O Pleno do Concello de Santiago de Compostela, na sesión ordinaria do día 4 de xuño de 1999, acordou inicia-lo expediente de expropiación, con ocupación urxente, dos bens e dereitos necesarios para a execución do proxecto técnico para conexións exteriores do SUNP-28 (A Barcia).
En cumprimento do disposto no artigo 56 do Regulamento de expropiación forzosa, o concello expón ó público o dito proxecto de expropiación, co fin de que, no prazo de quince días, contados desde o día seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP, no Diario Oficial de Galicia e na prensa local ou desde a notificación individual, se esta fose posterior, os interesados poidan formula-las alegacións que consideren oportunas.
Este edicto servirá de notificación nos termos do artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para tódolos afectados que, por resul
taren descoñecidos ou por ignorarse o seu domicilio, non poidan ser citados persoalmente ó trámite de información pública.
Santiago de Compostela, 19 de xuño de 1999.
Xosé A. Sánchez Bugallo
Alcalde
Relación de bens e dereitos afectados.
Termo municipal: Santiago de Compostela.
Situación: SUNP-28 na Barcia.
Nº parcela Propietario Enderezo Cultivo
1 Manuel Rey Fuentes Paredes-Laraño Labradío
2 María Brea Romero Avda. de Castelao, Bl.-2, nº 11-3º A Labradío
3 Carmen Noya Iglesias O Carballal Labradío
4 Ramón Martínez Casanova Cacheiras, 24-Solláns. Calo-Teo Labradío
5 María Brea Mosquera O Carballal Labradío
6 Manuel Barreiro Garabal Piñeiro, 16-Villestro Labradío
7 Daniel Pereira Iglesias e outros Munín-Laraño Labradío

