No BOP da Coruña, nº 156, do 10 de xullo de 1999, páxina 6.080, publicouse o seguinte:
Corrección de erros da convocatoria específica nº 3/99. (Funcionarios de carreira). Nove prazas de bombeiros do servicio de extinción de incendios (as bases foron publicadas con anterioridade no BOP nº 134, do 15 de xuño de 1999).
O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados desde o seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado.
Despois da devandita publicación, os sucesivos anuncios relativos á convocatoria publicaranse unicamente no BOP da Coruña e no taboleiro de anuncios deste concello.
O alcalde
P.D.
Rubricado

