De acordo co establecido na lexislación vixente sobre contratos das administracións públicas, a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura anuncia a convocatoria de licitación polo sistema de concurso aberto, polo tramite de urxencia, da adquisición dun guindastre articulado para o porto pesqueiro de Rianxo.
Obxecto: adquisición dun guindastre articulado para o porto pesqueiro de Rianxo.
Orzamento e tipo: nove millóns de pesetas (9.000.000) IVE e outros impostos incluídos.
Prazo de entrega: tres meses desde o día seguinte ó da sinatura do contrato.
Documentación de interese: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas, que rexerán neste concurso, estarán á disposición dos licitadores na oficina de información da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, San Caetano, bloque 5, así como nas delegacións territoriais pertencentes a esta consellería, durante o prazo de presentación
de proposicións, os días e horas hábiles de oficina.
Prazo de presentación de propostas: as proposicións poderanse presentar no rexistro da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, así como nos rexistros das delegacións territoriais pertencentes a esta consellería. O prazo de presentación rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
No caso de utilizar calquera dos medios previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, remitirase o mesmo día un telegrama ou fax á secretaría xeral, no que se comunique a presentación da oferta.
Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación, que se reunirá na Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, ás dez horas (10 horas) do segundo día hábil contado a partir do seguinte ó do remate do prazo de presentación de propostas, sempre e cando este día non coincida en sábado ou festivo. Neste caso tal día pasará a se-lo primeiro hábil seguinte.
O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 27 de xullo de 1999.
P.D. (Resolución 23-2-1999)
José-Ricardo Díaz Presedo
Subdirector xeral de Coordinación