Por medio da presente resolución convócase concurso para a contratación das seguintes obras e conforme as características que se sinalan a seguir:
Obra: nº 251 POL 99 Pantón. Abastecemento a Toldaos.
Orzamento contrata: 10.000.000 de ptas.
Prazo execución: 8 meses.
Clasificación esixida: non se esixe.
Obra: nº 282 POL 99 Castroverde. C.P. Castroverde-Montecubeiro, alargamento e mellora p.k. 1,20-4,05.
Orzamento contrata: 74.000.000 de ptas.
Prazo execución: 9 meses.
Clasificación esixida: grupo G, subgrupo 6, categoría D.
Obra: nº 283 POL 99 Castroverde. Circunvalación Castroverde, afirmado, terminación.
Orzamento contrata: 15.000.000 de ptas.
Prazo execución: 6 meses.
Clasificación esixida: non se esixe.
Obra: nº 286 POL 99 Chantada e Carballedo. Mellora curvas E.P. de Chantada por Nogueira ós Peares, p.k. 21-28.
Orzamento contrata: 50.000.000 de ptas.
Prazo execución: 9 meses.
Clasificación esixida: grupo G, subgrupo: 6, categoría C.
Obra: nº 89 POS 99 Abadín-O Valadouro. De Gontán a Ferreira do Valadouro, p.k. 17,402-18,574.
Orzamento contrata: 10.000.000 de ptas.
Prazo execución: 6 meses.
Clasificación esixida: non se esixe.
Obra: nº 93 POS 99 Cervantes. Alargamento e mellora E.P. Liber-San Román.
Orzamento contrata: 10.300.000 ptas.
Prazo execución: 6 meses.
Clasificación esixida: non se esixe.
Características.
1. Entidade adxudicadora.
a) Deputación Provincial de Lugo.
b) Dependencia: Servicio de Plans e Contratación.
2. Obxecto do contrato.
A execución das obras sinaladas ó comezo do anuncio.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
O que se sinala ó comezo do anuncio.
5. Garantías.
a) Provisional: o 2% sobre o orzamento do contrato.
b) Definitiva: o 4% sobre o mesmo orzamento.
Ámbalas dúas fianzas deberán constituírse na tesourería provincial.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Deputación Provincial de Lugo.
b) Domicilio: r/ San Marcos, s/n.
c) Localidade e código postal: Lugo 27001.
d) Teléfono: 982 25 10 42.
e) Fax: 982 25 10 42.
f) Data límite de obtención da documentación: ata o día anterior ó remate do prazo de presentación.
7. Requisitos específicos do contratista.
Clasificación: a que se indica no encabezado (de ser esixible).
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación do presente edicto, no Diario Oficial de Galicia, se o último día coincide en domingo ou festivo, o día seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de condicións baixo a rúbrica: contido de proposicións.
c) Lugar de presentación: rexistro xeral das 10 ás 14 horas.
1. Entidade: deputación.
2. Domicilio: r/ San Marcos, s/n.
3. Localidade e código postal: Lugo 27001.
d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.
e) Non se admiten variantes ó proxecto aprobado, agás no prazo de execución. Esixirase rigorosamente o cumprimento do prazo de execución ofertado polo contratista e o seu incumprimento dará lugar á resolución do contrato.
f) A verificación da suficiencia de poderes farase especificamente para o presente concurso.
9. Apertura de ofertas.
a) Entidade: Deputación Provincial de Lugo.
b) Domicilio: r/ San Marcos, s/n.
c) Localidade: Lugo.
d) Data: o cuarto día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación, agás os sábados.
e) Hora: ás 12 horas.
10. Outras informacións.
Nos teléfonos indicados.
11. Gastos de anuncios.
Serán por conta dos adxudicatarios.
Lugo, 11 de agosto de 1999.
Francisco Cacharro Pardo
Presidente da Deputación Provincial de Lugo
Francisco Javier Giménez Miralles
Vicesecretario da Deputación Provincial de Lugo

