prohibidos en salas de bingo deben suprimirse as liñas 6ª a 8ª, ámbalas dúas inclusive.
Terceira.-No anexo único, na páxina 7.605, columna primeira, dentro dos ficheiros dependentes da Dirección Xeral de Protección Civil, debe engadirse un novo ficheiro:
«2. Ficheiro: Catálogo.
Usos e fins previstos: conter datos relativos á posibilidade de localización para a intervención nos supostos en materia de protección civil.
Persoas ou colectivos sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos: cargos públicos, funcionarios, profesionais, gardas civís, policías, voluntarios, etc.
Procedemento de recollida de datos de carácter persoal: de fontes accesibles ó público e de declaracións dos propios interesados, así como de directorios telefónicos, comerciais, catálogos, memorias, anuarios, etc.
Estructura básica do ficheiro e tipos de datos incluídos nel:
Datos identificativos.
De carácter persoal.
Datos do posto de traballo.
Cesión de datos que se prevén: non se prevén.
Órgano administrativo responsable do ficheiro: Dirección Xeral de Protección Civil.
Servicio ou unidade ante o que se poden exerce-los dereitos de acceso, rectificación e cancelación, cando procedan: Dirección Xeral de Protección Civil».
Cuarta.-Queda anulada a corrección de erros desta mesma orde publicada no DOG nº 119, do mércores, 23 de xuño de 1999.