A Orde do 22 de abril de 1999 (DOG do 7 de maio), pola que se aproban as bases que rexerán
as convocatorias de axudas para a realización de proxectos de investigación e de bolsas correspondentes ó programa de apoio á innovación do Plan Galego de IDT, prevé no anexo III, a concesión de bolsas para a incorporación de titulados superiores a centros tecnolóxicos de Galicia.
As solicitudes admitidas para participar na dita convocatoria foron estudiadas pola correspondente comisión designada pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento. De acordo coa proposta elaborada pola dita comisión,
RESOLVO:
Primeiro.-Concederlles bolsa para a incorporación ó centro tecnolóxico que en cada caso se cita, ás persoas que se relacionan no anexo:
Segundo.-No caso de producirse algunha renuncia ás bolsas citadas no punto primeiro, procederase á substitución do bolseiro tendo en conta a lista de suplentes elaborada pola comisión.
Terceiro.-Contra a presente resolución poderán os interesados interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG, de acordo co disposto nos artigos 114 e seguintes da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, pola que se modifica a Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Disposición derradeira
A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 14 de xullo de 1999.
Miguel A. Ríos Fernández
Secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento
ANEXO
Bolseiro DNI Centro de destino
Antonia Rodríguez Centrón 34.794.583-E Centro de Innovación e Servicios Tecnolóxicos da Madeira (CIS-Madeira). Mª Carmen Taboada Fontao 33.333.957-B Centro de Innovación e Servicios de Deseño e Tecnoloxía (CIS-Deseño-Tecnoloxía) Almudena Carballo Alonso 36.081.451-V Centro Técnico Nacional de Conservación de Productos da Pesca (Cecopesca). Carmen Cotelo Queijo 32.831.033-M Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) Pilar Losada González 36.082.546-P Centro Tecnolóxico Armando Priegue (Aimen).