A Comisión Municipal de Goberno, na sesión do 11 de xuño de 1999, aprobou o expediente de contratación por medio de concurso con procedemento aberto e urxente para a adxudicación das obras incluídas no Fondo de Cooperación coas Entidades Locais 1999, pequenas infraestructuras e equipamentos locais.
O prego de cláusulas administrativas que rexerá este concurso foi aprobado polo Pleno deste Concello na sesión do 24 de setembro de 1996 e publicado no BOP do 7 de febreiro de 1997 e 14 de marzo do mesmo ano.
Obxecto e tipo de licitación: o obxecto do contrato é a execución da obra denominada: «Vías e accesos públicos a núcleos de poboación do termo municipal de Paderne».
Tipo de licitación: 8.482.703 pesetas.
Prazo de execución: o prazo de execución será de seis meses contados a partir da data da sinatura da acta de comprobación do replanteo.
Fianza provisional: 2% do tipo de licitación.
Fianza definitiva: 4% do importe de adxudicación.
Lugar e prazo de presentación de proposicións: no rexistro xeral do concello, de 9 a 13 horas, durante o prazo de 13 días naturais, contados desde o día da publicación do anuncio no BOP e no DOG.
Apertura de proposicións: terá lugar ás 13 horas do día seguinte hábil a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións; se cadrase sábado trasladarase ó seguinte día hábil.
Modelo de proposicións e documentación: o que recolle o anexo II do prego de cláusulas administrativas que rexe esta contratación.
Ás proposicións achegarase a documentación esixida na cláusula 12 do prego de cláusulas administrativas xerais aprobadas polo Pleno Municipal para a contratación mediante concurso con procedemento aberto.
Paderne, 13 de xullo de 1999.
César Longo Queijo
Alcalde-presidente

