De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a Ángel Adolfo Vicente González, funcionario da escala de axentes forestais do corpo de auxiliares técnicos da Xunta de Galicia, que non conseguindo practica-la notificación persoal, con esta data resolvín publica-la Resolución do 6 de maio de 1999, do secretario xeral, que acordou a suspensión provisional das súas funcións, durante a tramitación do expediente disciplinario que lle foi incoado o 17 de marzo de 1999, con efectos desde o 6 de maio de 1999.
O que se lle comunica, indicándolle que o expediente está á súa disposición nesta delegación provincial, que a presente resolución pon fin á vía administrativa e que contra ela cabe interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo perante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó desta publicación, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, de conformidade co disposto na Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
A Coruña, 30 de xuño de 1999.
Rogelio Aramburu Núñez
Delegado provincial da Coruña
ANEXO
Interesado: Ángel Adolfo Vicente González.
DNI: 11.715.750 X.
Ultimo enderezo coñecido: Agro da Magdalena, 1-2º D, Milladoiro-Ames.
Resolución de suspensión provisional durante a tramitación do expediente disciplinario incoado o 17 de marzo de 1999.