Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 27 de agosto de 1999 Páx. 10.688

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 26 de xullo de 1999, da Subdirección Xeral de Inspección de Transportes, pola que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente DX-00003-I-1999 e dous máis).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras dictadas polo subdirector xeral de Inspección de Transportes, recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso ordinario perante o director xeral de Transportes, dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13.763.620 da Caixa Postal de Aforros, sucursal de Santiago de Compostela.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela, 26 de xuño de 1999.

Carlos González Rodríguez

Subdirector xeral de Inspección de Transportes

ANEXO

Expediente: DX-00003-I-1999.

Matrícula: C-8923-AC.

Denunciante: LE9OR0033289433.

Denunciado: Avelino Ares García.

Último enderezo coñecido: Padre Sarmiento, 4, 155 A Coruña.

Feito denunciado: realizar transporte de mercadorías (terra) co vehículo matrícula C-8923-AC (tres eixes), que está provisto de autorización da serie MPC, que presenta un peso total en báscula de 29.250 quilogramos, estando autorizado para un P.M.A. de 26.000 quilogramos, o que supón realizar transporte cun exceso de 3.250 quilogramos que representan un 12% de exceso sobre o seu peso máximo autorizado.

Data: 14-1-1999.

Hora: 9.48.

Estrada: N-VI.

Pk: 585,300.

Precepto infrinxido: artigo 200.3º do Real decreto 1211/1990.

Precepto sancionador: artigo 143 Lei 16/1987, artigo 201 Real decreto 1211/1990.

Sanción imposta: 75.000 ptas.

Expediente: DX-00040-I-1999.

Matrícula: contratrar.

Denunciante: LE9OR0033289433.

Denunciado: Mobregal, S.L.

Último enderezo coñecido: Santiago de Chile, 27, local 2B 15701 Santiago de Compostela.

Feito denunciado: o día 28 de xaneiro de 1999 comprobouse ás 17.24 horas que o vehículo matrícula C-7565-S, provisto de autorización da serie MDP-T realizaba transporte público de mercadorías (madeira) cun peso total en báscula de 17.150 quilogramos; requirida factura polo dito transporte o titular do vehículo o día 9-2-1999, e remitida esta, constátase en factura número 76 emitida por Autocares

Mougán, S.L. que o contratante del é Mobregal, S.L. Feitos que supoñen: contratar un transporte de mercadorías (madeira) co vehículo C-7565-S, cun peso total en báscula de 17.150 quilogramos, tendo o vehículo un P.M.A. de 14.700 quilogramos, o que supón un exceso de 2.450 quilogramos, que representan á súa vez un exceso do 16% sobre o peso máximo autorizado do vehículo.

Data: 28-1-1999.

Hora: 17.24.

Estrada: N-525.

Pk: 338,100.

Precepto infrinxido: artigo 141 i) en relación co artigo 140 c) da Lei 16/1987.

Precepto sancionador: artigo 143 Lei 16/1987, artigo 201 Real decreto 1211/1990.

Sanción imposta: 75.000 ptas.

Expediente: DX-00071-I-1999.

Matrícula: M-1668-IY.

Denunciante: 3326014268A7286.

Denunciado: Almacenes Pumares, S.L.

Último enderezo coñecido: Sergude, s/n, 15881 Breixo, Boqueixón (A Coruña).

Feito denunciado: realizar transporte privado complementario (bloques cemento) co vehículo matrícula M-1668-IY, que está en posesión dunha autorización MPC-Nacional e carece dos correspondentes distintivos.

Data: 12-3-1999.

Hora: 11.25.

Estrada: N-550.

Pk: 60.

Precepto infrinxido: O.M. 25 de outubro de 1990 (BOE do 30).

Precepto sancionador: artigo 143 Lei 16/1987, artigo 201 Real decreto 1211/1990.

Sanción imposta: 15.000 ptas.