1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.
a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa e Xestión Orzamentaria.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: posta en marcha, mantemento e control dos sistemas cliente de correo electrónico na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
b) Lugar de execución: servicios centrais e delegacións provinciais da consellería, así como nos centros docentes indicados no punto 2 do prego de prescricións técnicas.
c) Prazo de execución: data límite o 10-12-1999.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: dezanove millóns cincocentas mil pesetas (19.500.000 ptas.), IVE incluído, (117.197,36 euros).
5. Garantías.
Provisional: 390.000 pesetas.
Definitiva: 780.000 pesetas.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (Oficina de Información).
b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.
d) Teléfono: 981 54 44 28.
e) Telefax: 981 54 54 43.
f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación: non se esixe.
b) Outros requisitos: especificados no prego de cláusulas administrativas.
8. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás 14 horas do vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado ou festivo, o prazo entenderase prorrogado ata as 14 horas do seguinte día hábil.
b) Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 11 do prego de cláusulas administrativas.
c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, sito nos edificios administrativos de San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela, ou por correo, conforme o establecido no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.
d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.
e) Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes ou alternativas.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (sala de xuntas).
b) Domicilio: edificios administrativos, San Caetano, s/n.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data: o décimo primeiro día natural seguinte o do remate do prazo de presentación de proposicións.
e) Hora: 10.30 horas.
10. Gastos dos anuncios: os gastos do anuncio serán por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 15 de xullo de 1999.
P.D. (Orde 21-6-1996)
Máximo García Serrano
Secretario xeral da Consellería de Educación
e Ordenación Universitaria